Ponferrada
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2017.) |
Ponferrada (do latín pontem ferratam 'ponte de ferro, na que se utilizou ese material') é un concello e cidade de Castela e León, capital da comarca do Bierzo, na provincia de León. Está situada na confluencia dos ríos Sil e Boeza, e cos seus 64.509 habitantes,[1] é o segundo municipio máis poboado da provincia, por detrás de León.
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Castela e León | |||
Provincia | provincia de León | |||
Capital | Ponferrada | |||
Contén a división administrativa | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 62.963 (2023) (222,35 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 283,17 km² | |||
Altitude | 512 m | |||
Comparte fronteira con | ||||
Organización política | ||||
• Alcalde | Marco Morala (2023–) | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 24401–24404 | |||
Fuso horario | ||||
Prefixo telefónico | 987 | |||
Código INE | 24115 | |||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade | ||||
Data | ? | |||
Identificador | 1809 | |||
Sitio web | ponferrada.org | |||
Atópase a 543 m de altitude nunha cunca mineira, ocupa unha superficie de 283 km² e ten unha poboación duns 65.000 habitantes. A súa fundación, no 1086, coincide coa construción dunha ponte de ferro (que deu nome á cidade, para cruzar o río Sil, ordenado levantar catro anos antes, no 1082, polo bispo Osmundo. Dende o ano 1178 ata o 1312 a cidade estivo en mans dos Templarios que construíron un castelo (século XIII) que hoxe en día é o monumento principal da cidade.
A vila de San Pedro de Devesas é de fala galega autóctona, e Fontesnovas foi de fala galega ata 1960. Ademais na vila de Ponferrada por efecto da emigración berciana hai numerosos galegofalantes, e aquí teñen a súa sede asociacións como Fala Ceibe ou a Asociación Berciana da Lingua Xarmenta.
Historia
editarEn tempos preromanos a rexión estaba poboada polos Ástures, un pobo Galaico, que foi conquistado polo emperador Augusto nas Guerras cántabras (29 - 19 aC) e a área converteuse rapidamente no maior centro mineiro do Imperio durante o período romano, onde se extraeron ouro e outros metais e minerais. Numerosos sitios mineiros romanos aínda son visibles na zona, un dos máis espectaculares é As Médulas, un Patrimonio da Humanidade desde 1997.[2] Os romanos tamén importaron vides, e a produción de viño prosperou na rexión ata a propagación de filoxera ao final do século XIX, que destruíu a maior parte da viñedos. Pero segundo os últimos cálculos a fundación sitúase no século XI, en 1086 cando temos constancia documental. É ao final dese século cando o bispo Osmundo de Astorga ordena a construción dunha ponte, no ano 1082, para os peregrinos do Camiño de Santiago, debido ás dificultades que supoñía o paso do río Sil no anterior paso, á altura do actual barrio de Compostilla. Reforzouse con ferro, e isto deulle o nome, posteriormente, á poboación creceu nos seus arredores, ás beiras do río Sil. Outra teoría sobre o nome de Ponferrada provén igualmente de Pons Ferrata pero coa tradución de ponte fortificada.
Ao pouco fundouse a Igrexa de San Pedro, no ano 1086 e ao seu ao redor xurdiu "A Poboa de San Pedro" que é como se chamou primeiramente a Ponferrada, para pasar a denominarse pouco despois Ponte Ferrato.[3] Pasou por diversas mans, primeiro foi propiedade dos Templarios, que se encargaban precisamente da defensa do camiño.
No ano 1180 o rei leonés Fernando II concede á vila os primeiros foros. Durante os séculos XIII e XIV, xa amurallada, comeza a crecer e desenvolverse, aparecen tanto intramuros como nos arredores, campesiños, comerciantes e artesáns, á sombra do camiño, que orixinou un crecemento rápido e sostido. A muralla construída conta con catro portas de entrada: El cristo, Paraisín, Las nieves e Las eras. Nos arredores da vila aséntase unha comunidade xudía.
Ao desaparecer a orde en 1312, pasou polas familias de Osorio, ou do Conde de Lemos entre outros, ata que os Reis Católicos reclamárona como propia, a raíz dunha disputa entre o Conde de Lemos e o seu fillo, no século XVI, que levou a diversas batallas no castelo, e a toma e recuperación sucesiva da praza por cada un deles. Finalmente os Reis Católicos decidiron que o castelo e a vila eran da súa propiedade, acto que puxo fin ás refregas. Desde entón e ata o fin do Antigo Réxime, procederon a nomear corrixidor na vila; o primeiro deles foi Juan de Torres.
O ferrocarril chegou a Ponferrada en 1881, e durante a primeira guerra mundial os depósitos locais de tungsteno explotáronse para abastecer á industria armamentística. En 1918, creouse a Minero Siderúrgica de Ponferrada (MSP) para explotar os depósitos de carbón da rexión, e creceu ata converterse na maior corporación mineira de carbón de España. A Empresa Nacional de Electricidad, S.A. (Endesa) foi fundada en 1944 e en 1949 abriu a primeira central eléctrica de carbón como combustible de España en Ponferrada, Compostilla I. En 1960, inaugurouse o Pantano de Bárcena e na segunda metade do século XX a economía da cidade baseábase principalmente na minaría e na produción de electricidade, tanto hidroeléctrica como de combustibles fósiles.
A partir de finais de 1980 a maioría das minas pecharon, e despois do colapso da industria mineira, Ponferrada entrou durante un tempo en crise. Con todo, a finais de 1990 a cidade sufriu unha gran transformación co establecemento na cidade de varias empresas industriais e de servizos, a reintrodución da produción comercial de viño, a apertura de facultades da Universidade de León que ofrecen varios graos, e unha mellora radical xeral da infraestrutura da cidade. A economía está baseada principalmente no turismo, a agricultura (froitas e viño), xeración de enerxía eólica e minaría da lousa, cun aumento da poboación leve, pero constante.
