Pokémon Emerald

videoxogo de 2004

Pokémon Emerald Version (en xaponés: ポケットモンスター エメラルド; Poketto Monsutā Emerarudo) é un videoxogo de rol de 2004 desenvolvido por Game Freak e publicado por The Pokémon Company e Nintendo para a consola Game Boy Advance. Lanzouse orixinalmente no Xapón en 2004, e posteriormente distribuíuse internacionalmente no ano 2005. É unha versión mellorada de Pokémon Ruby e Sapphire e é o derradeiro xogo da terceira xeración da serie de videoxogos de Pokémon.

Pokémon Emerald
Logo do xogo.
Desenvolvedor(es)Game Freak[1]
Distribuidora(s)The Pokémon Company
Nintendo
Director(es)Shigeki Morimoto
Produtor(es)Hiroyuki Jinnai
Hitoshi Yamagami
Gakuji Nomoto
Hiroaki Tsuru
Artista(s)Ken Sugimori
Compositor(es)Go Ichinose
Junichi Masuda
Morikazu Aoki
Hitomi Sato
Lanzamento 16 de setembro de 2004
América do Norte: 1 de maio de 2005
Australia 9 de xuño de 2005
Unión Europea 21 de outubro de 2005
XéneroVideoxogo de rol
Modos de xogoUn xogador
Multixogador
Clasificación PEGI
CERO
USK
Plataforma(s)Game Boy Advance
SeriePokémon
Na rede
https://www.pokemon.com/us/pokemon-video-games/pokemon-emerald-version/
editar datos en Wikidata ]

O modo de xogo e controis permaneceron sen cambios en relación cos xogos anteriores da serie; o xogador controla un adestrador Pokémon dende unha perspectiva aérea. Ó igual que en Ruby e Sapphire, o obxectivo principal do xogador é explorar a rexión de Hoenn e derrotar os oito líderes dos ximnasios Pokémon para poder retar os Elite Four e o seu campión. A subtrama principal é derrotar dúas organizacións criminais que intentan aproveitar o poder dun Pokémon lendario para os seus propios obxectivos. Ademais dos Pokémon que debutaron en Ruby e Sapphire, o xogo incorpora Pokémon de Pokémon Gold e Silver que non aparecían en Ruby e Sapphire.

A acollida de Emerald foi polo xeral positiva por parte da crítica.

  1. Coproducido e supervisado por Nintendo Software Planning & Development

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
INTERN 1
todo 1