Programa do Diploma do Bacharelato Internacional
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
O Programa de diploma de bacharelato internacional (IB) é un programa educativo de dous anos impartido en tres idiomas (inglés, francés, español) para estudantes non universitarios con idades comprendidas entre os 16 e os 19 anos. Foi fundada en Xenebra (Suíza) en 1968 pola Organización Internacional de Bacharelato (OBI). Na actualidade impártese en 3.180 institutos, 907 públicos e 838 privados, en 127 países, con máis de 600.000 estudantes (abril de 2008).
A aprobación deste bacharelato permite acceder a diferentes universidades de todo o mundo afiliadas a este programa sen necesidade de presentarse, na maioría dos casos, a exames de admisión.