Provincia de Brescia
Brescia (Brèsa no bresciano) é unha provincia da rexión da Lombardía, en Italia. A súa capital é a cidade de Brescia.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
País | Italia | ||||
Rexión | Lombardía | ||||
Capital | Brescia | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.247.583 (2020) (260,76 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 4.784,36 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 23 de outubro de 1859 | ||||
Organización política | |||||
• President of the Province of Brescia (en) | Daniele Molgora (mul) | ||||
Órgano lexislativo | Provincial Council of Brescia (en) , | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 25121–25136 e 25010–25089 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 030, 0364, 035 e 0365 | ||||
ISO 3166-2 | IT-BS | ||||
Código NUTS | ITC47 | ||||
Identificador ISTAT | 017 | ||||
Sitio web | provincia.brescia.it |
Ten unha área de 4.784 km2, e unha poboación de 1.109.841 habitantes (2001). Hai 206 municipios na provincia.
Limita polo norte e polo noroeste coa provincia de Sondrio, polo leste coa rexión do Véneto (provincia de Verona) e coa rexión do Trentino-Tirol do Sur, polo sur coa provincia de Mantua, polo sur e polo suroeste coa provincia de Cremona e polo oeste coa provincia de Bérgamo.
Algunhas cidades importantes da provincia son Desenzano del Garda, Montichiari, Ghedi, Manerbio, Orzinuovi, Chiari, Carpenedolo, Rovato, Saló, Iseo, Gardone Val Trompia e Lumezzane.
Importantes centros turísticos da provincia son Sirmione, Desenzano del Garda, Saló e, en xeral, todos os municipios ribeireños do Lago de Garda.