Redstone MRLV
Redstone MRLV (onde MRLV é o acrónimo de Mercury-Redstone Launch Vehicle) foi o nome dun foguete suborbital derivado do mísil Redstone na súa variante Jupiter C.[1][2]
Mercury MRLV / Redstone Mercury | |
---|---|
Función | Lanzador espacial de capacidade media |
país de orixe | Estados Unidos[1] |
Tamaño | |
altura | 20,0 m[1] |
diámetro | 1,78 m[1] |
masa | 28.400 kg[1] |
Etapas | 1[1] |
Lanzamento históricos | |
Estado | Retirado[1] |
Sitios | Cabo Cañaveral[1][2] |
Total de lanzamentos | 6[1][2] |
fallos | 1[1][2] |
Voo inaugural | 21 de novembro de 1960[1][2] |
Último voo | 21 de xullo de 1961[1][2] |
Primeira etapa – Redstone[1][2] | |
altura | 20 m[1][2] |
diámetro | 1,78 m[1][2] |
masa cheo | 28.400 kg[1][2] |
impulsado por | 1 A-7[1][2] |
potencia máxima | 357,0 kN[1][2] |
propelente | Osíxeno líquido e alcohol[1][2] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Características
editarO MRLV consistía nun mísil Redstone modificado para poder ser tripulado e levar no seu extremo unha cápsula Mercury. Entre os cambios feitos á versión do Redstone na que se basou (Jupiter C) estaban cambios na estrutura ao non ter que usar unha segunda etapa. Ademais volveue a usar alcohol como propelente orixinal xunto con osíxeno líquido en lugar de hidracina, como no Jupiter C, pola súa toxicidade. Engadiuse un tanque de nitróxeno adicional para presurizar o tanque de propelente ampliado, necesario polo menor impulso específico que proporciona o alcohol e polo tanto a necesidade de máis cantidade para obter o mesmo resultado. Engadiuse tamén un tanque adicional de peróxido de hidróxeno para alimentar a turbobomba do motor foguete. O sistema de guiado inercial simplificouse para mellorar a fiabilidade do foguete e constriuse un anel adaptador para facer de interface entre o foguete e a cápsula Mercury. Ademais usaba o modelo de motor máis recente para os foguetes Redstone, o A-7.[1][2]
O foguete levou ao espazo en sendos voos suborbitais aos dous primeiros astronautas estadounidenses, Alan Shepard e Virgil I. Grissom, nas misións Mercury-Redstone 3 e Mercury-Redstone 4 respectivamente.[1][2]
Historial de lanzamentos
editarVoo[1][2] | Data[1][2] | Rampla de lanzamento[1][2] | Carga[1][2] | Resultado[1][2] | Notas[1][2] |
---|---|---|---|---|---|
MRLV-1 | 21 de novembro de 1960 | Cabo Cañaveral LC-5 | Mercury MR-1 | Fallo | Primeiro intento de lanzamento non tripulado. O motor apagouse 1 segundo despois de acenderse debido a un problema coa circuitería en terra. |
MRLV-1 | 21 de novembro de 1960 | Cabo Cañaveral LC-5 | Mercury MR-1 | Fallo | Primeiro intento de lanzamento non tripulado. O motor apagouse 1 segundo despois de acenderse debido a un problema coa circuitería en terra. |
MRLV-3 | 19 de decembro de 1960 | Cabo Cañaveral LC-5 | Mercury MR-1A | Éxito | Primeiro lanzamento non tripulado exitoso. |
MRLV-2 | 31 de xaneito de 1961 | Cabo Cañaveral LC-5 | Mercury MR-2 | Éxito | Lanzamento dun MRLV co chimpancé Ham a bordo, que foi recuperado san e salvo despois do voo. |
MRLV-5 | 24 de marzo de 1961 | Cabo Cañaveral LC-5 | Mercury MR-BD | Éxito | Proba do foguete cunha maqueta da cápsula Mercury. |
MRLV-7 | 5 de maio de 1961 | Cabo Cañaveral LC-5 | Mercury MR-3 | Éxito | Primeiro astronauta estadounidense (Alan Shepard) en chegar ao espazo, aínda que o voo foi suborbital e non entrou en órbita. |
MRLV-8 | 21 de xullo de 1961 | Cabo Cañaveral LC-5 | Mercury MR-4 | Éxito | Segundo astronauta estadounidense (Virgil I. Grissom) en chegar ao espazo nun voo suborbital. Último lanzamento dun MRLV. |
Notas
editar- ↑ 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 1,13 1,14 1,15 1,16 1,17 1,18 1,19 1,20 1,21 1,22 1,23 1,24 1,25 1,26 Mark Wade (2017). "Redstone MRLV" (en inglés). Consultado o 29 de xaneiro de 2017.
- ↑ 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 2,11 2,12 2,13 2,14 2,15 2,16 2,17 2,18 2,19 2,20 Gunter Dirk Krebs (2017). Gunter's Space Page, ed. "Redstone without upper stage" (en inglés). Consultado o 29 de xaneiro de 2017.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Redstone MRLV |