Os ainus[6] (アイヌ?), tamén chamados aynu, aino (アイノ), e nos textos históricos xaponeses ezo/emishi/ebisu (蝦夷), son unha etnia indíxena que vive no Xapón e Rusia. Historicamente falan a lingua ainu e variedades relacionadas e viven en Hokkaido, as Illas Kuriles, e en Sakhalin. A maioría dos que se identifican como ainu aínda viven na mesma rexión, aínda que o número exacto de individuos é descoñecida. Isto é debido á confusión sobre as herdanzas mixtas e pola cuestión étnica no Xapón, polo que persoas con orixe prefiren agochar as súas identidades. No Xapón, por mor dos matrimonios cos xaponeses durante moitos anos, o concepto dun grupo étnico ainu non é factible.[7] As estimacións oficiais roldan arredor dunha poboación de 25.000, mestres que as cifras non oficiais falan de 200.000 individuos.[1]

Pobo ainu
Grupo de ainus, foto de 1902.
Poboación
Poboación total:
O goberno xaponés estima que 25 000[1]
Rexións principais:
Xapón25 000–200 000[1]
Rusia Rusia109[2][3]–1000
Krai de Kamchatka94[2]–900
Aspectos culturais
LinguaLingua ainu
Xaponés ou ruso (presente)[4]
RelixiónAnimismo, Igrexa Ortodoxa Rusa, budismo e xintoísmo
Grupos
relacionados
Nivkh,[5] Coriacos e Itelmen.

Historia

editar

A cultura ainu data preto do ano 1200dC.[8] e investigacións recentes suxiren que se orixinou nunha fusión da Okhotsk e da Satsumon.[9] En 1264, o pobo nivkh relatou á Dinastía Yuan do Imperio Mongol que os ainus invadiron a terra dos nivkh, resultado de batallas entre ainus e a Dinastía Yuan.[10] Os contactos activos entre os Wajin (o grupo étnico xaponés) e os ainus de Ezochi (coñecido hoxe como Hokkaido) comezaron no século XIII.[11] Os ainus foron unha sociedade de cazadores-recoletores, que vivían principalmente da caza e da pesca, e seguían unha relixión baseada nos fenómenos da natureza.[12]

 
Un grupo de xente ainu (entre 1863 e comezos dos 1870s)

Durante o período Tokugawa (1600–1868) os ainus implicáronse cada vez máis no comercio cos xaponeses, que controlaban a parte sur da illa de Hokkaido. O goberno Bakufu concedeu ó clan Matsumae dereitos exclusivos de comercio cos ainus na parte norte da illa. Máis tarde, o clan Matsumae comezou a alugar os dereitos de negociación ós comerciantes xaponeses, e o contacto entre xaponeses e ainus fíxose máis intenso. Durante todo este período os ainus tornáronse cada vez máis dependentes dos bens importados dos xaponeses, e sufrían de doenzas epidémicas como a varíola.[13] Aínda que o comercio contribuíu a mellorar o entendemento entre os xaponeses e os ainus, ás veces, tamén levou a conflitos, e algúns deles convertéronse en violentas revoltas, a máis importante das cales foi a Revolta de Shakushain (1669-1672).

O xiro radical para a cultura ainu foi o inicio da Restauración Meiji en 1868. Unha variedade de reformas sociais, políticas e económicas foron introducidas polo goberno xaponés, na esperanza de modernización do país no estilo occidental, e contou coa anexión de Hokkaido. Sjöberg cita o relato de Baba (1980) sobre o razoamento do goberno xaponés:[13]

‘ … O desenvolvemento da gran illa do norte do Xapón tiña varios obxectivos: En primeiro lugar, foi visto como un medio para defender a Xapón do rápido desenvolvemento e o expansionismo de Rusia. Segundo ... ofreceu unha solución para o desemprego para a ex-clase samurai ... Finalmente, o desenvolvemento prometido para producir os recursos necesarios para unha economía capitalista en crecemento.[14]

En 1899, o goberno xaponés aprobou unha lei de etiquetaxe dos ainus como aborixes, coa idea de que serían asimilados, e resultou que a terra do pobo ainu pasou a formar parte do goberno xaponés.[15] Tamén nesa época, concedéronlles a cidadanía xaponesa, negándolles deste xeito o rango de grupo indíxena.

 
Sacrificio ainu dun oso. Pintura xaponesa, arredor de 1870.

