O Amur (Амур en ruso ; 黑龙江 ("río do dragón negro") en chinés, pronunciado Heilongjiang), ou Sahalyan ula en manchú "río negro", é un río de Asia cuxa conca hidrográfica se estende por partes de Mongolia, Rusia e China ao longo de 4.444 km, a contar desde a fonte do río Argun, lonxitude que o converte no primeiro de Siberia — aínda que é máis curto que o sistema formado polo Obi e máis o seu afluente o Irtich — e o cuarto de Asia pola lonxitude do seu percurso; considérase que é o oitavo da Terra.

Modelo:Xeografía físicaRío Amur
(zh-hans) 黑龙江
(ru) Амур
(mnc) ᠰᠠᡥᠠᠯᡳᠶᠠᠨ ᡠᠯᠠ Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tiporio internacional (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Inicio
ContinenteAsia Editar o valor en Wikidata
País da cuncaRusia Editar o valor en Wikidata
División administrativaKrai de Zabaykalsky, Rusia (pt) Traducir, Amur Oblast (en) Traducir, Oblast Autónomo Hebreo, Rusia, Krai de Khabarovsk, Rusia e Heilongjiang, República Popular da China Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónRio Onon (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Final
LocalizaciónMar de Ojotsk Editar o valor en Wikidata
Mapa
 53°20′00″N 121°28′53″L / 53.3333, 121.4814
52°59′28″N 141°02′48″L / 52.9911, 141.0467
Afluentes
25
Conca hidrográficaconca do río Amur Editar o valor en Wikidata
Características
Dimensións2.824 (lonxitude) km
Superficie da cunca hidrográfica1.855.000 km² Editar o valor en Wikidata
Medicións
Caudal12.800 m³/s Editar o valor en Wikidata
BNE: XX5403337

Dende o punto de vista administrativo, percorre o óblast de Amur, o óblast Autónomo Hebreo, o krai de Khabarovsk, en Rusia, e a provincia chinesa de Heilongjiang, drenando unha conca de 1 885 000 km², que é a 12ª máis extensa do planeta.

Xeografía

editar

O río está formado pola unión do Chilka e do Argun. Na actualidade conforma a fronteira natural entre Rusia e a China, sobre preto de 1.600 km, antes de recibir o río Songhua Jiang e o Ussuri, e entrar definitivamente en Rusia, onde desemboca no estreito da Tartaria, no mar de Okhotsk (ao norte do océano Pacífico), fronte da illa de Sakhalin.

Economía

editar

No seu curso inferior, logo da confluencia do Chilka e o Argun, é navegábel en territorio ruso completamente, mais por causa dos xeos está pechado para a navegación durante uns seis meses.

O equipamento hidroeléctrico, que consta de 14 encoros de máis de 15 m de alto, permite a industrialización da rexión.

Hidroloxía

editar

O Amur ten os máximos de caudal no verán, entre fins de xullo e comezos de agosto, por efecto do monzón, mentres a estiaxe é invernal. Na desembocadura o caudal medio é de 11.000 m³ por segundo e a súa conca ocupa 1.850.000 km².

Cidades

editar

Ás beiras do Amur fican as seguintes cidades:

Véxase tamén

editar
  NODES
Intern 1
multimedia 1
os 17
text 1
todo 1