Quebec

provincia do Canadá
Este artigo trata da provincia canadense do Quebec. Para o artigo sobre a súa capital véxase Quebec (cidade).

O Quebec[1][2] (en francés: Québec) é unha das dez provincias que, xunto cos tres territorios, forman as trece entidades federais do Canadá. A maioría dos quebequeses falan o francés. A capital é a homónima Quebec e a súa cidade máis poboada é Montreal.

Modelo:Xeografía políticaQuebec
Québec (fr) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Lema«Je me souviens» Editar o valor en Wikidata
Símbolo oficialLimenitis arthemis arthemis (Insectos)
Bubo scandiacus (aves)
Flor de lis (figuras (pt) Traducir)
Iris versicolor (flor)
Betula alleghaniensis (árbore) Editar o valor en Wikidata
EpónimoQuebec Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 52°N 72°O / 52, -72
EstadoCanadá Editar o valor en Wikidata
CapitalQuebec Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Escindido deProvincia Unida de Canadá Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación8.501.833 (2021) Editar o valor en Wikidata (5,51 hab./km²)
Lingua oficiallingua francesa Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie1.542.056 km² Editar o valor en Wikidata
Auga11,5 % Editar o valor en Wikidata
Bañado porLago Champlain, Río San Lourenzo e Baía de Hudson Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoMonte Caubvick (pt) Traducir (1.651 m) Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoOcéano Ártico (0 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación1 de xullo de 1867 Editar o valor en Wikidata
Día festivo
Organización política
Forma de gobernodemocracia parlamentaria Editar o valor en Wikidata
• Monarca Editar o valor en WikidataCarlos III do Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Órgano executivoGoverno do Quebec (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
• Primeiro ministro Editar o valor en WikidataFrançois Legault (pt) Traducir (2018–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoLegislature of Quebec (en) Traducir , Editar o valor en Wikidata
Membro de
Francofonía (1971–) Editar o valor en Wikidata
PIB nominal449.051.000.000 $ (2020) Editar o valor en Wikidata
MoedaDólar canadense Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postalG, H e J Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
ISO 3166-2CA-QC Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Shanghai (2011–)
Prefectura de Kyoto (2016–) Editar o valor en Wikidata

Páxina webquebec.ca Editar o valor en Wikidata
Facebook: GouvQc Twitter: gouvqc Youtube: UCgi4UW4SNeYNl4n-AEvgKoQ BNE: XX450963 Editar o valor en Wikidata

No ano 2019 tiña case 8,5 millóns de habitantes, sendo a segunda provincia máis poboada do país, despois de Ontario.

Xeografía

editar

O Quebec está situado ao leste do Canadá, limitado pola provincia de Ontario e a baía de Hudson ao oeste, as provincias de Terra Nova e Labrador e do Novo Brunswick ao leste, os estados de Maine, Nova Hampshire, Vermont e do estado de Nova York, (EUA) ao sur, e o océano Ártico ao norte.

A provincia, a máis grande do Canadá, é un vasto territorio (preto de 3 veces a superficie da Francia), do cal a maior parte está moi pouco poboada. O territorio do Quebec é extremadamente rico en recursos naturais cos seus bosques de coníferas, lagos e os seus ríos; o papel, o bosque e a hidroelectricidade están entre as máis importantes industrias da provincia.

A rexión máis poboada é o val do río San Lourenzo, no sur, onde están situadas a capital, Quebec, e a metrópole, Montreal.

Historia

editar
Artigo principal: Historia do Quebec.

Os primeiros habitantes do actual Quebec foron os algonquinos, iroqueses e inuit. Foi Jacques Cartier o primeiro explorador europeo en chegar ao territorio en 1534, quen establece unha colonia en Stadacona, preto da actual cidade de Quebec e establécese a colonia francesa de Nova Francia. En 1763 Francia cede o territorio ao Reino Unido, nel habitaban un 65.000 franceses que mantiveron o uso das leis civís francesas e a Igrexa católica mantivo os seus dereitos. En 1791 creouse a provincia do Baixo Canadá que tiña a súa propia Asemblea lexislativa. Logo da Rebelión de 1837 o Baixo Canadá desapareceu e en 1867 formouse a provincia do Quebec.

