Pobo mohicano
Os mohicanos[1] (muhhekunneuw) son unha tribo algonquina nativa da costa leste dos Estados Unidos. Orixinalmente localizados na conca do río Hudson no estado de Nova York, foron desprazados arredor de 1780 cara Massachusetts; posteriormente os seus descendentes emigrarían a Wisconsin entre os anos 1820 e 1830, onde se asentarían nas reservas dos lenape.[2][3] Os mohicanos adoitaban referirse a si mesmos como Muhhekunneuw ou xente do río. O termo mohicano provén do nome aplicado ó clan mohicano Lobo, que en mohicano se denominaban manhigan, orixe do termo inglés mahican, do cal derivou a denominación mohicano.
Pobo mohicano | |
---|---|
Territorio histórico dos mohicanos | |
Poboación | |
Poboación total: 3000 aprox | |
Rexións principais: | |
Aspectos culturais | |
Lingua | inglés, mohicano (extinta) |
Relixión | Irmandade de Moravia |
Grupos relacionados | Lenape, mohegan, pequot |
Na actualidade, os seus descendentes mesturáronse cos lenape e residen como unha soa tribo na Comunidade Stockbridge-Munsee
Foron inmortalizados polo escritor estadounidense James Fenimore Cooper no seu libro O derradeiro dos mohicanos publicado en 1826. Nel combina elementos culturais mohicanos e mohegan nas súas personaxes.
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para mohicano.
- ↑ "Mohican". Encyclopædia Britannica (en inglés). 2007. Arquivado dende o orixinal o 24 de xuño de 2007. Consultado o 03 de xullo de 2019..
- ↑ "Mahican" (history), Encyclopædia Britannica, 2007, webpage: EB-Mahican[Ligazón morta].
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pobo mohicano |