Primavera Sound
O Primavera Sound é un festival de música que se celebra entre finais de maio e principios de xuño na cidade de Barcelona. A súa primeira edición tivo lugar no 2001 no Poble Espanyol e desde o 2005 ten a súa sede no Parc del Fòrum, un recinto máis grande e á beira do mar. A fisonomía do festival (de carácter urbano e integrado na cidade) e o amplo abanico de grupos representados motivou que Primavera Sound sexa punto de encontro de artistas e espectadores de diferentes xeracións.
O festival aúna nos seus carteis as últimas propostas musicais do ámbito independente xunto a artistas de contrastada traxectoria, abarcando calquera estilo ou xénero, buscando a calidade e apostando esencialmente polo pop, o rock e as tendencias máis underground da música electrónica e de baile.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Barcelona |