O río Cetina é un curso fluvial do centro da Dalmacia (Croacia), que despois de percorrer uns 105 km desemboca no mar Adriático.

Modelo:Xeografía físicaRío Cetina
Imaxe
Tiporío Editar o valor en Wikidata
Inicio
ContinenteEuropa Editar o valor en Wikidata
País da cuncaCroacia Editar o valor en Wikidata
División administrativaCroacia Editar o valor en Wikidata
Final
Localizaciónmar Adriático Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 43°58′36″N 16°25′47″L / 43.9767, 16.4297
43°26′21″N 16°41′11″L / 43.4391, 16.6864
Conca hidrográficaconca do Adriático Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude3 m Editar o valor en Wikidata
Dimensións105 (lonxitude) km
Superficie da cunca hidrográfica3.700 km² Editar o valor en Wikidata
Medicións
Caudal105 m³/s Editar o valor en Wikidata

Percorrido

editar

O Cetina nace na ladeira noroeste do monte Dinara a 385 m de altura. O manancial está preto da aldea homónima de Cetina, sita a 7 km ao norte da cidade de Vrlika. A uns 25 km forma o lago artificial de Peruča. O río pasa despois á rexión cárstica de Sinj. Toma logo dirección leste antes de retomar a dirección oeste cerca do macizo montañoso de Mosor. Acaba o seu curso no mar Adriático, non lonxe da localidade de Omiš, onde antes de desaugar forma un formidable canón.

A súa conca hidrográfica ocupa unha superficie duns 3.700 km². A pluviosidade media anual na conca é de 1.380 mm, o que permite un caudal medio do río de 105 m³/s.

Xeoloxía

editar

As montañas que percorre forman parte dos Alpes dináricos; están constituídas de material sedimentario, principalmente calcarias, que datan do período cretáceo, pero hai tamén materiais do triásico e xurásico.

Explotación económica

editar

A súa corrente é utilizada en varios lugares par producir enerxía hidroeléctrica. As súas augas son embotelladas como de Cetina.

Historia e arqueoloxía

editar
 
Desembocadura do Cetina en Omiš.

Durante a Idade Media, o río serviu de fronteira entre o reino de Croacia e o reino de Serbia. O seu val foi unha ruta comercial importante que ligaba Bosnia e Hercegovina co litoral adriático.

Hai restos que indican que a agricultura na rexión remonta ao neolítico na parte alta do val do Cetina. Durante a Idade de Bronce, a zona posuía unha cultura particular. O río recibiu ofrendas durante a prehistoria, sobre todo preto da súa confluencia co río Ruda, preto da localidade de Trilj.

A zona estivo ligada aos dálmatas, e acolleu unha fortificación romana en Tilurium, preto da actual Trilj, que gardaba a entrada do val que conducía á capital provincial: Salona. Durante a Alta Idade Media, o río oficiaba de fronteiro entre os poderes romano-bizantinos e os eslavos. Xa, máis tarde, a inicios do século XVI, a zona foi conquistada polo Imperio Otomán.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
iOS 3
mac 3
multimedia 1
os 19
todo 2
web 1