Río Olenyok
O río Olenyok, ou río Oleniok, tamén transcrito como Olenek (en ruso: Оленёк), é un longo río de Rusia no norte de Siberia, que desemboca no mar de Laptev.
Con 2292 km de lonxitude,[1] é o 49º río máis longo do mundo e o 13º máis longo de Rusia.
A súa conca drena unha área duns 220000 km²,[1] a 14ª maior de Rusia (maior que Güiana e un pouco menor que Uganda).
O caudal medio na desembocadura é de 1210 metros cúbicos por segundo.[1]
Administrativamente, o río discorre polo krai de Krasnoyarsk e a República de Sakha da Federación de Rusia.
Notas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Río Olenyok |