O Reading Football Club é un equipo de fútbol profesional da cidade de Reading, Inglaterra. Compite na Football League Championship.
O Reading ten o alcume de The Royals, debido a súa situación no Condando Real de Berkshire, e eran coñecidos anteriormente coma The Biscuitmen, debido á asociación da cidade con Huntley & Palmers. Fundado en 1871, o club é un dos máis antigos de Inglaterra, pero non se uniu á Football League ata 1920, e non xogou nunca na primeira división inglesa ata a tempada 2006-07.
O equipo xogou no Elm Park durante 102 anos, e se trasladou ó Madejski Stadium en 1998, chamado así polo presidente do club, Sir John Madejski.
Teñen o récord de vitorias consecutivas en liga ó comezo dunha tempada, cun total de 13 vitorias no comezo da tempada 1985-86 da terceira división, e tamén o récord de puntos conseguidos nunha liga profesional, con 106 puntos na tempada 2005-06 do Football League Championship.