Râșnov
Râșnov (en alemán Rosenau; en húngaro Barcarozsnyó; no dialecto saxón transilvano: Rusnâ; do latín: Rosnovia) é unha vila do Condado de Braşov, Romanía cunha poboación duns 16 000 habitantes. Ten unha superficie de 164,36 km2.
Râșnov (ro) Barcarozsnyó (hu) Rosenau (de) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Romanía | ||||
Județ | Condado de Brașov | ||||
Capital | Râșnov (en) | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 15.920 (2021) (96,86 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 164,36 km² | ||||
Altitude | 650 m | ||||
Organización política | |||||
• Mayor of Râșnov (en) | Horia-Mihai Motrescu (en) (2024–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 505400 | ||||
Fuso horario | |||||
Sitio web | primariarasnov.ro |
Atópase a uns 15 km da vila de Braşov e máis ou menos á mesma distancia de Bran, na estrada que liga as rexións de Valaquia e Transilvania. Coñécese pola súa cidadela no alto dun outeiro.
Historia
editarEn 1956 a poboación era de 7.974 habitantes, en 2011 case o dobre: 14.081. É posíbel que o nome derive do eslavo "žrŭnovy", que significa (vila ou val) "do muíño". No século XIV, os documentos xermanos xa empregaban o nome de Rasnov, mais o nome alemán actual, Rosenau, baséase na etimoloxía popular, influenciada pola verba alemá "Rose" (roseira ou rosa). A vila moderna actual atópase nunha chaira aos pés dun outeiro. No alto da lomba atópanse os restos da cidadela de Râșnov construída contra o ano 1215 polos cabaleiros teutóns e que foi mencionada por vez primeira en 1331. A cidadela conquistouse só unha vez na historia, alá polo ano 1600 por Gabriel Báthory.
En 1856 descubriuse preto da vila un campamento romano (orixinariamente un castro), o Castro de Cumidava.
Turismo
editarPode chegarse a Râșnov collendo un autocar (por 4 lei) dende a turística vila Brașov (a tres horas en tren dende Bucarest). Râșnov atópase na estrada que leva a Bran, onde se atopa o famoso castelo de Drácula. A vila nova atópase na parte baixa, nunha chaira par dun alto outeiro onde se atopa a fortaleza e un enorme letreiro co nome da vila ao estilo Hollywood. A vila nova conta cunha igrexa e bonitas casas saxoas pintadas a cores. Para chegar até a cidadela o mellor xeito e camiñar menos dun quilómetro por unha estrada até a base do outeiro, dende alí organízanse subidas nunha especie de tren-tractor ao cumio cada 20 minutos. Para entrar na cidadela hai que pagar uns 8 lei por persoa, dentro atoparemos unha aldea medieval medio derruída, algunhas tendas de recordos e unhas fermosas vistas do val e dos Cárpatos.
Lenda
editarHai unha lenda arredor da cidadela de Râșnov. Durante un longo asedio á fortaleza, os cidadáns de Râşnov comezaron a se preocupar pola falla de auga fresca dispoñíbel; así que ordenaron a dous soldados turcos, que foran capturados con anterioridade, a cavar un pozo no centro da fortaleza; prometéndolles que os ceibarían unha vez remataran o traballo. Segundo a lenda local, levoulles 17 anos rematar o pozo, e aínda así os mataron. Aínda hoxe podemos ollar este famoso pozo no centro da fortaleza de Râşnov; ten 143 metros de fondura.
Deporte
editarO complexo deportivo de Râșnov construíuse ás aforas da vila, no val de Cărbunarii, para o festival xuvenil olímpico de inverno europeo 2013 que tivo lugar preto da vila de Braşov.[1]
Galería de imaxes
editar-
Fortaleza de Râşnov
-
Vista da igrexa saxoa e o castelo, co letreiro estilo Hollywood
-
Interior da cidadela
-
Museo de Râşnov
-
Casa saxoa
-
Igrexa saxoa
-
Rúa Caragiale
-
Entrada
-
O vello cinema
-
Escadas á fortelaza
-
Unha rúa en Râşnov
-
A igrexa vella
-
Castelo de Râşnov
-
Calella na cidadela de Râșnov
-
Vila de Râșnov e ruñinas da cidadela