Premio Sakharov
O Premio Sakharov para a Liberdade de Pensamento, máis coñecido sinxelamente como Premio Sakharov, honra a persoas ou organizacións que dedicaron as súas vidas ou accións á defensa dos dereitos humanos e a liberdade de pensamento.[1] Nomeado en homenaxe do científico e disidente soviético Andrei Sakharov, foi estabelecido en 1988 polo Parlamento Europeo.[1] Cada ano, a Comisión de Asuntos Exteriores e a Comisión de Desenvolvemento do Parlamento Europeo elaboran unha lista de candidatos. Os eurodeputados que conforman esas comisións elaboran unha lista de preseleccionados en setembro.[2] Despois diso, a elección final outórgaselle á Conferencia de Presidentes do Parlamento Europeo (Presidente e líderes dos grupos políticos) e o nome do galardoado anúnciase a finais de outubro. O premio é entregado nunha cerimonia no hemiciclo do Parlamento de Estrasburgo en decembro.[3][4] O galardón inclúe un premio en metálico de 50 000 euros.[3]
O primeiro premio foi entregado de forma conxunta ó surafricano Nelson Mandela e ó ruso Anatoly Marchenko. O galardón de 1990 foille concedido a Aung San Suu Kyi, mais non puido recollelo até o ano 2013 por mor do seu encarceramento político en Myanmar.[5] O premio tamén lle foi entregado a organizacións, sendo a primeira as Nais de Praza de Maio arxentinas no ano 1992. Cinco dos galardoados co Sakharov foron posteriormente premiados co Premio Nobel da Paz: Nelson Mandela, Aung San Suu Kyi, Malala Yousafzai, Denis Mukwege e Nadia Murad.[6]
Razan Zaitouneh (2011) foi secuestrada en 2013 e aínda segue desaparecida.[7] Nasrin Sotoudeh (2012) foi liberada da cadea en setembro de 2013,[8] mais aínda ten prohibido abandonar Irán, igual que o seu compañeiro galardoado en 2012 Jafar Panahi.[9] O premio de 2017 foille concedido á Oposición de Venezuela, co boicot de Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica.[10][11]
Por mor das medidas de control sanitario motivadas pola pandemia de COVID-19, numerosos eventos relacionados cos Premios Sakharov foron pospostos no ano 2020, incluíndo o Sakharov Fellowship, One World in Brussels e o European Youth Event.[12]
Galardoados
editarAno | Imaxe | Galardoado | Nacionalidade | Notas | Referencia |
---|---|---|---|---|---|
1988 | Nelson Mandela | Suráfrica | Activista anti-apartheid, posteriormente presidente de Suráfrica. | [13] | |
-
|
Anatoly Marchenko (póstumo) | Unión Soviética | Disidente, autor e activista soviético polos dereitos humanos. | [13] | |
1989 | Alexander Dubček | Checoslovaquia | Político eslocavo e impulsor da Primavera de Praga. | [13] | |
1990 | Aung San Suu Kyi | Myanmar | Política opositora e antiga secretaria xeral da Liga Nacional para a Democracia. | [14] | |
1991 | -
|
Adem Demaçi | Kosovo | Político kosovar e prisioneiro político. | [13] |
1992 | Nais de Praza de Maio | Arxentina | Asociación de nais arxentinas cuxos fillos desapareceron durante a Guerra Sucia. | [14] | |
1993 | Oslobođenje | Bosnia e Hercegovina | Xornal que defende Bosnia e Hercegovina como un estado multiétnico. | [14] | |
1994 | Taslima Nasrin | Bangladesh | Doutora e autora feminista. | [14] | |
1995 | Leyla Zana | Turquía | Escritora e política kurda encarcerada durante 15 anos por ser membro do PKK. | [13] | |
1996 | Wei Jingsheng | China | Activista do movemento democrático da China. | [14] | |
1997 | Salima Ghezali | Alxeria | Xornalista, escritora e activista polos dereitos da muller e a democracia en Alxeria. | [14] | |
1998 | Ibrahim Rugova | Kosovo | Político e primeiro Presidente de Kosovo. | [13] | |
1999 | Xanana Gusmão | Timor Leste | Antigo militante e o primeiro presidente de Timor Leste. | [15] | |
2000 | -
|
¡Basta Ya! | España | Organización que uniu a individuos de diversas posicións políticas contra o terrorismo. | [16] |
2001 | Nurit Peled-Elhanan | Israel | Activista pola paz. | [13] | |
-
|
Izzat Ghazzawi | Palestina | Profesor e escritor palestino. | ||