A Nova Francia (1534-1763)

editar
 
Retrato de Jacques Cartier por Théophile Hamel, 1844.

Partindo de Saint-Malo no 20 de abril de 1534 con 61 homes en dous barcos, Jacques Cartier é considerado como o primeiro explorador europeo en chegar ao Canadá (porén, en 1497, Jean Cabot navegara polo golfo de Saint-Laurent). Planta unha cruz en Gaspé en 1534 e navega polo río San Lourenzo durante a súa segunda viaxe en 1535. Cartier aventurouse até Hochelaga (no lugar do futuro Montreal) onde o seu equipo pasa o inverno: 20 persoas morren de escorbuto até que Cartier obtén dos iroqueses unha receita (a base de follas de cedro branco) contra esta doenza. Decididas a establecer unha colonia, as autoridades do Reino de Francia deu o mando dunha nova expedición a Jean-François de la Rocque de Roberval. A nova colonia coñece un inverno difícil que lle custa a vida a máis de 50 individuos. Por mor doutras preocupacións, especialmente as guerras europeas, Francia deixa de ter interese no Canadá durante máis de medio século. Este período é chamado comunmente as «tentativas inútiles ».

Pódese afirmar que os comezos da Nova Francia ou o que é o mesmo, do Canadá, sitúanse en 1600, cando se establece en Tadoussac Pierre de Chauvin. Esta poboación volveuse moi coñecido polas súas baleas.

En 1603, os colonos franceses, dirixidos por Samuel de Champlain, aliáronse ás tribos amerindias dos huróns-wendats e dos Algonquíns contra os Iroqueses. Naquela época, contábase cunha poboación de arredor de 30,000 Wendats e de 15,000 iroqueses, mais unha serie de epidemias minguou a poboación de Wendats a uns 12,000 individuos, namentres que a poboación de iroqueses permaneceu inalterada. En 1608, Samuel de Champlain funda a vila de Quebec que era entón empregada como simple localización de comercio. En 1627, a creación por Richelieu da Compagnie de la Nouvelle-France permitiu a centos de accionistas o desenvolvemento do Canadá. Ó vindeiro ano, a primeira expedición, que contaba con 400 membros, caeu entre as mans dos británicos e non chegou xamais ó seu destino. Logo da capitulación do Quebec ante os irmáns Kirke, os ingleses ocupan o Quebec e Acadia, de 1629 a 1632. Samuel de Champlain foi feito prisioneiro e despois chegou a quebra da compañía. Tralo Tratado de Saint-Germain-en-Laye, Francia retoma a posesión da colonia en 1632. A vila de Trois-Rivières foi fundada en 1634. En 1640, a Nova Francia tan só contaba con 500 persoas. As guerras iroquesas e as enfermidades foron as principais causas de mortalidade na colonia francesa. En 1642, Paul de Chomedey de Maisonneuve funda Ville-Marie (futuro Montreal) que tan só era, naqueles tempos, un forte que servía de protección contra os ataques dos iroqueses (a primeira guerra iroquesa dura de 1642 a 1667).

 
Mapa da Nova Francia, feita por Samuel de Champlain en 1612.

De 1627 a 1663, a poboación pasa 100 habitantes a uns 2,500. En 35 anos, arredor de 1,250 inmigrantes franceses viron a aumentar a pequena poboación orixinal; a natalidade ocupouse de dobrar o seu número. Certas provincias francesas xogaron un papel preponderante: Normandía, Aunis, comté du Perche, París, Poitou, Maine, Saintonge, Anjou e Bretaña.

Os inmigrantes proviñan especialmente das rexións costeiras e de vilas portuarias, así como da grande rexión parisiense.

