Posad
Un posad (en ruso посaд) era un campamento popular (unha feira) entre os séculos X e XV. Normalmente estaba arredor dos muros e tiña un pozo. Adoitábanse construír preto dun mosteiro, dunha vila ou dun kremlin, porén non dentro. Nel moraban mercadores e artesáns (que en ruso os chamaban possadskie liudi).
Estas construcións durante o Imperio Ruso hanse converter nunha especie de asentamento semiurbano. Finalmente, unha gran parte dos antigos posads vanse converter en asentamentos urbanos. Os que se atopaban par dun kremlin rematan integrándose nel, e os que se atopaban preto dos mosteiros se convertían en vilas, collendo normalmente o nome do mosteiro ou de vellos asentamentos da zona, coma por exemplo as cidades de Pavlovski Possad ou de Serguiev Possad.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Rusia |