Planta de interior

As plantas de interior son as plantas ornamentais cultivadas en vasos, testos ou xardineiras, destinadas á ornamentación das casas, locais, escritorios, empresas, salas de exposicións etc. Trátase de plantas que pertencen a familias botánicas moi diversas, apañadas ao longo dos séculos polo seu interese decorativo, pola súa capacidade de adaptación a un medio particular, a miúdo con luz insuficiente, ás veces con sobrecalefacción e deshidración, e polo seu cultivo e mantemento doados. Tamén son plantas que purifican o ar e teñen un efecto psicolóxico favorábel. As plantes utilizadas con esta finalidade son practicamente sempre de orixe tropical ou subtropical.

Poden agruparse recreando ambientes selváticos, en invernadoiros e miradoires de vidro; xeito moi habitual na época vitoriana.

Cultivar variegado de Sansevieria trifasciata coñecida vulgarmente en galego coma sansevieria[1], unha planta de interior común

Requirimentos destas plantas

editar

Os principais factores que se teñen que considerar para cultivar plantas de interior son a humidade, a luz, a mestura do substrato, os fertilizantes e maila temperatura. Cómpre ter en conta tamén as pragas e doenzas parasitarias (fungos, virus, insectos).

Humectación

editar
 
Sedum rubrotinctum é unha planta suculenta que a miúdo se cultiva como planta de interior

Unha rega escasa ou esaxerada é prexudicial para as plantas de interior. Considérase que a principal causa de morte das plantas de interior é a causa de regalas demasiado e a maioría de plantas permiten un certo grao de sequidade no substrato incluso unha seca relativa seguida da humidade axeitada é un requirimento para a floración dalgunhas destas plantas (imita a estación seca e estación húmida das zonas de onde poden ser orixinarias).

 
Sala do comedor alumeado da Currier House da Universidade Harvard.

Os dous factores máis importantes da luz para as plantas de interior son a súa intensidade e a súa duración.

As diferentes plantas requiren diferentes intensidades de luz. Acotío a intensidade lumínica mídese en unidades de lux. 100 luxs ou menos considérase "baixa intensidade" ou "indirecta" . Un escritorio alumeado ten uns 400 luxs. 1.000 luxs ou máis considérase "alta intensidade" . A luz directa no exterior atópase no rango de 32.000-100.000 luxs.

A duración da exposición á luz que se considera ideal para as plantas é a de 8 a 16 horas. O fotoperíodo tense tamén que ter en conta nalgunhas plantas coma Poinsettia (flor do Nadal) e Schlumbergera.

As plantas de interior xeralmente medran en solos especiais feitos de mesturas que fornecen unha boa drenaxe e aeración. A maioría destas mesturas poden conter turba, fibra de coco, vermiculita ou perlita.

Temperatura

editar

A maioría das especies tropicais están afeitas a medrar nun rango de 15 °C a 25 °C , semellante ao da temperatura da maioría dos fogares.

Humidade

editar

As humidades relativas das vivendas acostuman a ficar entre o 20 e o 60% mais a maioría das plantas de interior prefiren un 80%. En Galiza non é raro estar neste nivel de humidade.

Fertilizantes

editar

As plantas confinadas en vasos co tempo esgotan os nutrientes. Pódense fornecer os fertilizantes cambiando o substrato ou engadindo nutrientes mediante adubos sólidos ou líquidos. Os fertilitzantes convencionais incorporan tres números, por exemplo 20–20–20, cada número indica a porcentaxe de nitróxeno, fósforo e potasio respectivamente. Os tres elementos químicos son os esenciais maioritarios. Son tamén importantes outros oligoelementos (ferro, magnesio, cobre, manganeso, cinc, boro, calcio, molibdeno...).

Listaxe dalgunhas plantas de interior

editar
 
Cyclamen sp., os ciclames
 
Echinopsis subdenudata
 
Dracaena sanderiana
 
Yucca gloriosa

Tropicais e subtropicais

editar

Suculentas

editar

Bulbos

editar

Temperadas

editar
  1. Vocabulario ortográfico da lingua galega A Coruña, Real Academia Galega / Instituto da Lingua Galega, 2004
  2. 2,0 2,1 Nome vulgar galego en Termos esenciais de botánica, Universidade de Santiago de Compostela, 2004

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
Idea 1
idea 1
todo 1