Reggie Miller
Reginald Wayne "Reggie" Miller, nado o 24 de agosto de 1965 en Riverside (California), é un ex xogador profesional americano de baloncesto que pasou os 18 anos da súa carreira nos Indiana Pacers da National Basketball Association (NBA). Miller era coñecido pola súa precisión no lanzamento de tres puntos, especialmente en situacións límite e en partidos contra os New York Knicks, feito polo cal lle puxeron o alcume de "Knick Killer".[1][2] Cando se retirou, tiña o récord de maior número de triplas conseguidas. Foi elixido 5 veces coma All-Star e gañou a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de 1996 en Atlanta.
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 24 de agosto de 1965 (59 anos) Riverside, Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Residencia | Riverside | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Riverside Polytechnic High School (en) Universidade de California, Os Ánxeles | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 201 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 84 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista, comentarista, actor | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1987 - 2005 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Baloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Escolta | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Convocado por | Indiana Pacers | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2002 | Campionato mundial de baloncesto de 2002 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1996 | Xogos Olímpicos de 1996 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1994 | Campeonato Mundial de Basquetebol Masculino de 1994 (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Obra | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Obras destacables | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Irmáns | Cheryl Miller Darrell Miller | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Premios | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Miller é un dos cinco Pacers que teñen o seu número, o 31, retirado polo equipo; os outros catro son Roger Brown, Mel Daniels, Bobby Leonard e George McGinnis. Actualmente, traballa coma comentarista da NBA no canal americano TNT.
Traxectoria profesional
editarMiller foi seleccionado polos Indiana Pacers na 11ª posición do Draft da NBA de 1987. Inicialmente, os seareiros de Indiana estaban decepcionados pola elección de Miller, en lugar de Steve Alford, nado en New Castle, Indiana e xogador na Universidade de Indiana. Miller levou o dorsal 31 nos Pacers, e foi o suplente do escolta John Long antes de ser titular. Miller gañouse unha respectable reputación ó axudar aos Pacers a clasificarse para os Playoffs habitualmente.
Tras o traspaso que deixou fóra dos Pacers a Chuck Person durante a postempada de 1992, Miller quedou coma a primeira opción de anotación para Indiana. O 28 de novembro de 1992, anotou a mellor marca da súa carreira, 57 puntos, contra os Charlotte Hornets no Charlotte Coliseum, na vitoria do seu equipo por 134-122. Eses 57 puntos seguen sendo, a día de hoxe, o récord na historia dos Indiana Pacers.
Miller fíxose famoso durante as finais da Conferencia Leste de 1994 contra os New York Knicks, debido a unha grande actuación no 5º partido o 1 de xuño de 1994, no cal anotou 39 puntos, 25 deles no derradeiro cuarto, na vitoria dos Pacers por 93-86 no Madison Square Garden. A vitoria deulles aos Pacers o liderado das series por 3-2, pero perderon os dous seguintes partidos, e por tanto, a posibilidade de alcanzar as Finais da NBA.
O 7 de maio de 1995, Miller anotou oito puntos en 8.9 segundos no 1º partido das semifinais da Conferencia Leste contra os Knicks, liderando ós Pacers a unha gran vitoria por 107-105. Os Pacers derrotaron aos Knicks en sete partidos antes de perder contra os Orlando Magic nas finais da Conferencia en sete partidos, igual que o ano anterior. Preto do remate da tempada 1996-97, Miller caeu ó chan e sufriu unha ferida nun ollo, a cal non lle permitiu xogar nos Playoffs ata o 5º partido da primeira rolda contra os Atlanta Hawks. Os Pacers perderon contra os Hawks e foron eliminados.[3]
Os Pacers fixeron a súa seguinte aparición nas finais da Conferencia Leste en 1998. O 25 de maio, os Pacers perdían 2-1 na serie contra os Chicago Bulls e no 4º partido perdían 94-93 no Market Square Arena en Indianapolis a falta de 2.9 segundos. Miller liberouse da marca de Michael Jordan, colleu o pase de Derrick McKey, deuse a volta e anotou a tripla gañadora a falta de 0.7 segundos do remate do partido. Os Pacers levaron aquela serie ata o decisivo 7º partido en Chicago, onde os Pacers lideraban o marcador no último cuarto antes de virse abaixo nos derradeiros dous minutos. Os Bulls gañaron por 88-83 e remataron gañaron o sexto e último campionato da era Michael Jordan.
Na tempada 1999-00, gañaron 4-2 aos Philadelphia 76ers nas semifinais da Conferencia Leste, chegando ás finais de conferencia por quinta vez en sete anos. Esta vez conseguiron gañaron aos seus rivais, os Knicks, por 4-2, chegando ás Finais da NBA por primeira vez na súa historia, onde se enfrontaron aos Los Angeles Lakers, liderados por Shaquille O'Neal e Kobe Bryant. Os Pacers perderon a final por 4-2, e Miller acadou 24.3 por partido na serie.
Nos derradeiros anos da súa carreira, cedeulle o liderado do equipo ao seu compañeiro Jermaine O'Neal. Miller era un importante líder no vestiario, e serviu de inspiración aos seus compañeiros, que querían gañar un campionato para Miller, quen deixou de ser o maior anotador do seu equipo. O respecto que lle tiña O'Neal a Miller fíxose evidente cando o 4 de xaneiro de 2005, tras anotar 55 puntos contra os Milwaukee Bucks, O'Neal aceptou sentar no banco a falta de 1:43 minutos de xogo, para non superar a marca de Miller de 57 puntos.[4]
O derradeiro partido de Miller foi o 19 de maio de 2005 no Conseco Fieldhouse, na derrota dos Pacers contra os Detroit Pistons por 88-79 nas semifinais da Conferencia Leste, rematando as series cun 4-2. Miller liderou ao seu equipo con 27 puntos. A falta de 15.7 segundos, foi substituído, e o público de Indianapolis púxose en pé para ovacionalo. O adestrador dos Pistons (e antigo adestrador dos Pacers) Larry Brown pediu un tempo morto, durante o cal os xogadores dos Pistons únironse á ovación.
Durante os 18 anos en activo, Miller gañou 105 millóns de dólares e xogou 1.389 partidos cos Pacers. Fixo 2.560 triplas durante a súa carreira, récord na NBA daquela. Esta marca foi superada por Ray Allen.[5]
Notas
editar- ↑ Rhoden, William C. (3 de xuño de 2000). "Sports of The Times; Miller Leaves Calling Card For Knicks". The New York Times. Consultado o 28 de xaneiro de 2008.
- ↑ Brown, Clifton (18 de maio de 1995). "1995 NBA PLAYOFFS; Knicks Sweat It Out Until End but Force Game 6". The New York Times. Consultado o 28 de xaneiro de 2008.
- ↑ Weinberg, Rick. "90: Reggie Miller scores 8 points in 11 seconds". ESPN.com. ESPN Internet Ventures. Consultado o 2007-12-06.
- ↑ "Milwaukee Bucks vs. Indiana Pacers - Recap - January 04, 2005". ESPN.com. ESPN Internet Ventures. Consultado o 2010-05-20.
- ↑ "Reggie Miller NBA & ABA Statistics". Basketball-Reference.com. Arquivado dende o orixinal o 03 de abril de 2013. Consultado o 2011-03-25.