En 1663, o ministro de Finanzas Jean-Baptiste Colbert estableceu un goberno real en Nova Francia. O territorio debía administrarse como unha provincia francesa baixo o mando dun gobernador. En 1665, o rexemento de Carignan-Salières (rexemento de elite) chegou á colonia co fin de expulsar ou suprimir os iroqueses. En 1666, o intendente da Nova Francia, Jean Talon, organizou o primeiro censo que dá o número de 3,215 habitantes. Grazas ás políticas pronatalistas de Talon así como ao envío de Lois XIV de 900 rapazas casadeiras, a poboación da colonia pasa a ser de 6,700 habitantes en 1672. En 1684, estimulados polos británicos, os iroqueses dirixen unha serie de ataques contra os establecementos franceses. En 1686, os franceses apoderáronse de tres fortes ingleses da baía de Hudson. Baixo o goberno de Frontenac, os franceses levaron a cabo unha serie de incursións contra os postos da Nova Inglaterra e expulsaron os ingleses de Acadia, de Terra Nova e da baía de Hudson. Con todo, en 1687, Francia e Inglaterra asinan o tratado de Ryswick que pon fin a primeira guerra intercolonial. En 1701, asinouse a paz cos iroqueses. A colonia contaba con máis de 15,000 habitantes. Coa sinatura dos Tratados de Utrecht, en 1713, Francia cedeu a Gran Bretaña Acadia (Nova Escocia), Terra Nova e a baía de Hudson.

A guerra dos Sete Anos (17561763), entre Gran Bretaña e Francia, trouxo un cambio decisivo en América. As colonias británicas uníronse para rematar coa Nova Francia. En 1755, son desprazados máis de 7,000 acadienses cara á costa americana por orde do gobernador de Nova Escocia (Lawrence), que temía a súa intervención na guerra. En 1756, o xeneral Louis-Joseph de Montcalm desembarca en Nova Francia con 3,000 homes. En 1759, o xeneral británico James Wolfe e o seu exército asediaron durante dez semanas a cidade de Quebec, que capitula tras unha célebre batalla nas chaos de Abraham (durante a cal Montcalm e Wolfe foron feridos mortalmente). Na primavera seguinte, en 1760, houbo unha tentativa de reconquista, e o xeneral Lévis, ó mando dun forte continxente proveniente de Montreal, ataca o Quebec. A derradeira batalla[3] non foi a decisiva (259 mortos e 829 feridos no bando británico, 193 feridos e 640 mortos nas tropas de Lévis)[4]. Os ingleses batéronse en retirada cara a cidade, deixando tras de si ós seus feridos. Estando Quebec asediada, Lévis agardaba reforzos por mar procedentes de Francia. Debido a que a frota francesa de axuda foi interceptada na Batalla da Ristigouche, estes reforzos non chegaron xamais. Foi máis ben a frota inglesa que chega con máis de 18,000 homes. Lévis levanta o asedio. Despois os británicos apoderáronse de Montreal: a Nova Francia estaba conquistada. A colonia máis grande de Francia contaba por aquel entón con arredor de 55,000 habitantes. A poboación amerindia era por aquel entón duns 600,000 individuos.

O réxime británico (1763-1867)

editar
 
O Baixo Canadá trala acta constitucional de 1791.

Gran Bretaña tomou posesión da Nova Francia polo tratado de París en 1763 que pon fin á guerra dos Sete Anos. Esta veu a destrución de lugares importantes do Quebec (Quebec, Côte-du-Sud, Bas-du-Fleuve) e provocou o drama da Grande Perturbación. Un gran número de acadienses fuxiu desta deportación que separou ás familias para sempre e provocou unha grande mortalidade, refuxiándose no Quebec. Hoxe en día haberá arredor dun millón de quebequeses que teñan orixe acadiense.

Co Tratado de París, Francia salvaba os mobles en Europa, pero perdía o seu primeiro imperio colonial, nas Indias e en América.

O rei Lois XV e os seus conselleiros tentaron de consolarse coa conservación de Guadalupe e das illas de azucre, e minimizando a perda do Quebec, entón considerado como unha colonia custosa, un vasto territorio de xeo sen grande importancia para o reino de Francia. Tan só as illas de Saint-Pierre-et-Miquelon permaneceron francesas (para permitirlles pescar en América). Pero Francia non tardará en vingarse axudando ós Estados Unidos na guerra de Independencia.