Os ainus foron cada vez máis marxinados na súa propia terra - nun período de só 36 anos, os ainus deixaron de ser un grupo relativamente illado de persoas, a ter as súas terras, lingua, relixión e costumes asimilados ás dos xaponeses.[16] Ademais, as súas terras do foron distribuídas entre os Wajin que decidiran establecerse en Hokkaido. Isto foi incentivado polo goberno xaponés da era Meiji para sacar proveito da abundancia dos recursos naturais da illa, e para crear e manter facendas no modelo de agricultura industrial occidental. Este desenvolvemento foi denominado Kaitakushi.[17] Deste xeito xurdiron fábricas, muíños de fariña e cervexa, e infraestrutura como estradas e liñas ferroviarias durante un período de desenvolvemento que durou ata 1904.[18] Durante este tempo os ainus foron forzados a aprender xaponés, obrigados a adoptar nomes xaponeses e condenados a cesar as prácticas relixiosas, como o sacrificio de animais e o costume de tatuarse.[19]

O acto 1899 mencionado arriba foi substituído en 1997-ata entón o goberno afirmara que non había grupos étnicos minoritarios.[9] Non foi ata o 6 de xuño de 2008 que o Xapón recoñeceu formalmente ós ainus como un grupo indíxena (ver Recoñecemento Oficial, abaixo).[9]

 
A banda Oki Dub Ainu, liderada polo músico xaponés ainu Oki, en Alemaña, en 2007.

As vodas entre xaponeses e ainus foron activamente promovidas polos ainus para diminuír as posibilidades de discriminación contra os seus fillos. Como resultado, moitos ainus son indistinguibles dos seus veciños xaponeses, mais algúns ainus-xaponeses están interesados ​​na cultura ainu tradicional. Por exemplo, Oki, nado como un neno dun pai ainu e unha nai xaponesa, tornouse un músico que toca o instrumento tradicional ainu tonkori.[20] Hai moitos pequenas cidades do sueste ou da rexión de Hidaka onde aínda se poden ver ainus puros, como en Nibutani (ainu :Niputay).

O seu etónimo máis coñecido deriva da palabra ainu, que significa "humano" (en oposición a kamui, seres divinos), e non de etnia, nin o nome dunha raza, nos dialectos de Hokkaido da lingua ainu; Emishi (Ebisu) e Ezo [endzo] (Yezo) son termos xaponeses, que se pensa que derivan doutra palabra para "humanos", que doutra forma sobreviviu no ainu de Sakhalin en enciw ou enju. Hoxe en día, moitos ainus rexeitan o termo ainu porque fora usado con sentido pexorativo, e prefiren chamarse a si mesmos Utari (camarada ou compañeiro na lingua ainu). Os documentos oficiais empregan ambas formas.

Recoñecemento oficial

editar
 
Ainu en Hokkaido (1999)

O 6 de xuño de 2008, unha resolución bi-partidista non vinculante foi aprobada polo Kokkai, invitando ó goberno a recoñecer ó pobo ainu como un pobo indíxena do Xapón e pedir a fin da discriminación contra eles. A resolución recoñeceu ó pobo ainu como "un pobo indíxena cunha lingua, relixión e cultura distintas" e rescinde a lei aprobada en 1899.[16][21]

Aínda que a resolución é historicamente significativa, Hideaki Uemura, profesor da Universidade de Keisen en Toquio, e especialista en dereitos dos pobos indíxenas, comentou que o movemento é "feble no senso de recoñecer os feitos históricos" como que os ainus foron "forzados" a converterse en xaponeses.[21]

Orixes

editar

As orixes dos ainus foron moitas veces considerados como Jōmon-jin, os nativos do Xapón dende o período Jōmon.[22] "Os ainus viviron neste lugar cen mil anos antes de que viñeran os Fillos do Sol" é unha das súas Yukar Upopo (lendas ainus).[23]

A súa cultura, como é coñecida hoxe, data aproximadamente do ano 1200[8] e investigacións recentes suxiren que se orixinou nunha fusión da cultura Okhotsk e da cultura Satsumon, unha das máis antigas culturas xaponesas.[24] A súa economía estaba baseada na agricultura, así como a caza, a pesca e a recolección.[25]

 
Home ainu, arredor do 1880.

