Presidente de Irán
O Presidente de Irán (ریاست جمهوری اسلامی ایران) é o xefe de goberno da República Islámica de Irán. O Presidente é o máis elevado representante do estado popularmente elixido en Irán, malia que responde ante o Líder Supremo de Irán, que realiza as funcións de xefe de estado. O capítulo IX da Constitución da República Islámica de Irán establece as cualificacións para os candidatos presidenciais e os procedementos para a elección, así como os seus poderes e responsabilidades. Entre eles inclúense a sinatura de tratados e outros acordos con estados estranxeiros e organizacións internacionais, a administración do plan nacional, os orzamentos, os asuntos de emprego, e o nomeamentos de ministros baixo a aprobación do Parlamento.[1]
Ó contrario que as figuras executivas doutros estados, o Presidente de Irán non exerce control sobre a política exterior, as forzas armadas ou a política nuclear, xa que son controlados polo Líder Supremo.[2]
O Presidente de Irán é elixido por un período de catro anos por voto directo do pobo, e non pode servir no cargo por máis de dúas lexislaturas consecutivas, ou máis de 8 anos.
O actual Presidente de Irán é Ebrahim Raisi, que asumiu o cargo o 3 de agosto de 2021, despois das eleccións presidenciais dese mesmo ano. Sucedeu a Hassan Rouhani, que serviu 8 anos, de 2013 a 2021.
Presidentes de Irán
editarNome | Imaxe | Inicio do mandato | Fin do mandato |
---|---|---|---|
Abdolhassan Banisadr | 4 de febreiro de 1980 | 22 de xuño de 1981 | |
Mohammad Ali Rajai | 2 de agosto de 1981 | 30 de agosto de 1981 | |
Ali Khamenei | 13 de outubro de 1981 | 3 de agosto de 1989 | |
Akbar Hashemi Rafsanjani | 3 de agosto de 1989 | 2 de agosto de 1997 | |
Mohammad Khatami | 2 de agosto de 1997 | 2 de agosto de 2005 | |
Mahmoud Ahmadinejad | 3 de agosto de 2005 | 2 de agosto de 2013 | |
Hassan Rouhani | 3 de agosto de 2013 | 3 de agosto de 2021 | |
Ebrahim Raisi | 3 de agosto de 2021 | presente |
Notas
editar- ↑ Iran - Constitution Chapter IX, section 1 & 2 of the constitution
- ↑ Mahmoud Ahmadinejad Accessed 5-23-2008, (véxase tamén o artigo 110 da constitución)