Por mor deste tratado, a maioría dos aristócratas volveron a Francia. Gran Bretaña, por entón soberana, redactou unha constitución (a Proclamación Real) para a Nova Francia que pasou a ser a «Provincia do Quebec». Esta constitución prevía a un prazo máis ou menos longo a asimilación dos canadenses franceses. Máis de 2,000 deles volveron a Francia entre 1760 e 1770. Os católicos estaban tan desprovistos de dereitos como os de Irlanda: tódalas funcións públicas estaban reservadas á pequena minoría de protestantes. O exército británico fíxose cun gran número de señoríos, namentres que o funcionamento das escolas quebequesas estaba particularmente comprometido, notablemente polo peche á igrexa católica.

Até 1766, os británicos loitaron contra as tribos amerindias aliadas á Francia que rebelábanse baixo a dirección do xefe Pontiac. Para evitar que os problemas das colonias americanas se estendesen ó Canadá, o goberno británico decide pasar a ser máis aberto cos canado-franceses e revoga a Proclamación Real que, entre outras cousas, facía da relixión anglicana a única relixión oficial. En 1774 redactouse o Acta do Quebec que viña a atenuar as veleidades de asimilación de 11 anos antes e establecía os dereitos do pobo canadense, incluída a lingua francesa, o dereito civil e a relixión católica e que ampliaba o territorio da provincia.

Os americanos (á súa testa Montgomery e Arnold) decidiron incluír pola forza os canadenses na súa loita pola independencia. Eles comezaron coa invasión da provincia do Quebec en 1774 (toda a rexión de Montreal pasa polas súas mans), máis, ó ano seguinte, fracasan na súa tentativa de tomar a cidade de Quebec. Os reforzos británicos chegaron en gran número e os americanos foron obrigados a abandonar a provincia. Os canado-franceses permaneceron máis ou menos neutrais durante o conflito, seguindo as recomendacións da Igrexa católica, que tomar partido polos británicos. Seguindo á independencia dos Estados Unidos, os lealistas americanos instaláronse no Quebec. Insatisfeitos polos numerosos dereitos cedidos ós francocanadenses, os ingleses demandaron reformas e obtiveron resposta no Acta constitucional de 1791 que dividiu o territorio no Alto Canadá (o Ontario de hoxe) e o Baixo Canadá (o Quebec de hoxe). O parlamentarismo británico foi adoptado, pero os límites do sistema colonial foron moi criticados e contestados.

 
Louis-Joseph Papineau cara a 1852

En 1834, membros do Partido Patriota (Papineau, Elzéar Bédard e Augustin-Norbert Morin) redactaron e presentaron, a título de programa político e de reivindicacións, 92 resolucións que expresaban unha verdadeira perda de confianza nas institucións monárquicas británicas. Para paliar ese poder abusivo monárquico sobre os canadenses franceses, Papineau e o seu Partido reclamaban un goberno responsable elixido que controlaría as rendas e elaboraría as leis do Baixo Canadá. En 1835, Lord Gosford chega a Quebec para tentar vincularse rapidamente cos patriotas, tendo recibido este mandato. Pero en 1837, esgotadas tódalas estratexias pacíficas e ante unha negativa categórica de Londres a considerar as 92 resolucións, o Partido Patriota amósase a favor dunha rebelión armada. Simultaneamente, algúns británicos rebeldes do Alto Canadá aspiraban ás mesmas reivindicacións, ou sexa, obter gobernos responsables (xente elixida que tomase as decisións no canto dun goberno imposto por Londres). O Baixo Canadá tomou as armas, tendo á súa testa a Louis-Joseph Papineau (deputado nacionalista e xefe do Partido Patriota). O Alto Canadá rebélase baixo as ordes de William MacKenzie. Estas dúas revoltas foron esmagadas por Londres.

A derrota dos patriotas marca o fin da influencia do liberalismo na sociedade quebequesa. O fracaso do levantamento baixocanadense impediu ó pobo desenvolverse: o acceso ás novas terras era problemático para os canadenses franceses, xa que estaban monopolizadas pola Family Compact así como o comercio coa Metrópole colonial. E entón cando comeza o grande movemento de emigración dos francocanadenses aos Estados Unidos que marca o século XIX.