Os ainus mestizos son máis lixeiros de pel que os seus veciños xaponeses e teñen máis pelos no corpo.[26] Moitos investigadores propuxeron unha ascendencia caucásica,[27] malia que estudos recentes de ADN non atoparon similitudes xenéticas nos modernos europeos caucásicos.[28] Moitos ainus teñen o cabelo ondulado, pero algúns téñeno liso e negro. Moi poucos deles teñen cabelos castaños ondulados. A súa pel adoita ser máis morena pero isto é debido ó feito de que traballan sobre todo no mar e con ventos salgados durante todo o día. Tamén se caracterizan por ter barbas moi longas.

Probas xenéticas amosan que pertencen principalmente ó Y-haplogroup D2.[29] Y-DNA haplogroup D2 atópase no Arquipélago xaponés incluíndo Okinawa. Os únicos lugares fóra do Xapón onde é común o Y-haplogroupo D é o Tíbet e as illas Andaman no océano Índico.[30]

 
Ilustración de 1862 dos ainus (esquerda) e os nivkhs.

Unha recente avaliación dos trazos craniais suxire que os ainus semellan máis Okhotsk que Jōmon.[31] Isto concorda coa referencia á cultura ainu, sendo unha fusión da cultura Okhotsk e a cultura Satsumon referenciado enriba.

Tras unha nova onda de inmigración, probabelmente a partir da Península de Corea hai 2.300 anos, os yayoi empurraron ós jōmon cara ó norte do Xapón. Os datos xenéticos indican que os xaponeses modernos son descendentes de ambos, dos yayoi e dos jōmon.

Xeografía

editar
 
Extensión histórica dos ainus.

Os ainus estaban distribuídos nas illas do norte e centrais do Xapón, a illa Sakhalin no norte, as Illas Kuriles, a illa de Hokkaido e o norte de Honshu, a pesar de que algúns investigadores poñen o seu territorio en toda a illa de Honshu e tan ao norte como o extremo sur da península de Kamchatka no que é hoxe o Cabo Lopatka. A illa de Hokkaido era coñecido polos ainus como Ainu Mosher, e foi formalmente anexionada polos xaponeses a finais de 1868, en parte como un medio de previr a intrusión dos rusos, e en parte por razóns imperialistas.

 
Un grupo de ainus de Sakhalin en 1903

De acordo co censo do Imperio Ruso de 1897, 1446 persoas no Imperio reportaron a lingua ainu como a súa lingua materna, 1434 delas na illa de Sakhalin.[32]

A metade sur de Sakhalin foi conseguida polo Xapón como resultado da Guerra ruso-xaponesa de 1904–05, pero ó cabo da segunda guerra mundial en 1945, os soviéticos declararon a guerra ao Xapón e tomaron posesión das Illas Kuriles e do sur de Sakhalin. A poboación ainu, como individuos xaponeses, foron "repatriados" ao Xapón.

Os derradeiros falantes ainus que quedan (ademais de quizais algúns falantes parciais) viven soamente no Xapón. Alí, están principalmente concentrados na costa sur e leste da illa de Hokkaidō.

Debido ó matrimonio entre ainus e xaponeses e a absorción da cultura dominante xaponesa, hoxe non existen verdadeiros asentamentos no Xapón. O pobo de Nibutani (ainu: Niputay) na rexión de Hidaka (prefectura de Hokkaido) ten certo número de fogares ainus e tendas de artesanía preto do Museo Ainu (Existen dous en Nibutani). Moitas das "auténticas vilas ainus" anunciadas en Hokkaido como a de Akan e Shiraoi son atraccións turísticas e proporcionan unha oportunidade de ver e coñecer ó pobo ainu.

Lingua

editar
Artigo principal: Lingua ainu.

Calcúlase que quedan menos de 100 falantes da lingua ainu,[33] mentres que outras investigacións sitúan o número en 15 persoas - a lingua está considerada como "en perigo".[34] Como resultado disto, o estudo da lingua ainu é limitada e baséase principalmente na investigación histórica.

A lingua ainu é significativamente diferente á lingua xaponesa na sintaxe, fonoloxía, morfoloxía e vocabulario. Aínda que houbo intentos para demostrar que están relacionados, os expertos modernos rexeitan que a relación vaia máis aló do contacto, tales como o préstamo mutuo de verbas entre os xaponeses e os ainus.[35] De feito, ningún intento por mostrar unha relación da lingua ainu con calquera outro idioma é aceptado actualmente, e é considerada como unha lingua illada.[36]

As palabras empregadas como preposicións no galego (por exemplo, cara, dende, por, en, a...) son posposicionais no ainu, xa que se colocan despois da palabra á que modifican. Unha soa frase en ainu pódese facer coa adhesión de moitos sons e morfemas que representan nomes ou ideas.

