Río Maritsa
O río Maritsa (en búlgaro Марица), chamado polos gregos Evros (Εβρος), latinizado como Hebrus, e coñecido polos turcos como Meriç, é con 515 km de lonxitude o maior curso fluvial que efectúa o seu percorrido só dentro da Península balcánica. Nado en Bulgaria, no seu curso inferor fai de fronteira entre Grecia e Bulgaria e, tamén, entre Grecia e a Turquía europea. Desauga no mar Exeo.
Tipo | río | |||
---|---|---|---|---|
Inicio | ||||
Continente | Europa | |||
País da cunca | Bulgaria | |||
Altitude inicial | 2.378 m | |||
División administrativa | Trajanópolis, Grecia (pt) | |||
Localización | Rila (pt) | |||
Final | ||||
División administrativa | Grecia | |||
Localización | Mar de Tracia | |||
| ||||
Afluentes | Tundzha (en) , Rio Arda (pt) , Ergene (en) , Chepinska river (en) , Erythropotamos (en) , Stryama (en) , Topolnitsa (en) , Chepelare River (en) , Vacha (en) , Sazliyka (en) , Yadenitsa (en) , Srebra (Silver) River (en) | |||
Conca hidrográfica | Maritsa Basin (en) | |||
Características | ||||
Dimensións | 490 () km | |||
Superficie da cunca hidrográfica | 53.846 km² | |||
Medicións | ||||
Caudal | 200 m³/s | |||
Curso
editarO Maritsa nace nos montes Rila, no suroeste de Bulgaria, cerca do monte Musala. A súa corrente diríxese cara ao sueste e os montes Ródopes; atravesa logo Plovdiv e Parvomay, para dirixerse en dirección a Edirne, Turquía. No seu curso alto, o val do Maritsa constituíu a principal ruta de movemento entre o leste e o oeste. No curso medio, un curto tramo do río penetra enteiramente no territorio turco; isto foi acordado así no seu momento para evitar que a cidade de Edirne encarase na beira oposta territorio grego. O resto do río até o mar conforma a fronteira greco-turca. Cerca de Kastanies, vira para o sur, para desembocar en delta, finalmente, no mar Exeo preto da cidade turca de Enez.
A conca do Maritsa abrangue unha área total aproximada de 52.900 km²: un 66% da área total pertence a Bulgaria (34.900 km²); un 27,5% a Türquía (14.550 km²) e un 6,5% a Grecia (3.450 km²). O delta espállase por unha superficie de 188 km², dos que un 90 % é territoio grego e un 10 % turco.
O seu caudal medio é de 103 m³/s, pero submetido ao réxime de chuvias mediterráneo, o seu caudal pode alcanzar medicións extraordinarias, como ocorreu en febreiro-marzo de 2005, cando evacuou até 1.000 m³/s.
Como non é un río navegable é aproveitado para producir enerxía hidroeléctrica e para irrigación. Entre os encoros máis importantes do río cómpre destacar o de Kiprinos.
Afluentes principais
editarLocalidades nas beiras
editarEntre os lugares importantes sitos nas marxes do Maritsa cóntanse:
- En Bulgaria:
- En Turquía:
- En Grecia:
Historia
editarEn 1371, o río foi testemuña da batalla do Maritsa, tamén coñecida como batalla de Chernomen, unha sonada vitoria do Imperio Otomán sobre unha coalición serbo-búlgara. Vukašin Mrnjavčević e Jovan Uglješa perderon a súa vida no combate.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Río Maritsa |