Lord Durham foi enviado por Londres para facer unha investigación. No seu famoso informe (o informe Durham), recomenda proceder á asimilación integral da colectividade canadense-francesa para unha unificación dos dous Canadás e a adopción dun goberno responsable. O Acta de Unión de 1840 foi votado en Londres. Dáballe ó Alto Canadá o mesmo número de deputados que ó Baixo Canadá e facía do inglés a súa lingua oficial. O Canadá unido contaba entón con 500,000 anglofalantes e 600,000 francófonos. O Alto Canadá anglofalante e pouco poboado converteuse en igual do Baixo Canadá francófono máis poboado, o que satisfacía ás intencións asimilistas dos británicos. Lord Durham preveu que os anglófonos serían pronto máis numerosos e que dominarían así a Asemblea. Gradualmente, os anglófonos adoptaron o nome de Canadenses (que os habitantes de orixe francesa empregaban dende o século XVII). Polo tanto, eles comezaron a ser chamados « Canadenses franceses ».

Os problemas políticos continuaron, acadando un novo paroxismo en 1849, mentres que é incendiado o Parlamento do Canadá situado en Montreal dende 1843. O goberno vai votar unha lei para restablecer os dereitos dos franceses e compensar as vítimas inocentes dos conflitos de 1837 a 1838, o que enfurece os extremistas británicos. O parlamento variou entre Quebec e Toronto até 1867.

Non é até 1849 que se establece o goberno responsable polo partido reformista. Os canadenses franceses non eran xa maioritarios, e entón o partido é dirixido por Robert Baldwin no Alto Canadá e Louis-Hippolyte Lafontaine no Baixo Canadá. Grazas á obtención dun goberno responsable, unha certa calma reina na escena política canadense. En 1864, as elites políticas emprenderon debates sobre unha potencial confederación canadense. Londres da entón o seu apoio ó proxecto de unión federal e fixo incluso presión sobre os gobernadores das colonias para que a aceptasen.

A federación canadense (1867)

editar
Evolución da poboación do Quebec
Ano Habitantes
1851 890,261
1861 1,111,566
1871 1,191,516
1881 1,359,027
1891 1,488,535
1901 1,648,898
1911 2,005,776
1921 2,360,510
1931 2,874,662
1941 3,331,882
1951 4,055,681
1956 4,628,378
1961 5,259,211
Ano Habitantes
1966 5,780,845
1971 6,137,306
1976 6,396,767
1981 6,547,705
1986 6,708,468
1991 7,064,586
1996 7,246,896
2001 7,396,990
2002 7,445,745
2003 7,493,958
2004 7,547,728
2005 7,598,146
2006 7,669,100
Fonte : Instituto de Estatística do Quebec

Por mor dun acordo entre o partido conservador de John Alexander MacDonald e o partido liberal de George Brown, apoiados por George-Étienne Cartier, a Acta da América do Norte británica crea a confederación canadense, que foi proclamada o 1 de xullo de 1867 e á cal únense Novo Brunswick e Nova Escocia. Derivará nunha segunda división administrativa que forma as provincias do Quebec e de Ontario.

Rexións administrativas

editar

O Quebec está dividido en 17 rexións administrativas:

Linguas

editar

O Quebec distínguese das outras provincias canadenses polo feito que o francés é a única lingua oficial[5], mentres que no resto do Canadá predomina o inglés[6]. O francés ademais de lingua oficial e a lingua común, comprendida e falada polo 95 % da poboación[7],[8]. En 2011, o 79 % dos quebequeses tiñan o francés como lingua materna[9]. O inglés é a lingua materna dun 8,3 % da poboación[9], e o 71 % da poboación anglo-quebequesa son bilingües[10]. Ademais do francés e o inglés once pobos autóctonos manteñen as súas linguas.

A política lingüística da provincia defende a francofonía fronte á preponderancia norteamericana do inglés. Foi o informe da Commission Gendron o que estableceu en 1968 os fundamentes do Libro branco para a política lingüística do goberno do Quebec que se desenvolveu na Carta da lingua francesa — a « lei 101 » — a partir de 1977.[11].

O Quebec fai que o Canadá sexa o segundo país francófono de orixe europea despois de Francia e antes de Bélxica.