A lingua ainu non tivo nunca un sistema de escritura de seu, e historicamente foi transcrito polos xaponeses kana ou o cirílico ruso. Hoxe en día, é polo xeral escrito en katakana ou no alfabeto latino. A rixidez do kana xaponés, pola súa incapacidade para representar con precisión as consoantes terminais, contribuíu á degradación do ainu orixinal. Por exemplo, unha palabra como Kor (que significa "celebrar"), agora pronúnciase cun son da vocal terminal, Koro.

Moitos dos dialectos do ainu, non eran mutuamente intelixibles; porén, a clásica lingua ainu dos Yukar, que é o ainu das historias épicas, é entendido por todos. Sen un sistema de escritura, os ainus eran mestres da narración, e a súa cultura e tradicións eran transmitidas a través da memoria e das reunións (de moitas horas de duración, ou mesmo días).[37]

editar
  • No filme Mononoke Hime do director xaponés Hayao Miyazaki, o protagonista, Ashitaka, é un príncipe ainu que contrae unha maldición logo de que a súa aldea fora atacada por un Tatarigami, un demonio xurdido da ira do deus xabarín chamado Nago. Nas primeiras secuencias deste filme pódese apreciar parte da cultura ainu (vestimenta e arquitectura principalmente).
  • No videoxogo "Samurai Showdown" aparecen varios personaxes que pertencen a tribo ainu, como Rimururu, Rera, e a máis coñecida representante desta etnia na saga : Nakoruru .
  • No anime, Shaman King pódese ver a un dos protagonistas do anime coñecido como HoroHoro, que é un membro pertencente á etnia ainu de Hokkaido que desexa salvar ós Kropockul da extinción.
  • No anime Saishuu Heiki Kanojo, máis coñecido como Saikano, o nome da protagonista é Chise, facendo referencia á verba ainu que significa fogar.

