Port Louis, Port Louis
Port Louis é a capital e maior cidade de Mauricio. Situada no distrito homónimo, a cidade é o principal porto da illa, tiña unha poboación de 147.688 habitantes en 2003.
Epónimo | Lois XV de Francia | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Mauricio | ||||
District of Mauritius (en) | Port Louis | ||||
Capital de | Port Louis Ilha de França (Maurícia) (pt) (1736–1810) British Mauritius (en) (1810–1968) Commonwealth realm of Mauritius (en) (1968–1992) Mauricio (1992–) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 149.194 (2012) (3.194,73 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 46.700.000 m² | ||||
Bañado por | Océano Índico | ||||
Altitude | 134 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 1735 | ||||
Organización política | |||||
Órgano lexislativo | Municipal City Council of Port Louis (en) , | ||||
ISO 3166-2 | sen valor e MU-PU | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | La Possession (1988–) Foshan (pt) (1989–) Pretoria (1997–) Saint-Malo (1999–) Antsiranana (pt) (2000–) Port Mathurin (pt) (2003–) | ||||
Sitio web | mccpl.mu |
Historia
editarOs holandeses tomaron posesión da Illa Mauricio en 1638. Durante os primeiros anos da súa chegada, ocuparon dous puntos da illa, a baía do Gran Porto coñecida naquela época como Warwyck Haven e Port Louis, que foi chamado Noord-Wester Haven (Porto Noroeste en neerlandés) que abandonaron en 1658[1] e definitivamente en 1710. Tras pasar a posesión francesa os primeiros colonos, tras intentar facelo en Port Bourbon, asentáronse nos arredores do antigo porto neerlandés cara a 1722 [2]. En 1729, Nicolas de Maupin convértese no primeiro administrador da illa enteira. Baixo a súa administración, Port Louis converteuse na capital administrativa de feito e principal porto, en detrimento de Port Bourbon (Gran Porto). A Compañía francesa das Indias Orientais envía en 1732 ao enxeñeiro Cossigny para axudar na construción de fortificacións e do porto da cidade. En 1735 chegou o primeiro gobernador, Bertrand François Mahé de Labourdonnais, ao territorio, oficializou o asentamente como capital do territorio, e en menos de dez anos, Port Louis dotouse de construcións de defensa, así como hospitais, celeiros etc. A capital tomou forma grazas ao traballo dos escravos africanos e algúns artesáns chegados desde a cidade india de Madrás.
De 1767 a 1790, a illa pasa á tutela real. Os últimos anos da administración da compañía das Indias Orientais estiveron marcados pola falta de atención das autoridades e da coroa.
De 1772 a 1781, o porto foi agrandado, o que permitiu converterse a Port Louis nunha base estratéxica para as operacións francesas na India e durante a guerra de independencia dos Estados Unidos de Norteamérica. En 1804, a cidade tomou o nome de Port Napoleón, en honra ao emperador recentemente coroado.
Economía
editarA maior parte dos ingresos da cidade proveñen da actividade portuaria, que manexa a maior parte do comercio mauriciano. O porto transformouse nun porto dinámico, en 2005 foron calculados uns 300.000 movementos polas autoridades portuarias..
A industria da cidade está dominada polos téxtiles, aínda que os produtos químicos como o plástico e os produtos farmacéuticos son tamén de grande importancia.
O turismo é outra das actividades que máis ingresos deixa á cidade, o número de turistas aumentou considerablemente nos últimos anos, o que permitiu unha diversificación da industria local.
Poboación
editarA poboación da cidade componse basicamente dos descendentes dos traballadores empregados pola Compañía francesa das Indias Orientais no século XIX. Os escravos xa foran introducidos un século antes polos británicos e franceses que trataron de conquistar a illa.
En 1835 cando a escravitude foi abolida, chegaron centos de traballadores chineses e indios, aos que se empregaba en traballos agrícolas, como a recolección de cana de azucre para a fabricación do ron.
Actualmente a poboación componse nun 50% de indios, a maioría seguidores da fe hindú, unha gran porcentaxe de africanos e unha minoría de chineses e indoeuropeos.