Un factor importante que contribuíu á recente auxe da industria do turismo é a popularidade do Camiño de Santiago (unha ruta de peregrinación que vai desde Francia a Santiago, Galicia), a designación en 1997 das Medulas como Patrimonio da Humanidade e o desenvolvemento de aloxamentos de turismo rural e bodegas na zona. En 2006 estableceuse en Ponferrada a Fundación Ciudad de la Energía, o Museo Nacional da Enerxía, así como o patrocinio de varias outras iniciativas deberían aumentar aínda máis o turismo e a economía da cidade e a súa rexión.[2][4]
No ano 2008 celebrouse o centenario da concesión do título de cidade a Ponferrada coincidindo co centenario da coroación da Virxe da Encina como patroa da comarca.
Administración
editarAlcaldía
editarDemografía
editarEvolución da poboación do municipio de Ponferrada:
1920 | 1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1981 | 1990 | 2000 | 2008 | 2009 | 2010 | 2021 | 2022 | 2023 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
7.188 | 9.829 | 13.008 | 23.773 | 37.053 | 45.257 | 52.499 | 60.401 | 62.642 | 67.969 | 69.187 | 69.057 | 63.747 | 63.052 | 62.941 |
Obsérvase a espectacular evolución de poboación entre 1940 e 1970, período no que Ponferrada triplica a súa poboación, principalmente debido ao crecemento industrial do municipio e converterse no centro administrativo da comarca, que vivía un auxe mineiro sen precedentes. Isto deu lugar a numerosos problemas na súa ordenación urbana debido ao crecemento desproporcionado e moitas veces caótico das distintas barriadas da cidade, problema arrastrado ata ben entrada a década de 1990.
Asemade, Ponferrada é o centro da súa área metropolitana, formada por ela mesma máis os concellos lindeiros, cunha poboación de preto de 90.000 habitantes.
Economía
editarNo municipio prodúcense viños de calidade (Denominación de Orixe Bierzo), exportados a diversos sitios como Alemaña ou Estados Unidos. No municipio ten a súa sede a Cooperativa Vitivinícola Cepas do Bierzo a de maior produción en tonelaxe de uvas do Bierzo; froitas, hortalizas e castañas entre outros.
Conta cunha planta de produción de pas (LM Wind Power) para aeroxeradores eléctricos localizada no Polígono Industrial de la Llanada. Unha empresa de siderurxia da zona, localizada en Santo Tomás de las Ollas, Roldán S.A., foi adquirida ao 100% por Acerinox en 2021.
Lugares de interese
editar- Castelo de Ponferrada
- Basílica da Aciñeira
- Igrexa de Santiago de Peñalba
- Mosteiro de San Pedro de Montes
- Igrexa de Santo Tomás de las Ollas
- Igrexa de Santa María de Vizbayo
- El Morredero
- Torre do Reloxo
- Casa Consistorial
- Museo do Bierzo
- Museo del Ferrocarril de Ponferrada
- Museo de la Radio de Ponferrada
- Museo das Confrarías
- Museo de la Energía
Transporte
editarA cidade atópase plenamente integrada na rede de alta capacidade mediante a autovía A-6, que é a principal entrada a Galicia. Ademais dela, a cidade comunica con Monforte e Ourense mediante a N-120 e con Villablino a través da CL-631.
Tamén ten servizo ferroviario, coa súa estación xestionada por Adif, que mantén liñas con varias cidades como Vigo, A Coruña, Madrid ou Barcelona.
O Aeroporto de León, que entrou en servizo no ano 1999, é o aeroporto máis próximo, atopándose a 102 quilómetros de Ponferrada.
Lugares do concello de Ponferrada
editarEstá integrado por, ademais da cidade de Ponferrada, Entidades Locais menores constituídas en Xuntas Veciñais, e Entidades Singulares.
Entidades locais menores |
---|
Bouzas · Columbrianos · Fontesnovas · Montes de Valdueza · Otero · Peñalba de Santiago · Rimor · San Andrés de Montejos · San Clemente de Valdueza · San Cristóbal de Valdueza · San Esteban de Valdueza · San Lorenzo · San Pedro de Devesas (Dehesas) · Santo Tomás de las Ollas · Toural de Meraio (Toral de Merayo) · Valdefrancos · Villanueva de Valdueza |
Entidades singulares |
Bárcena del Bierzo · Campo · Carracedo de Compludo · Compludo · Compostilla · Cuatrovientos · Espinoso · Flores del Sil · Lombillo de los Barrios · Manzanedo de Valdueza · La Placa · Ponferrada · Salas de los Barrios · Valdecañada · Villar de los Barrios |
Lugares abandonados ou semiabandonados |
Agadán · Ferradillo · Palacios de Compludo · San Adrián de Valdueza · San Cosme · Santa Lucía de Valdueza |
Notas
editar- ↑ INE (2020). INE, ed. "poboación". ine.es/index.htm. Consultado o 16 de setembro de2022.
- ↑ 2,0 2,1 http://www.espaciolasmedulas.es/
- ↑ Nos primeiros documentos figura en masculino, posteriormente evoluciona cara ao feminino como Ponte Ferrata. No Codex Callixtinus de 1131 figura como Ponsferratus. Jesús García y García: "Pueblos y Ríos Bercianos. Significado e Historia de sus nombres" 1994
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 12 de marzo de 2016.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ponferrada |