A preeclampsia é unha complicación médica do embarazo, tamén chamada toxemia do embarazo, e asóciase a hipertensión inducida durante o embarazo e a elevados niveis de proteína nos ouriños (proteinuria).[1] Debido a que a preeclampsia se refire a un cadro clínico ou conxunto sintomático, no canto dun factor causal específico, estableceuse que pode haber varias etioloxías para o trastorno. É posible que exista un compoñente na placenta que cause disfunción endotelial nos vasos sanguíneos maternos de mulleres susceptibles.[2] Aínda que o signo máis notorio da enfermidade é unha elevada presión arterial, pode desembocar nunha eclampsia, con dano ó endotelio materno, riles e fígado. O único tratamento é o parto, sendo a indución do parto ou a cesárea os procedementos máis comúns. Pode aparecer até seis semanas posparto. É a complicación do embarazo máis común e perigosa, polo que debe diagnosticarse e tratarse axiña, xa que en casos graves pon en perigo a vida do feto e da nai. Caracterízase polo aumento da tensión arterial (hipertensión) xunto ó de proteínas nos ouriños (proteinuria), así como edemas nas extremidades.

Preeclampsia
Clasificación e recursos externos
A microfotografía amosa unha vasculopatía decidual hipertrófica, un achado histolóxico durante a hipertensión xestacional - un compoñente da preeclampsia. Coloración H&E.
DiseasesDB10494
MedlinePlus000898
eMedicineped/1885
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.
  1. The University of Virginia Health System. "La Hipertensión Inducida por el Embarazo (HIE)". Arquivado dende o orixinal o 04 de xullo de 2008. Consultado o 20 de xullo de 2017. 
  2. Drife JO, Magowan (eds).
  NODES
todo 1