Puente Genil
Puente Genil é un concello e cidade española da provincia de Córdoba, en Andalucía.
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Andalucía | |||
Provincia | Córdoba | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 29.781 (2023) (174,11 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 171,05 km² | |||
Altitude | 216 m | |||
Comparte fronteira con | ||||
Organización política | ||||
• Alcalde | Sergio Velasco Albalá (en) (2023–) | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 14500 | |||
Fuso horario | ||||
Código INE | 14056 | |||
Sitio web | puentegenil.es | |||
Sitúase na parte sueste da rexión, na Campiña, próxima á comarca de Montilla-Moriles. Limita coas provincias de Sevilla e Málaga. O seu enclave xeográfico é privilexiado, atópase no centro de Andalucía polo que facilita as comunicacións, xa que a distancia pola autovía ás diferentes provincias e pobos non é moi grande (Málaga, Sevilla, Córdoba etc.).
No ano 2007 contaba con 29.093 habitantes. A súa extensión superficial é de 170 km² e ten unha densidade de 167,9 hab/km². Os seus coordenadas xeográficas son 37º 23' N, 4º 46' O. Atópase situada a unha altitude de 216 metros e a 68 km da capital de provincia, Córdoba.