Zacarias Kamwenho | Angola | Arcebispo e activista pola paz. | |||
2002 | -
|
Oswaldo Payá | Cuba | Activista político e disidente. | [17] |
2003 | Kofi Annan | Ghana | Premio Nobel da Paz e sétimo secretario xeral das Nacións Unidas. | [13] | |
Nacións Unidas | (Internacional) | ||||
2004 | -
|
Asociación Belarusa de Xornalistas | Belarús | Organización non gobernamental que quere "garantir a liberdade de expresión e os dereitos de recibir e distribuir información e promover estándares profesionais de xornalismo". | [18] |
2005 | Damas de Branco | Cuba | Movemento de oposición, familiares de disidentes encarcerados. | [19] | |
Reporteiros Sen Fronteiras | (Internacional) | Organización non gobernamental que loita pola liberdade de prensa. | [19] | ||
Hauwa Ibrahim | Nixeria | Avogada polos dereitos humanos. | [19] | ||
2006 | Alaksandar Milinkievič | Belarús | Político escollido polas Forzas Democráticas Unidas de Belarús como candidato conxunto da oposición nas eleccións presidenciais de 2006. | [20] | |
2007 | Salih Mahmoud Osman | Sudán | Activista defensor dos dereitos humanos. | [14] | |
2008 | Hu Jia | China | Activista e disidente político. | [21] | |
2009 | Memorial | Rusia | Sociedade histórica a prol dos dereitos civís. | [22] | |
2010 | Guillermo Fariñas | Cuba | Doutor, xornalista e disidente político. | [23] | |
2011[a] | Asmaa Mahfouz | Exipto | Cinco representantes do pobo árabe, en recoñecemento do seu apoio á liberdade e ós dereitos humanos. | [24] | |
Ahmed al-Senussi | Libia | ||||
Razan Zaitouneh | Siria | ||||
Ali Farzat | |||||
-
|
Mohamed Bouazizi (póstumo) | Tunisia | |||
2012 | Jafar Panahi | Irán | Activistas iranianos, Sotoudeh é unha avogada e Panahi é director de cinema. | [25][26] | |
Nasrin Sotoudeh | |||||
2013 | Malala Yousafzai | Paquistán | Activista dos dereitos civís das mulleres e da educación. | [27] | |
2014 | Denis Mukwege | R.D. do Congo | Xinecólogo que trata as vítimas de violación en grupo. | [28] | |
2015 | Raif Badawi | Arabia Saudita | Escritor e activista saudita, e o creador da páxina web Free Saudi Liberals. | [29][b] | |
2016 | Nadia Murad | Iraq | Refuxiadas iézidis perseguidas polo Estado Islámico. | [30] | |
Lamiya Aji Bashar | |||||
2017 | Oposición de Venezuela | Venezuela | Os membros da Asemblea Nacional do país (Juan Requesens, Julio Borges e outros) e tódolos prisioneiros políticos segundo o Foro Penal Venezolano representados por Leopoldo López, Antonio Ledezma, Daniel Ceballos, Yon Goicoechea, Lorent Saleh, Alfredo Ramos e Andrea González. | [31] | |
2018 | Oleg Sentsov | Ucraína | Director de cinema, símbolo da loita pola liberación dos presos políticos detidos en Rusia e en todo o mundo. | [32] | |
2019 | Ilham Tohti | China | Economista, estudoso e activista polos dereitos humanos uigur. | [33] | |
2020 | Oposición de Belarús | Belarús | Consello de Coordinación de Belarús, iniciativa de mulleres valentes e personaxes políticos e da sociedade civil. | [34][c] | |
2021 | Alexei Navalny | Rusia | Opositor político e activista anticorrupción | [35] | |
2022 | O pobo ucraíno | Ucraína | Concedido aos ucraínos que están "protexendo a democracia, a liberdade e o estado de dereito" tras a invasión rusa de Ucraína de 2022.[36] | [37] | |
2023 | Mahsa Jina Amini (póstumo) | Irán | A morte de Mahsa Amini en circunstancias sospeitosas provocou protestas xeneralizadas, moitas veces baixo o lema Muller, Vida, Liberdade.[38] | [38] | |
Movemento Muller, Vida, Liberdade |
Notas
editar- ↑ Os galardoados foron defensores da Primavera árabe
- ↑ Badawi fundou e dirixiu dous foros en liña sobre debates de relixión e política no seu país conservador, Saudi Liberals e Free Saudi Liberals
- ↑ Un deles é Sviatlana Tsikhanouskaya, a activista dos dereitos humanos e política que participou nas eleccións presidenciais de Belarús de 2020 como principal candidata da oposición.
