Río Somme
O río Somme é un río do norte de Francia que dá o seu nome ao departamento homónimo. Cunha lonxitude de 245 km, desemboca no canal da Mancha.
Tipo | río principal coastal river (en) | |||
---|---|---|---|---|
Inicio | ||||
País da cunca | Francia | |||
Altitude inicial | 86 m | |||
División administrativa | Altos de Francia | |||
Localización | Fonsomme | |||
Final | ||||
Altitude final | 0 m | |||
División administrativa | canton of Saint-Valery-sur-Somme, Francia (en) | |||
Localización | Saint-Valery-sur-Somme | |||
Desembocadura | Baie de Somme (en) | |||
| ||||
Afluentes | ||||
Conca hidrográfica | Somme basin (en) | |||
Características | ||||
Dimensións | 245 () km | |||
Superficie da cunca hidrográfica | 6.550 km² | |||
Medicións | ||||
Caudal | 35,1 m³/s (Abbeville) | |||
Hidrónimo e topónimos
editarO seu nome procede da palabra celta "Somme", que significa tranquilidade. O río deu nome ao departamento do Somme, e a doce comunas: Fonsomme, Sommette-Eaucourt, Béthencourt-sur-Somme, Cléry-sur-Somme, Bray-sur-Somme, Vaux-sur-Somme, Ailly-sur-Somme, Belloy-sur-Somme, Hangest-sur-Somme, Fontaine-sur-Somme, Eaucourt-sur-Somme e Saint-Valery-sur-Somme.
Eventos históricos
editar- En materia de prehistoria, Jacques Boucher de Perthes, un mozo afeccionado á procura na canle do río Somme, atopou restos de animais distintos aos coñecidos en Europa a finais do século XIX, este achado alimentou as teorías eclesiásticas sobre o diluvio universal, aínda que máis tarde Boucher de Perthes atopou restos do que parecían machadas de pedra, o cal deu lugar ao derrubamento destas teorías. Aínda que Buffon, deu o primeiro paso para a destrución da anterior crenza bíblica e máis adiante Darwin achegou as súas teorías sobre a evolución, Boucher de Perthes, é considerado todo un visionario.
- De acordo á tradición católica, San Quintín foi martirizado no século III, os seus restos foron guindados ao río Somme e recuperados anos máis tarde no lugar onde se construíu unha basílica na súa honra, a basílica de Saint-Quentin.
- O exército de Eduardo III cruzou o río en 1346 na batalla de Blanchetaque, culminando a campaña na batalla de Crécy.
- O cruzamento do río tamén figurou prominentemente na campaña que levou á batalla de Agincourt.
- En 1636, o exército de Flandres, invadiu o norte de Francia ameazando París, tras atravesar o río derrotando ao exército de Lois XIII.
- En 1770 iníciase a construción da canle do Somme que foi terminado en 1843 cunha lonxitude de 156 km.
- O Somme fíxose famoso pola batalla do Somme, na primeira guerra mundial en 1916.
- Cerca do río estrelouse o piloto alemán da primeira guerra mundial Manfred von Richthofen, coñecido como o Barón Roxo o 21 de abril de 1918 ao ser alcanzado por unha bala.
- As grandes batallas que finalmente pararon o avance alemán na ofensiva da primavera de 1918 foron loitadas no val do Somme en lugares como Villers Bretonneux, o que marcou o principio do fin da guerra.
Departamentos e cidades que atravesa
editar- Aisne: San Quintín
- Somme: Ham, Péronne, Corbie, Amiens, Abbeville, Saint-Valéry-sur-Somme, Le Crotoy
Principais afluentes
editar- Marxe esquerda do río: Omignon, Hallue, Nièvre, Scardon.
- Marxe dereita do río: Avre, Sele, Saint-Landon, Airaine, Ambroise, Ancre.
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Río Somme |