Provincia de Burgos

provincia de Castela e León

A provincia de Burgos é unha das provincias de Castela e León, está situada ao nordés desta comunidade. A súa capital é a cidade homónima de Burgos. Ocupa unha superficie de 14.300 km² e a súa poboación en 2006 era de 363.874 habitantes. Moitos dos 370 concellos da provincia (131 en 2006) teñen menos de 100 habitantes.

Modelo:Xeografía políticaProvincia de Burgos
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 42°23′N 3°40′O / 42.38, -3.67
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCastela e León Editar o valor en Wikidata
CapitalBurgos Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación356.055 (2021) Editar o valor en Wikidata (25,39 hab./km²)
Xeografía
Superficie14.022 km² Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoPico San Millán (en) Traducir (2.131 m) Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoRío Cadagua (160 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
Órgano executivoDeputação Provincial de Burgos (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal09 Editar o valor en Wikidata
ISO 3166-2ES-BU Editar o valor en Wikidata
Código NUTSES412 Editar o valor en Wikidata
Código INE09 Editar o valor en Wikidata

Sitio webdiputaciondeburgos.es Editar o valor en Wikidata

Burgos posúe un enclave no interior da provincia de Áraba: o enclave de Treviño.

Xeografía

editar

A provincia limita coa Comunidade Autónoma da Rioxa e Soria polo leste; con Palencia e Valladolid polo oeste ; con Segovia polo sur e coa Comunidade Autónoma de Cantabria e o País Vasco (Biscaia e Áraba) polo norte.

Pola provincia pasan o Ebro, o Douro, o Arlanzón e o Arlanza.

A provincia de Burgos divídese en 10 comarcas:

Comarca Municipios Superficie (Has) Pob.
(INE 2006)
Alfoz de Burgos 52 193.341
Arlanza 51 13.578
La Bureba 51 12.682
Ebro 8 50.642
Meiriñados 25 23.186
Montes de Oca 24 6.462
Odra-Pisuerga 43 10.461
Páramos ou Sedano e Las Loras 10 2.355
Ribera del Duero 56 48.035
Serra da Demanda 51 13.132

Localidades principais

editar

As localidades da provincia con máis de mil habitantes son:

 
Arco de Santa María, Burgos
 
Alcázar dos Condestables de Castela, Medina de Pomar
 
Estatua do Cid, en Burgos
Nome Pob.
(INE 2006)
Burgos 173.676
Miranda de Ebro 42.632
Aranda de Duero 32.545
Briviesca 7.146
Medina de Pomar 5.610
Villarcayo de Merindad de Castilla la Vieja 4.377
Valle de Mena 3.611
Lerma 2.789
Roa 2.363
Belorado 2.157
Salas de los Infantes 2.049
Quintanar de la Sierra 1.994
Espinosa de los Monteros 1.951
Melgar de Fernamental 1.876
Villadiego 1.840
Pradoluengo 1.549
Alfoz de Quintanadueñas 1.515
Oña 1.422
Merindad de Río Ubierna 1.362
Condado de Treviño 1.345
Sasamón 1.296
Ibeas de Juarros 1.276
Villagonzalo Pedernales 1.245
Huerta de Rey 1.175
Trespaderne 1.067
Valle de Tobalina 1.021

A provincia de Burgos conta con sete partidos xudiciais:

Partido Xudicial Municipios Superficie (Has) Pob.
(INE 1998)
Aranda de Duero 56 157.087 46.721
Briviesca 42 105.044 11.648
Burgos 135 499.615 198.682
Lerma 52 171.396 14.521
Miranda de Ebro 14 61.869 50.125
Salas de los Infantes 48 150.043 13.852
Villarcayo 24 253.340 22.806
Total 371 1.429.219 346.355

As Entidades Locais Menores son un tipo de subdivisións dos concellos que se dan na provincia de Burgos.

Comunicacións

editar

Autoestradas, autovías e estradas

editar

Pola provincia discorren numerosas estradas nacionais, autovías e autoestradas que unen o territorio con outros da mesma comunidade e coas de fóra. Destacan:

En proxecto está a AP-69 ou Autoestrada Dous Mares que unirá Miranda de Ebro coa cornixa cantábrica a través dos meiriñados.

 
Centro de control de Adif en Miranda de Ebro.

Ferrocarril

editar

A provincia conta con dúas estacións de ferrocarril consideradas de primeira orde: a estación de Burgos e a estación de Miranda de Ebro. A primeira delas atópase na liña Madrid-Irún e a partir de decembro do 2007, está conectada con Madrid grazas a un servizo Alvia de Alta Velocidade. Na segunda estación únese á devandita liña Madrid-Irún coa de Castejón-Bilbao. Tamén quedará conectada a Madrid co mesmo servizo de Alta Velocidade que Burgos. A estación de Miranda conta cun importante núcleo loxístico coa súa Clasificación de Mercancías e numerosos talleres de RENFE. Nas instalacións ferroviarias de Miranda está o Posto de Mando de Adif que se encarga do control do tráfico de todo o norte peninsular.[1]

A Estación de Aranda de Duero veu remitida a súa actividade nos últimos anos, empregándose no uso industrial para algunhas empresas da zona.

Aeroportos

editar

A provincia ten un aeroporto, o Aeroporto de Burgos. Pertence á rede de AENA e está situado a uns catro quilómetros ao nordés da capital, nunha ampla chaira sobre terreos do termo municipal de Burgos e comprendendo os barrios de Gamonal e Villafría. Incorporouse á rede de aeroportos de AENA en outubro do ano 2000.

Economía

editar

A potencia de xeración eléctrica total instalada na provincia de Burgos a 31 de decembro do 2003, incluíndo autoprodutores, era de 964 MW, aproximadamente un 8,5% superior á potencia xerada no ano anterior. Destaca a entrada en servizo no ano de parques eólicos así como a entrada en funcionamento de dúas plantas de tratamento de residuos, neste caso de xurros, para a produción de enerxía. Cabe comentar o incremento nun 22% con respecto ao ano 2002 da potencia instalada en coxeración. Este incremento é, en parte, debido á transposición en España de Directivas Europeas para o fomento das enerxías renovables e a coxeración.

Fonte enerxética 2002 % 2003 % Variación %
Hidroeléctrica 108.343 2.12 153.018 2.92 41,23
Nuclear 3.995.000 78.16 3.742.000 71.54 -6.33
Gas 702.177 13.74 881.847 16.86 25.59
Tratamento de Residuos 0 0 41.382 0.79 ---
Eólica 305.600 5.98 411.499 7.87 34.65
Fotovoltaica 5.63 0.001 101.05 0.2 ---
Total 5.111126 100.00 5.229.846 100.00 2.32

Lugares de interese

editar

Patrimonio da Humanidade:

Históricos/arqueolóxicos

Outros

  NODES
Done 1
orte 4