Provincia de Buriram
Buri Ram (en tailandés: บุรีรัมย์; en khmer: Borei Rom) é unha provincia da Tailandia, na rexión de Isan. A súa capital é a cidade de Buri Ram.
จังหวัดบุรีรัมย์ (th) | |||||
Lema | «เมืองปราสาทหิน ถิ่นภูเขาไฟ ผ้าไหมสวย รวยวัฒนธรรม» | ||||
---|---|---|---|---|---|
Símbolo oficial | Macrobrachium lanchesteri (animal aquático (pt) ) Cochlospermum regium (flor) Phanom Rung historical park (en) (former place (en) ) | ||||
Localización | |||||
| |||||
Monarquía constitucional | Tailandia | ||||
Capital | Buriram | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.581.184 (2020) (153,17 hab./km²) | ||||
Lingua usada | Dialeto khmer setentrional (pt) Língua kuy (pt) lingua tailandesa Isan (en) Khorat Thai (en) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 10.322,885 km² | ||||
Bañado por | Río Mun | ||||
Punto máis alto | Sankamphaeng Range (en) (1.351 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Fundador | Buddha Yodfa Chulaloke (pt) | ||||
Moeda | Baht | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 31 | ||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | TH-31 | ||||
Sitio web | buriram.go.th |
Xeografía
editarBuriram está situado no extremo sur da Meseta de Khorat, que conta con varios volcáns extinguidos na súa xeografía. O clima é tropical monzónico, con temperaturas estivais arredor dos 37 °C e invernais nocturnas arredor do 8 °C. Limita, no sentido das agullas do reloxo, comezando polo oeste, coas provincias de Sa Kaeo, Nakhon Ratchasima, Khon Kaen, Maha Sarakham e Surin. Ao sur atópase con Camboxa, coa provincia Oddar Mean Chey.
Historia
editarHai case uns mil anos, a actual zona de Buri Ram estaba baixo control do Imperio Khmer, conservándose moitas ruínas da época. O maior número delas atópanse na zona do Parque histórico de Phanom Rung. Case non se teñen noticias desta zona de antes da fundación de Bangkok. A principios do século XIX, a cidade que orixinalmente se chamada Pae Muang, pasou a denominarse Buri Ram. Despois da reforma administrativa de finais do século XIX, Buri Ram incorporouse a Tailandia como unha provincia.
Símbolos
editarO emblema provincial representa o castelo de arenita do parque Phanom Rung, un santuario hindú na honra de Shivá. O monumento usouse desde o século IX até o século XII, cando o Imperio Khmer caeu baixo o Reino de Ayutthaya.
A flor símbolo da provincia é a Cochlospermum regium, e a árbore provincial é a Cassia grandis. O lema provincial é: "A cidade de santuarios de pedra arenita, terra de volcáns, fermosa seda e rica cultura".
Distritos
editarA provincia está subdividida en 21 distritos (amphoes) e 2 subdistritos (king amphoes). Os distritos e subdistritos están á súa vez divididos en 189 comunas (tambons), e estas, en 2212 poboados (moobans).
Amphoe | King Amphoe | |
---|---|---|