Referencias
editar- ↑ 1,0 1,1 "1986: Sakharov comes in from the cold". BBC News. 23 de decembro de 1986. Arquivado dende o orixinal o 26 de decembro de 2010. Consultado o 21 de outubro de 2010.
- ↑ "Sakharov Prize 2018: three finalists selected", News—European Parliament, 10 de setembro 2018
- ↑ 3,0 3,1 "Sakharov Prize". Parlamento Europeo. Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2017. Consultado o 29 de outubro de 2017.
- ↑ "Sakharov Prize 2018: three finalists selected", News—European Parliament, 10 de setembro de 2018.
- ↑ Cook, Annabel (22 de outubro de 2013). "Aung San Suu Kyi collects Sakharov prize 23 years on". Financial Times. Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2017. Consultado o 27 de outubro de 2017.
- ↑ Boshnaq, Mona; Chan, Sewell; Dremeaux, Lillie; Karasz, Palko; Kruhly, Madeleine. "Nobel Peace Prize Winners Throughout History". The New York Times. Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2017. Consultado o 19 de xullo de 2019.
- ↑ "Razan Zaitouneh". European Parliament. Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2017. Consultado o 27 de outubro de 2017.
- ↑ "Nasrin Sotoudeh". European Parliament. Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2017. Consultado o 27 de outubro de 2017.
- ↑ "Jafar Panahi". Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2017. Consultado o 27 de outubro de 2017.
- ↑ Schreuer, Milan (26 de outubro de 2017). "Venezuelan Opposition Receives E.U.’s Sakharov Freedom Prize". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Arquivado dende o orixinal o 26 de outubro de 2017. Consultado o 31 de outubro de 2017.
- ↑ "Left to boycott politicised Sakharov Prize ceremony - GUE/NGL - Another Europe is possible". www.guengl.eu (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 01 de febreiro de 2018. Consultado o 31 de xaneiro de 2018.
- ↑ "Sakharov Prize Community Newsletter No. 3" (PDF). European Parliament. 2020. Consultado o 12 de abril de 2021.
- ↑ 13,0 13,1 13,2 13,3 13,4 13,5 13,6 13,7 European Parliament, ed. (28 de outubro de 2008). "20 years of the Sakharov Prize: Human rights and reconciliation". Arquivado dende o orixinal o 12 de decembro de 2010. Consultado o 22 de outubro de 2010.
- ↑ 14,0 14,1 14,2 14,3 14,4 14,5 14,6 Reporteiros Sen Fronteiras, ed. (15 de maio de 2009). "Sakharov Network calls for immediate release of Aung San Suu Kyi, Sakharov Prize laureate 1990". Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2012. Consultado o 23 de outubro de 2010.
- ↑ BBC News, ed. (15 de decembro de 1999). "Gusmão receives EU Sakharov prize". Consultado o 21 de outubro de 2010.
- ↑ "Basque group wins peace prize". BBC News. 26 de outubro de 2000. Arquivado dende o orixinal o 01 de abril de 2007. Consultado o 21 de outubro de 2010.
- ↑ BBC News, ed. (17 de decembro de 2002). "Cuban dissident collects EU prize". Arquivado dende o orixinal o 07 de maio de 2004. Consultado o 21 de outubro de 2010.
- ↑ European Parliament, ed. (9 de novembro de 2004). "The Belarusian Association of Journalists - 2004, Belarus". Arquivado dende o orixinal o 26 de xullo de 2015. Consultado o 18 de febreiro de 2015.
- ↑ 19,0 19,1 19,2 Gibbs, Stephen (14 de decembro de 2005). BBC News, ed. "Cuba 'bars women from prize trip'". Arquivado dende o orixinal o 17 de novembro de 2006. Consultado o 21 de outubro de 2010.
