Rafael Caldera

político venezolano

Rafael Antonio Caldera Rodríguez, nado o 24 de xaneiro de 1916 e finado o 24 de decembro de 2009,[1] foi un avogado, sociólogo, escritor, orador e político venezolano, electo dúas veces como presidente de Venezuela, exerceu dous mandatos de cinco anos (1969-1974 e 1994-1999).[2]

Modelo:BiografíaRafael Caldera

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Rafael Antonio Caldera Rodríguez Editar o valor en Wikidata
24 de xaneiro de 1916 Editar o valor en Wikidata
San Felipe, Venezuela Editar o valor en Wikidata
Morte24 de decembro de 2009 Editar o valor en Wikidata (93 anos)
Caracas, Venezuela Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepárkinson Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaEast Cemetery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Presidente de Venezuela
2 de febreiro de 1994 – 2 de febreiro de 1999
← Ramón José VelásquezHugo Chávez →
Deputado de Venezuela
12 de marzo de 1974 – 2 de febreiro de 1994 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Central de Venezuela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, avogado, sociólogo, profesor universitario, persoal académico Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Central de Venezuela Editar o valor en Wikidata
Partido políticoComité de Organización Política Electoral Independente Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
CónxuxeAlicia Pietri Editar o valor en Wikidata
FillosJuan José Caldera Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Sitio webrafaelcaldera.com Editar o valor en Wikidata
BNE: XX989843 WikiTree: Caldera-116 Find a Grave: 45761107 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Amplamente recoñecido como un dos fundadores do sistema democrático de Venezuela,[3] o principal arquitecto da Constitución de 1961 e un pioneiro do movemento demócrata-cristián en América Latina, Caldera axudou a forxar un período sen precedentes de goberno democrático civil nun país asediado por unha historia de violencia política e caudillos militares.[4]

O seu liderado estableceu a reputación de Venezuela como democracia estables de América Latina durante a segunda metade do século XX.[5] Durante o seu mandato houbo accións da Operación Cóndor no país.[6]

Despois de licenciarse en Dereito e Ciencias Políticas pola Universidade Central de Venezuela en 1939, Caldera iniciou unha carreira de 70 anos que combinaba actividades políticas, intelectuais e académicas. Foi chamado tanto de pro-fascista[7] como de entregado ao comunismo.[8]

Acusacións de corrupción

editar

En 1994 foi acusado do seu primeiro caso de corrupción por suposto enriquecemento cunha mina de ouro.[9] Posteriormente foi acusado de corrupción xeneralizada na Administración pública, aínda que tamén de levar o asunto da corrupción a foros internacionais.[10]

Amnistía aos militares da rebelión de 1992

editar

Durante o segundo goberno de Caldera, foron amnistiados e postos en liberdade os militares implicados no intento de golpe de estado de 1992, que se sumaron ao partido político Movimiento V República (MVR), liderado por Hugo Chávez, que despois acadou unha clara vitoria nas Presidenciais de Venezuela en 1998.

Unha lenda urbana apuntaba a que Caldera fora padriño de promoción de Hugo Chávez no exército, no corpo de paracaidismo. Outra versión colocábao de padriño de bautismo, ambas foron desmentidas pola familia Caldera Pietri e o propio Chávez.[11]

  1. Entrada de Rafael Antonio Caldera Rodríguez na Encyclopedia Britannica
  2. Rafael Caldera - Cognitio
  3. John D. Martz, “Venezuela, Colombia, and Ecuador,” in Jan Knippers Black, ed. Latin America, Its Problems and Its Promise, 2nd ed. (Boulder, Colorado: Westview Press, 1991), 439
  4. "Rafael Caldera: President of Venezuela who helped forge an era of". The Independent (en inglés). 2009-12-29. Consultado o 2022-08-05. 
  5. 02 Feb 1994 - 02 Feb 1999 - Rafael Caldera Rodríguez - Global Security
  6. "Venezuela. De la Operación Cóndor a la Operación Lava Jato: El final de la lucha entre izquierdas y derechas y la necesidad de la Voz Autónoma del tercero excluido". Resumen Latinoamericano (en castelán). 2017-03-16. Consultado o 2022-08-05. 
  7. Agustín BLANCO MUÑOZ: La dictadura: Pedro Estrada habló (p. 71). Venezuela: Universidad Central de Venezuela, 1983.
  8. Germán Borregales: Todos fueron canallas. Venezuela: Ediciones Fe y Cultura, 1975.
  9. Vinogradoff, Ludmila (1994-12-08). "Rafael Caldera se enfrenta a su primer caso de corrupción". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2022-08-05. 
  10. "Murió ex presidente Rafael Caldera". BBC News Mundo (en castelán). 2009-12-24. Consultado o 2022-08-05. 
  11. "Ni de bautismo ni de promoción: Caldera no fue padrino de Chávez". espaja.com (en castelán). Consultado o 2022-08-05. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar

 
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

  NODES
admin 1
INTERN 1
todo 2