Provincias de Tailandia

Tailandia divídese en 76 provincias (en tailandés: จังหวัด, changwat, singular e plural), que son xeograficamente agrupadas en seis rexións. A capital Bangkok non é propiamente unha provincia, senón que é unha área de administración especial considerada a 77ª provincia por ter o mesmo nivel administrativo que as outras 76 provincias. O nome das provincias é o mesmo que o das súas respectivas capitais. So seis provincias teñen por capital unha cidade que non é a máis grande, estas son Tak (Mae Sot é a maior cidade), Pathum Thani (Rangsit é a maior cidade), Songkhla (Hat Yai é a maior cidade), Chonburi (Pattaya é a maior cidade), Narathiwat (Su-ngai Kolok é a maior cidade) e Prachuap Khiri Khan (Hua Hin é a maior cidade).

División administrativa de Tailandia en 2023.

Bangkok é a que ten tanto maior poboación como densidade de poboación. A provincias máis extensa é Nakhon Ratchasima, a máis pequena é Samut Songkhram. Ranong é a que ten menos número de habitantes, mentes que Mae Hong Son é a que ten menor densidade de poboación (datos segundo o censo do ano 2000).

Cada provincia está administrada por un gobernador, posto polo Ministerio de Interior, agás Bangkok, onde o gobernador é escolleito polos seus habitantes.

Tailandia subdivídese logo en 878 distritos (amphoe, อำเภอ). Os cincuenta distritos de Bangkok son chamados khet (เขต), pero é normal tamén chamalos amphoe. O número de distritos por provincia varía moito. Os distritos subdivídense logo en tambon (comunas) e finalmente en muban (poboados). En Bangkok o tambon son denomindados khwaeng.

  NODES
admin 4
todo 1