Príncipe Hisahito
O Príncipe Hisahito (en xaponés 秋篠宮悠仁親王), nado o 6 de setembro do 2006 en Toquio, é un príncipe da casa imperial xaponesa. É fillo do príncipe Fumihito e da princesa Kiko. Foi o seu terceiro fillo e o primeiro home.
Nome orixinal | (ja) 悠仁親王 |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 6 de setembro de 2006 (18 anos) Aiiku Hospital, Xapón (en) |
Relixión | Xintoísmo |
Educación | Fuzoku Yōchien (en) Ochanomizu University Elementary School (en) |
Actividade | |
Ocupación | aristócrata, escolar |
Outro | |
Título | Imperial prince (en) |
Familia | Casa Imperial do Japão (pt) |
Pais | Príncipe Akishino e Princesa Akishino |
Irmáns | Princesa Mako de Akishino Princesa Kako de Akishino |
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión. Por favor, vexa a lista de problemas indicados neste modelo e de acordo coas indicacións. Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde xuño de 2016) |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2016.) |
Este artigo ou apartado contén afirmacións non neutrais e/ou texto que promociona o tema tratado de forma subxectiva sen achegar información neutral e verificable. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Nacemento
editarNaceu ás 8:27 da mañá (hora xaponesa) por cesárea, nunha clínica privada da capital xaponesa, logo dun laborioso embarazo que rematou dúas semanas antes do previsto. Pesou ao nacer 2.556 gramos. A súa nai, a princesa Kiko, doou o cordón umbilical ao banco xaponés de órganos, para o seu uso público.
Sucesión
editarConforme as actuais leis de sucesión xaponesas, é o terceiro na liña de sucesión ao trono imperial do Xapón, logo do príncipe herdeiro Naruhito e de seu pai, o príncipe Fumihito. Porén, ben podería ser que as leis, que privilexian os homes por diante das mulleres no ascenso ao trono imperial, mudasen, e ascendese á xefatura de estado a princesa Toxi, filla de Naruhito e curmá de Hisahito. O anterior primeiro ministro, Junichiro Koizumi, foi un dos principais impulsores desa reforma constitucional.
O príncipe ten ademais dúas irmás máis vellas, a princesa Mako (nada o 23 de outubro de 1991) e mais a princesa Kako (nada o 29 de decembro de 1994). Hisahito foi o primeiro nado home en corenta anos da casa imperial xaponesa.
Nome
editarO nome de Hisahito significa calmo (Hisa) e virtuoso (hito). Esta segunda parte vén sendo tradicional nos nomes dos emperadores do trono do crisantemo.