Francés

editar

O francés é a lingua oficial do Quebec. O francés quebequés é a variante do francés máis utilizada polo conxunto da poboación. A Oficina Quebequesa da Lingua Francesa é o órgano encargado de aplicar a política lingüística xunto co Consello Superior da Lingua Francesa e a Comisión de Toponimia do Quebec. As súas recomendacións intégranse do debate sobre a norma do francés quebequés e aparecen no Grand Dictionnaire terminologique (GDT), o Banque de dépannage linguistique e as diversas obras normativas. Polas súas recomendacións lingüísticas, o GDT loita contra a invasión do franglais na lingua francesa. A partir da década de 1970, a investigación científica está asegurada polas organizacións universitarias, como o Trésor de la langue française au Québec e o grupo Franqus.

Os colonos franceses que se estableceron na Nova Francia procedían en gran parte das provincias francesas do oeste e do norte. Xeralmente falaban diversas linguas da familia das linguas de oïl que se foron homoxeneizando e deu paso ao francés quebequés, moi influído polo francés oficial.[12] Entre 1663 e 1673 a chegada dunhas 800 mulleres novas, coñecidas como Fillas do Rei, maioritariamente orfas e educadas en orfanatos no denominado na época français du roy contribuíu ao afrancesamento da lingua dos colonos. A proximidade dos falantes das linguas amerindias, sobre todo da familia lingüística algonquina, cos colonos posibilitou a adaptación ao francés das realidades do Novo Mundo descoñecidas no Vello Continente

A conquista británica de 1759 supuxo a ruptura dos lazos con Francia, e o francés falado no Quebec separouse do francés falado na metrópole, mantivo particularidades das antigas linguas de oïl que desapareceron en Francia e creou tamén unha terminoloxía propia, á vez que a lingua dos novos conquistadores ingleses influenciaba e ameazaba o francés quebequés, á vez que aparecían novas variedades rexionais como o beauceron, chaouin, gaspésien, jeannois, joual, magoua, outaouais, saguenéen etc.

Inglés

editar
 
A situación lingüística no Quebec de 1844 a 2006

O inglés canadense é a lingua materna 650 000 quebequeses (8,3 % da poboación)[9], denominados Angloquebequeses, constitúen o segundo grupo lingüístico en importancia do Quebec. Para alén 50 000 (0,7 % da poboación) consideran tanto o francés como o inglés a súa lingua materna[13],[14].

O inglés apareceu no territorio quebequés a partir de 1760 tras a conquista británica, instándose os primeiros comerciantes ingleses e escoceses nas cidades de Quebec e de Montréal. Despois de 1784, os lealistas procedentes das colonias independizadas aumentaron considerablemente o número de anglófonos no territorio quebequés, establecéndose principalmente nas rexións menos poboadas Tras a proclamación da Lei de Unión de 1840 chegou ao territorio quebequés unha inmigración masiva das illas británicas, que trouxo tamén falantes das linguas célticas insulares. A influencia do inglés e as repitidas tentativas de asimilación lingüística tiveron un forte impacto na cultura de lingua francesa do Quebec. No século XXI os angloquebequeses residen principalmente no oeste da illa de Montréal (West Island), o centro de Montreal e o Pontiac.

Linguas alófonas

editar

Segundo o censo de 2006, no Quebec había 886 280 falantes de linguas alófonas, o 11,9 % da poboación[15] que fala linguas diferentes ao inglés, non obstante adoitan falar francés no fogar, o 51 %, e o 71 % dos que chegaron despois de 1971[16].

En Montréal, os falantes de italiano, grego, haitiano, español, árabe e chinés constitúen os grupos máis importantes.

Linguas autóctonas

editar

A poboación alófona inclúe 264190 falantes de linguas autóctonas[17], o 3,6 % da poboación do Quebec.

Existen tres familias de linguas autóctonas, as linguas transmítense particularmente ben no Quebec, cun índice de continuidade lingüística de 0,92[18].

