Remixio de Reims
Remixio de Reims[1] (en francés: Remi de Reims), nado en Cerny-en-Laonnois en 437 e finado en Reims o 13 de xaneiro de 533, é un santo da Igrexa católica, bispo de Reims durante 70 anos e apóstolo dos francos. É considerado como o precursor do cristianismo en Francia ao bautizar a Clodoveo I, o primeiro rei dos francos convertido ao cristianismo, e ser o seu confesor.
Nome orixinal | (fr) Remi de Reims |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 437 Cerny-en-Laonnois, Francia |
Morte | 13 de xaneiro de 533 (95/96 anos) Reims, Francia |
Lugar de sepultura | Catedral de Reims Abadia de Saint-Remi (pt) |
Arcebispo católico | |
459 – – Wulfar (en) → Diocese: Arquidiocese de Reims | |
Bishop of Reims (en) | |
533 | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | sacerdote católico, bispo católico, escritor |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 15 de xaneiro |
Familia | |
Fillos | Helaria |
Irmáns | Prince de Soissons |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron The Nuttall Encyclopædia >>>:Remigius, St. Encyclopædia Britannica |
Remixio é un dos patróns católicos secundarios de Francia, como san Martiño de Tours, san Denís de París, santa Xoana de Arco e santa Tareixa de Lisieux.
Traxectoria
editarSegundo a tradición, Remixio naceu no sitio de Cerny-en-Laonnois, preto da cidade de Laon cara ao ano 437 nunha familia da alta sociedade galo romana.
Desde moi temperá idade foi considerado un dos mellores oradores da súa época.[2] Estudou literatura, ordenouse sacerdote e aos 22 anos foi elixido bispo de Reims; o seu irmán Principius xa era bispo de Soissons, e ambos sostiveron correspondencia co gran poeta cristián Sidonio Apolinar.
Tras o matrimonio de Clodoveo I, rei dos francos salios, con Clotilde, ela insistiulle en convertelo ao catolicismo, pero non accedeu ao seu consello ata que, durante a batalla de Tolbiac contra os alamanos (496) decidiu invocar a Cristo e obtivo a vitoria. O 25 de decembro dun ano comprendido entre 496 e 506, o rei e 3000 guerreiros francos do seu exército foron bautizados por Remixio. Deu inicio, entón, á tradición católica da monarquía francesa e obtivo o apoio do clero para a expansión do seu reino. A partir de Henrique I en 1027, todos os reis de Francia foron consagrados en Reims (salvo Lois VI, Enrique IV e Lois XVIII). Aínda que a tradición asegura que boa parte do mérito da conversión se debeu a Remixio, a biografía de San Vedasto de Arrás (máis coñecido como Gastón de Arrás) afirma que tamén contribuíu este personaxe á conversión; pero Gregorio de Tours non o menciona.
Segundo unha tradición, ao faltar o santo óleo para unxir o bautismo do rei, un anxo apareceu en forma de pomba e transformouse nunha bocha de santo óleo que desde entón se utilizou para unxir os reis de Francia. San Remixio pronunciou unha soada frase: «Courbe a tête, fier Sicambre, abaisse humblement ton cou. Adore ce que o tu as brûlé et brûle ce que o tu as adoré», isto é: "Inclina a cabeza, fero sicambre, baixa humildemente o teu pescozo. Adora o que queimaches e queima o que adoraches". Clodoveo I concedeulle varias terras onde Remixio ordenou consagrar varias igrexas. Non asistiu a ningún concilio francés e fíxose representar no de Orleáns de 511.
Remixio foi soterrado na pequena igrexa de Saint-Christophe, hoxe actual basílica de Saint-Remi. En 852, Hincmar, autor tamén da principal das súas biografías, procedeu a reunir as súas reliquias, das que levou unha parte mínima a Sainte-Marie de Reims. A caixa levou a Épernay ao abrigo das invasións normandas en 882 e foi devolta solemnemente en xuño de 883 a Sainte-Marie. En 900, o arcebispo Hervé devolveu as reliquias a Saint-Remi, onde foron veneradas até a Revolución Francesa. O corpo do santo conservouse intacto.
Culto
editarA festa de San Remixio celébrase en Francia o 15 de xaneiro e o 13 no martiroloxio romano. Na diocese de Reims, festéxase o un de outubro conforme unha tradición local que se remonta ao fin do século VI.
En Galicia é padroeiro de tres parroquias na diocese de Lugo. O seu culto nesta zona quizais se deba ao influxo do camiño de Santiago.[3]
Notas
editar- ↑ "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2023-12-02.
- ↑ San Remigio, ETWN, URL último acceso el 05/03/2008.
- ↑ culturagalega.org (2012-03-15). "O culto aos santos en Galicia presenta peculiaridades no contexto peninsular". culturagalega.org (en castelán). Consultado o 2023-12-02.