O pululano[1] (tamén chamado en parte da literatura pululana[2]) é un polisacárido formado por unidades de glicosa (un glucano), que producen certos fungos. O polímero é liñal e consta de unidades de maltotriosa, polo que é un α-1,4- ;α-1,6-glucano. Os tres residuos de glicosa que forman a maltotriosa están conectados entre si por enlaces glicosídicos α-1,4, mentres que as sucesivas maltotriosas están unidas por enlaces glicosidicos α-1,6. O pululano prodúceo a partir do amidón hidrolizado por fermentación o fungo Aureobasidium pullulans, de tipo lévedo.[3]

Pululano
Identificadores
Número CAS 9057-02-7
UNII 8ZQ0AYU1TT
Propiedades
Fórmula molecular (C6H12O5)n
Aspecto Po branco
Solubilidade en auga Soluble

Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.

Como é un polímero comestible practicamente sen sabor, o seu principal uso comercial é na fabricación de películas comestibles solubles e transparentes, que se utilizan en varios produtos para ter bo alento ou de hixiene bucal.[4] Úsase na produción de cápsulas para suplementos dietéticos, recubrimentos, gomas de mascar e xelatinas. Como aditivo alimentario, ten o número E E1204.[5]

O polulano é estable en solución acuosa entre os pHs 3 e 8. É doadamente soluble en auga, pero non en solventes orgánicos. As disolucións son viscosas pero sen formar xeles.[5]

Algunhas bacterias, como por exemplo Klebsiella, producen encimas que degradan o polulano chamados pululanases.

  1. pullulan Medical Subject Headings (MeSH) na Biblioteca Nacional de Medicina dos EUA.
  2. Consultar as voces pululano e pululana en Google Scholar en portugués e castelán, por exemplo.
  3. Thomas P. West. Pullulan Production by Aureobasidium pullulans ATCC 201253 Cells Adsorbed onto Cellulose Anion and Cation Exchangers. ISRN MicrobiologyVolume 2012 (2012), Article ID 140951, 4 pageshttp://dx.doi.org/10.5402/2012/140951. [1][Ligazón morta]
  4. Characteristics of pullulan based edible films Arquivado 06 de novembro de 2004 en Wayback Machine. (abstract)
  5. 5,0 5,1 Pullulan
  NODES
todo 1