 
Sinal de estrada multilingüe: cree, inglés e francés en Mistissini.
Pobo Número Familia lingüística Rexión Lingua de uso Segunda lingua
Abnakis 2000 Algonquina Mauricie Francés Abnaki
Algonquinos 9000 Algonquina Nordés Algonquino Francés ou inglés
Atikameks 6000 Algonquina Norte Cree (Atikamek) Francés
Cree 14800 Algonquina Norte Cree (Cree oriental) Inglés
Malecites 764 Algonquina Sur de St. Lawrence Francés Inglés
Micmac 4900 Algonquina Gaspésie Micmac Francés ou inglés
Montagnais 15600 Algonquina Costa Norte Cree (Innu-aimun) Francés
Naskapis 600 Algonquina Nordés Cree (iiyuw-iyimuuun) Inglés
Huróns 3000 Iroquesa preto da cidade de Quebec Francés Inglés
Mohawks 11400 Iroquesa preto de Montreal Inglés Mohawk
Inuit 10,000 Eskimo–Aleut Ártico Inuktitut Inglés
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para quebequés.
  2. Diciopedia do século 21 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). Editorial Galaxia. 2007. p. 1724. ISBN 9788482893600. 
  3. Ver: Batalla de Sainte-Foy
  4. Jacques Lacoursière. 1995. Histoire populaire du Québec. Des origines à 1791. Septentrion.
  5. Québec. Éditeur officiel du Québec, ed. "Charte de la langue française (L.R.Q., c. C-11)". Consultado o 6 de novembro de 2008. .
  6. Gouvernement du Canada (2006). "Les langues officielles au Canada" (PDF). Commissariat aux langues officielles du Canada. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16 de outubro de 2013. Consultado o 29 janvier 2013. 
  7. Institut de la statistique du Québec (30 de outubro de 2009). "Tableau statistique canadien - Chapitre 3" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de outubro de 2003. Consultado o 8 de xaneiro de 2010. .
  8. "Statistiques du Québec" (PDF). www.olf.gouv.qc.ca. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 01 de xullo de 2006. Consultado o 03 de maio de 2015. 
  9. 9,0 9,1 9,2 Statistique Canada (Modelo:S.d.). "Population selon les langues maternelles déclarées, Canada, 2006 et 2011". Consultado o 26 de setembro de 2013. .
  10. Sondage CROP (decembro de 2006). "Les Canadiens et le bilinguisme : Rapport final" (PDF). Radio-Canada. Consultado o 10 de decembro de 2009. .
  11. Plourde, Michel; Georgeault, Pierre (2008). Le français au Québec : 400 ans d'histoire et de vie, nouvelle édition. Montréal: Conseil supérieur de la langue française, Éditions Fides. p. 351. ISBN 978-2-7621-2813-0. .
  12. Barbaud, Philippe. 1984. Le choc des patois en Nouvelle-France. Sillery (Québec): Presses de l'Université Laval du Québec
  13. Québec (2 de abril de 2003). "Population n'ayant qu'une seule langue maternelle, régions administratives du Québec, 2001". Institut de la statistique du Québec. Arquivado dende o orixinal o 23 de marzo de 2007. Consultado o 16 de agosto de 2007. .
  14. Québec (2 avril 2003). "Population ayant plus d'une langue maternelle, régions administratives du Québec, 2001". Institut de la statistique du Québec. Arquivado dende o orixinal o 19 de xaneiro de 2012. Consultado o 16 août 2007. .
  15. Statistique Canada (24 de marzo de 2009). "Population selon la langue maternelle et les groupes d'âge, chiffres de 2006, pour le Canada, les provinces et les territoires - Données-échantillon (20 %)". Arquivado dende o orixinal o 25 de maio de 2011. Consultado o 10 de decembro de 2009. .
  16. Statistique Canada (3 avril 2009). "Recensement de 2006 : Évolution de la situation linguistique au Québec". Arquivado dende o orixinal o 09 de outubro de 2009. Consultado o 10 de decembro de 2009. .
  17. Québec (18 de abril 2008). "Tableau statistique canadien" (PDF). Institut de la statistique du Québec. Arquivado dende o orixinal (pdf) o 06 de decembro de 2008. Consultado o 10 de decembro de 2009. 
  18. "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de decembro de 2008. Consultado o 03 de maio de 2015. 
  NODES
dada 1
dada 1
Done 1
orte 11