O río Niemen (en lituano, Nemunas; en belaruso, Нёман; en ruso, Неман; en polaco, Niemen; en alemán, Memel; e en sueco, Njemen) é un río da Europa oriental que transcorre por Belarús e Lituania e que, no seu curso baixo, forma a fronteira entre Lituania e Rusia (co exclave do óblast de Kaliningrado).

Modelo:Xeografía físicaRío Niemen
Imaxe
Tiporío
rio internacional (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Inicio
ContinenteEuropa Editar o valor en Wikidata
País da cuncaBelarús, Lituania, Letonia, Rusia e Polonia Editar o valor en Wikidata
División administrativaProvincia de Grodno, Belarús, Rexión de Minsk, Belarús e Óblast de Kaliningrado, Rusia Editar o valor en Wikidata
Final
LocalizaciónMar Báltico Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 53°28′12″N 27°21′57″L / 53.4701, 27.3658
55°20′13″N 21°14′57″L / 55.3369, 21.2492
Afluentes
178
DistributarioMatrosovka (en) Traducir, Rusnė (en) Traducir, Skirvytė (en) Traducir e Atmata (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Conca hidrográficaNeman Basin (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Características
Dimensións937 (lonxitude) km
Superficie da cunca hidrográfica98.200 km² Editar o valor en Wikidata
Medicións
Caudal678 m³/s Editar o valor en Wikidata

Xeografía

editar

É o décimo cuarto río en lonxitude de toda Europa, con 937 km, o máis longo de Lituania e o terceiro de Belarús. As súas augas son tranquilas (nace a 176 m sobre o nivel do mar), cunha velocidade media dun a dous metros por segundo, e cunha profundidade máxima de cinco metros.

Os seus maiores afluentes son os ríos Neris, con 510 quilómetros, Ščiara, con 325 quilómetros, e Šešupė, cunha lonxitud de 298 quilómetros. Proporciona grandes recursos para as comunicacións dos países que atravesa, sendo a navegación moi activa en verán.

O río Niemen nace en Slomin, en Godno, e alí se lle unen algúns afluentes, facéndose navegábel; pasa logo por Alytus e despois por Kaunas. Máis adiante pasa por Smalininkai, segue o seu curso de leste a oeste recibindo dous afluentes, o Šešupė e o Jūra. Baña a cidade de Tilsit (agora Sovetsk en ruso).

Desemboca no mar Báltico cerca de Klaipeda, na Lagoa de Curlandia, onde forma un delta, dividíndose nun labirinto canais mesturándose con pólderes e zonas húmidas que fan do delta un destino atractivo para o ecoturismo. As catro principais ramas son Atmata, Pakalnė, Skirvytė e Gilija.

O río ten un papel crucial no ecosistema da lagoa de Curlandia. Proporciona a principal fonte de auga na lagoa e mantén a súa auga case doce. Isto permite que vivan alí animais de auga doce e de auga salobre.

Conforme se expande o delta do Niemen, a lagoa vai afundindo.

Posto que o delta se encontra en Lituania, a miúdo se lle chama delta do Nemunas. Alí creouse un parque rexional no ano 1992.

Historia

editar

Debe este río certa celebridade histórica a unha entrevista que o 25 de xuño de 1807 toveron nunha balsa no medio do río os dous emperadores Napoleón I e Alexandre I, aos que se uniu despois o rei de Prusia Frederico Guillerme III; dita entrevista serviu de preliminar para a Paz de Tilsit.

Véxase tamén

editar
  NODES
admin 1
INTERN 1
todo 1