O Ucayali é un longo río peruano, considerado como un dos brazos principais do curso alto do río Amazonas, do que se coida a orixe mesma. O sistema Amazonas-Ucayali eleva a lonxitude do primeiro até os 6.275 km.

Modelo:Xeografía físicaRío Ucayali
(es) Río Ucayali Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tiporío Editar o valor en Wikidata
Inicio
ContinenteAmérica do Sur Editar o valor en Wikidata
País da cuncaPerú Editar o valor en Wikidata
División administrativaDepartamento de Loreto, Perú Editar o valor en Wikidata
Final
LocalizaciónAmazonas Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 10°42′03″S 73°45′22″O / -10.7008, -73.7561
4°27′10″S 73°26′55″O / -4.4528, -73.4486
Afluentes
21
Conca hidrográficaBacía do río Amazonas Editar o valor en Wikidata
Características
Dimensións400 (ancho) m × 1.460 (lonxitude) km
Superficie da cunca hidrográfica375.000 km² Editar o valor en Wikidata
Medicións
Caudal12.600 m³/s Editar o valor en Wikidata
O río Ucayali en Pucallpa

Percorrido

editar

O río Ucayali nace na rexión homónima, no Perú, da confluencia dos ríos Apurimac e Urubamba, no nordeste dos Andes centrais. Corre, en suave pendente cara ao noroeste do país até xuntarse co río Marañón, preto da poboación de Nauta, na Rexión de Loreto, dando dese xeito a unha dobre fonte para o Amazonas. Desde a confluencia do Apurimac e o Urubamba, a lonxitude do Ucayali é de 1.600 km.

O seu curso total atinxe os 2.670 quilómetros de lonxitude, se se toma como nacemento o do río Apurimac, que ten lugar no Nevado de Mismi, a uns 160 km ao oeste do lago Titicaca.

 
Nacemento do Ucayalai no Nevado Mismi sinalado cunha simple cruz de pau.

Afluentes

editar

Os tributarios máis importantes do Ucayali son o Urubamba, o Cohenga, o Tahuania, o Sheshea, o Tamaya, o Tapiche, o Pachitea e máis o Aguaytía.

Portos fluviais

editar

Do total do percorrido do Ucayali, uns 1.500 son navegábeis para embarcacións de até 3.000 tm. Os portos principais nas súas beiras son as cidades de Pucallpa, Contamana e Requena.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar
  NODES
admin 1
todo 1