- ↑ BBC News, ed. (26 de outubro de 2006). "Belarussian takes EU rights award". Consultado o 21 de outubro de 2010.
- ↑ BBC News, ed. (17 de decembro de 2008). "China dissident wins rights prize". Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2008. Consultado o 21 de outubro de 2010.
- ↑ BBC News, ed. (22 de outubro de 2009). "Russia rights group wins EU prize". Consultado o 21 de outubro de 2010.
- ↑ BBC News, ed. (21 de outubro de 2010). "Cuba dissident Farinas awarded Sakharov Prize by EU". Arquivado dende o orixinal o 22 de outubro de 2010. Consultado o 21 de outubro de 2010.
- ↑ European Parliament (ed.). "Sakharov Prize for Freedom of Thought 2011". Arquivado dende o orixinal o 23 de outubro de 2011. Consultado o 27 de outubro de 2011.
- ↑ Dehghan, Saeed Kamali (26 de outubro de 2012). The Guardian, ed. "Nasrin Sotoudeh and director Jafar Panahi share top human rights prize". Arquivado dende o orixinal o 26 de outubro de 2012. Consultado o 26 de outubro de 2012.
- ↑ European Parliament (ed.). "Nasrin Sotoudeh and Jafar Panahi – winners of the 2012 Sakharov Prize" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de decembro de 2015. Consultado o 27 de outubro de 2012.
- ↑ Jordan, Carol (10 de outubro de 2013). CNN, ed. "Malala wins Sakharov Prize for freedom of thought". Arquivado dende o orixinal o 15 de outubro de 2013. Consultado o 10 de outubro de 2013.
- ↑ BBC News, ed. (21 de outubro de 2014). "DR Congo doctor Denis Mukwege wins Sakharov prize". Arquivado dende o orixinal o 22 de outubro de 2014. Consultado o 22 de outubro de 2014.
- ↑ The Guardian (ed.). "Raif Badawi wins Sakharov human rights prize". Bruxelas. Associated Press in. Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2015. Consultado o 29 de outubro de 2015.
- ↑ BBC News, ed. (27 de outubro de 2016). "Sakharov prize: Yazidi women win EU freedom prize". Arquivado dende o orixinal o 27 de outubro de 2016. Consultado o 27 de outubro de 2016.
- ↑ Parlamento Europeo, ed. (26 de outubro de 2017). "Parliament awards Sakharov Prize 2017 to Democratic Opposition in Venezuela". Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2017. Consultado o 27 de outubro de 2017.
- ↑ Parlamento Europeo (ed.). "Sakharov Prize 2018 goes to Oleg Sentsov". Consultado o 25 de outubro de 2018.
- ↑ "Ilham Tohti awarded the 2019 Sakharov Prize". European Parliament. 24 de outubro de 2019. Consultado o 24 de outubro de 2019.
- ↑ "The 2020 Sakharov Prize awarded to the democratic opposition in Belarus". europarl.europa.eu. 22 de outubro de 2020. Consultado o 15 de novembro de 2020.
- ↑ "Alexei Navalny awarded the European Parliament's 2021 Sakharov Prize". europarl.europa.eu. 20 de outubro de 2021. Consultado o 20 de outubro de 2021.
- ↑ "Ukrainian people win European parliament's Sakharov prize". the Guardian. 2022-10-19. Consultado o 2022-10-19.
- ↑ "The Ukrainian people awarded the European Parliament's 2022 Sakharov Prize". europarl.europa.eu. 19 de outubro de 2022. Consultado o 19 de outubro de 2022.
- ↑ 38,0 38,1 "Jina Mahsa Amini and Iranian women protest movement win the 2023 Sakharov Prize". europarl.europa.eu (en inglés). 19 de outubro de 2023. Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2023. Consultado o 19 de outubro de 2023.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Premio Sakharov |
Ligazóns externas
editar- Páxina oficial Arquivado 15 de setembro de 2019 en Wayback Machine. (en inglés)
- Discursos dos premiados e dos presidentes do PE
- Premio Sakharov 2010: o foco de atención sobre os dereitos humanos Arquivado 11-12-2010 en Wayback Machine.
- Guillermo Fariñas, premio Sakharov 2010 Arquivado 28-02-2017 en Wayback Machine.