Galería de imaxes

editar
  1. 1,0 1,1 1,2 Poisson, Barbara Aoki (2002). The Ainu of Japan. Minneapolis: Lerner Publications. p. 5. ISBN 978-0-82254-176-9. 
  2. 2,0 2,1 Russian Census 2010 Arquivado 09 de decembro de 2021 en Wayback Machine.:_ Poboación por etnia Arquivado 04 de decembro de 2013 en Wayback Machine. (en ruso)
  3. "2010 Census: Population by ethnicity". Federal State Statistics (en ruso). Arquivado dende o orixinal o 24 de abril de 2012. 
  4. Gordon, Raymond G. Jr., ed. (2005). Ethnologue: Languages of the World (15th ed.). Dallas: SIL International. ISBN 978-1-55671-159-6. OCLC 224749653. 
  5. Tajima, Atsushi; Hayami, Masanori; Tokunaga, Katsushi; Juji, Takeo; Matsuo, Masafumi; Marzuki, Sangkot; Omoto, Keiichi; Horai, Satoshi (April 1, 2004). "Genetic origins of the Ainu inferred from combined DNA analyses of maternal and paternal lineages". Journal of Human Genetics 49 (4): 187–193. PMID 14997363. doi:10.1007/s10038-004-0131-x. 
  6. Definición de ainu no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  7. Encyclopedia of bilingualism and bilingual education, Volume 1997 By Colin Baker, Sylvia Prys Jones
  8. 8,0 8,1 "The Boone Collection – Image Gallery: Ainu Artifacts". Field Museum of Natural History. Arquivado dende o orixinal o 18 de marzo de 2009. Consultado o 8 de maio de 2008. 
  9. 9,0 9,1 9,2 Sato, Takehiro; et al. (2007). "Origins and genetic features of the Okhotsk people, revealed by ancient mitochondrial DNA analysis". Journal of Human Genetics 52 (7): 618–627. doi:10.1007/s10038-007-0164-z
  10. "第59回 交易の民アイヌ Ⅶ 元との戦い" (en xaponés). Asahikawa City. 2 de xuño de 2010. Arquivado dende o orixinal o 21 de xullo de 2011. Consultado o 2 de marzo de 2011. 
  11. Weiner, M (eds) 1997, Japan’s Minorities: The Illusion of Homogeneity, Routledge, Londres.
  12. "NOVA Online – Island of the Spirits – Origins of the Ainu". Consultado o 8 de maio de 2008.
  13. 13,0 13,1 Brett L. Walker, The conquest of Ainu Lands:Ecology and Culture in Japanese Expansion 1590-1800-University of California Press,2001,Pages 49–56,61–71 and Pages 172–176
  14. Sjöberg, K 1993, The Return of the Ainu, Harwood Academic Publishers, Switzerland.
  15. Loos, N & Osani, T 1993, Indigenous Minorities and Education, Sanyusha Publishing Co., Ltd., Tokyo.
  16. 16,0 16,1 Fogarty, Philippa (6 de xuño de 2008). "Recognition at last for Japan's Ainu". BBC News (BBC). Consultado o 7 de xuño de 2008. 
  17. Hohmann, S 2008, ‘The Ainu’s modern struggle’ in World Watch, Vol 21, No. 6, pp. 20–24.
  18. Sjöberg, K 1993, The Return of the Ainu, Harwood Academic Publishers, Switzerland, p. 117.
  19. Levinson, David (2002). Encyclopedia of modern Asia, Volume 1. Charles Scribner's Sons. p. 72. ISBN 9780684806174. 
  20. "アイヌ⇔ダブ越境!異彩を放つOKIの新作" (en xaponés). HMV Japan. 23 de maio de 2006. Consultado o 26 de marzo de 2011. 
  21. 21,0 21,1 Ito, M (7 de xuño de 2008). "Diet officially declares Ainu indigenous". Japan Times. Arquivado dende o orixinal o 13 de xullo de 2012. Consultado o 29 de abril de 2009. 
  22. Denoon, Donald; Hudson, Mark (2001). Multicultural Japan: palaeolithic to postmodern. Cambridge University Press. pp. 22–23. ISBN 0521003628. 
  23. Sjöberg, Katarina V. (1993). The Return of the Ainu: Cultural Mobilization and the Practice of Ethnicity in Japan. Studies in Anthropology and History 9. Chur: Harwood Academic Publ. ISBN 3718654016. OCLC 27684176. 
  24. Sato, Takehiro; et al. (2007). "Origins and genetic features of the Okhotsk people, revealed by ancient mitochondrial DNA analysis". Journal of Human Genetics 52 (7): 618–627. PMID 17568987. doi:10.1007/s10038-007-0164-z. 
  25. "NOVA Online – Island of the Spirits – Origins of the Ainu". Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2019. Consultado o 8 de maio de 2008. 
  26. Travis, John "Jomon Genes:Using DNA, researchers probe the genetic origins of modern Japanese" Science News 15 de febreiro de 1997 Vol. 151 No. 7 p. 106 [1]
  27. 1911 Encyclopædia Britannica/Ainu
  28. dreamersrise.blogspot.com/2009_05_01_archive.html
  29. Tajima, Atsushi; et al. (2004). "Genetic origins of the Ainu inferred from combined DNA analyses of maternal and paternal lineages". Journal of Human Genetics 49 (4): 187–193. PMID 14997363. doi:10.1007/s10038-004-0131-x. 
  30. "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de xullo de 2004. Consultado o 03 de novembro de 2011. 
  31. Shigematsu, Masahito; et al. (2004). "Morphological affinities between Jomon and Ainu: Reassessment based on nonmetric cranial traits". Anthropological Science 112 (2): 161–172. doi:10.1537/ase.00092. 
  32. Russian Empire Census of 1897: Totals Russian Empire Census of 1897: Sakhalin (en ruso)
  33. Hohmann, S. 2008, "The Ainu's modern struggle" in World Watch, Vol 21., No. 6, pp. 20–24.
  34. Vovin, A. 1993, A Reconstruction of Proto-Ainu, Brill, p. 3
  35. Shibatani, M. 1990, The Languages of Japan, Cambridge University Press, Londres, p. 3
  36. Shibatani, M. 1990, The Languages of Japan, Cambridge university Press, Londres, p. 5
  37. Omniglot, 2009, “Ainu”, consultado o 2 de agosto de 2009, http://www.omniglot.com/writing/ainu.htm

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
Chat 2
dada 1
dada 1
Done 1
eth 3
News 2
orte 8
Story 3
Todos 1