Provo, Utah
Provo é unha cidade do condado de Utah, da que é a súa capital, no estado de Utah dos Estados Unidos.
Epónimo | Étienne Provost | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Estados Unidos de América | ||||
Estado federado | Utah | ||||
County of Utah (en) | Condado de Utah (pt) | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 115.162 (2020) (1.006,68 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 33.447 (2020) | ||||
Xeografía | |||||
Situado na entidade territorial estatística | Região Metropolitana de Provo-Orem (pt) (Poboación:671.185) | ||||
Superficie | 114,397696 km² | ||||
Auga | 5,6596 % (1 de abril de 2010) | ||||
Bañado por | Lago Utah (pt) e Provo River (en) | ||||
Altitude | 1.387 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1849 | ||||
Organización política | |||||
• Mayor of Provo, Utah (en) | Michelle Kaufusi (pt) (2017–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 84601, 84602, 84603, 84604, 84605 e 84606 | ||||
Prefixo telefónico | 385 e 801 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | provo.org |
Encóntrase a uns 80 km ao sur de Salt Lake City. Forma parte da conurbación coñecida como Wasatch Front. É coñecida por ter o campus principal da Universidade Brigham Young (BYU).
Xeografía
editarA cidade encóntrase no val de Utah, cunha elevación de 1 397 m. Segundo a Oficina do Censo dos Estados Unidos, a cidade ocupa unha superficie de 108,2 km². Deles, 102,7 km² son de terra e 5,6 km² on de auga (o 5,14 % da total).
As montañas Range teñen moitos picos dentro do condado de Utah, ao longo da cara leste do Wasatch Front. Un destes picos, coñecido como a Montaña Y, ten unha enorme "Y" hecha de formigón branqueado a metade do camiño cara ao cumio. Foi construída a principios do século XX para conmemorar á Universidade Brigham Young (o proxecto orixinal incluía a construción das tres letras: BYU).
Os cervos e, con menos frecuencia os pumas e os alces, aínda vagan polas montañas (e de cando en vez polas rúas da cidade).
A paisaxe é considerada xeralmente agradábel e invita a excursións, a practicar o esquí, a pesca e outras actividades ao aire libre.
Historia
editarProvo chamouse nun principio Fort Utah, cando en 1849 se asentaron 33 familias mormonas procedentes de Salt Lake City, pero foi renomeado como Provo en 1850 en memoria de Étienne Provost, un trampeiro francocanadense que operou na rexión en 1825.
Anterioremente, en 1776, o padre Silvestre Vélez de Escalante, un misioneiro e explorador franciscano español, foi o primeiro occidental que visitou a zona, na expedición de Domínguez e Escalante. Escalante escribiu unha crónica sobre esta primeira exploración europea ao longo do deserto da Gran Conca.
En 1851 a Lexislatura do Territorio outorgoulle a Provo a Acta Constitutiva, que lle deu os límites á cidade, os dereitos específicos dos funcionarios electos e describe os deberes dos residentes, formando o consello municipal formado polo alcalde, catro rexedores e nove concelleiros.
Cidades irmandadas
editarGalería
editar-
Montañas de Provo. Pode observarse a "Y" xigante en homenaxe a Brigham Young. En primro plano, o aparcadoiro da BYU
-
Biblioteca de Provo
-
Condominios próximos ao Campus da BYU. Vista do aparcadoiro
-
Vista outonal de un dos parques que rodean a Universidade
-
Sede da administración do condado
-
Centro da cidade
-
Hospital do Estado en Povo (1896)
-
Centro Pediátrico do Hospital do Estado en Provo
-
Vista aéera da BYU
Notas
editar- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2013. Consultado o 13 de febreiro de 2021.
- ↑ "City of Provo, UT : Sister Cities". Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2015. Consultado o 13 de xaneiro de 2021.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Provo, Utah |