Ponto (mitoloxía)
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Ponto.
Na mitoloxía grega, Ponto (en grego antigo Πόντος Póntos, 'mar'; en latín Pontus) foi un deus primixenio, anterior ós Titáns e ós deuses olímpicos. Foi fillo de Xea (a Terra) e irmán de Urano. Hesíodo escribe que Xea enxendrou a Ponto por si mesma, sen elemento masculino[1]. Considérase a personificación masculina do mar.
Así mesmo trouxo á luz ó estéril mar, de impetuosas ondas, o Ponto, sen o desexable amor.(Hesíodo: Teogonía 131-132)
Hixino afirmaba que foi fillo de Xea con Éter, o Ceo luminoso.
De Éter e da Terra, a Dolor, o Engano, a Ira, a Pena, ... Temis, Tártaro, Ponto e os Titáns.(Hixino: Fábulas, Prólogo, 3.)
Mitoloxía
editarUniuse a Xea e tivo con ela cinco fillos:
- Nereo, pai das Nereidas
- Taumante, pai, con Electra, das Harpías.
- Forcis e Ceto, irmáns e esposos entre si. Ceto era un terrible monstro acuático, e entre a descendencia que tiveron figuran as Górgonas, Tifón, Cérbero, a hidra de Lerna e outros seres monstruosos.
- Euribia, que casou con Crío, un dos titáns. Tiveron tres fillos: Astreo, Palas (ou Palante) e Perses.
O Ponto enxendrou ó veraz Nereo, o maior dos seus fillos, ó que chaman o Ancián porque, infalible e bondadoso, non lle pasan inadvertidas as leis divinas, senón que coñece xustos e benévolos designios. Logo, uníndose a Xea, deu a luz ó gran Taumante, ó poderoso Forcis, a Ceto, de hermosas meixelas, e a Euribia, que ten un ánimo de aceiro nas entrañas.(Hesíodo: Teogonía 234-240)
Con Talasa, personificación do mar Mediterráneo, foi pai dos Telquines: Acteo, Megalesio, Órmeno e Lico.
Algunhas fontes fano tamén pai de Briareo, un dos Hecatonquiros.
Notas
editar- ↑ Este último comentario, segundo as tradutoras do texto de Hesíodo, debe aplicarse ós primeiros fillos da Terra (o ceo, as montañas e o mar). Posteriormente, uníndose a Urano, tería máis fillos: os Titáns.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ponto |
Bibliografía
editar- GRIMAL, Pierre: Diccionario de mitología griega y romana. Ed. Paidós, 1981.
- HESÍODO: Teogonía. Trabajos y días. Escudo. Certamen, Alianza Editorial, 3ª ed., 2013 [a numeración segue a utilizada neste texto].
- Hesíodo. Teogonía. Universidad de Salamanca. Curso 2009-2010. 11638: LUZ, MOLÉCULAS Y VIDA.
- Hixino: Fábulas mitológicas. Tradución, introdución e notas de Francisco Miguel del Rincón Sánchez. Alianza Editorial 2009.