René Charles Joseph Maire
René Charles Joseph Maire, nado en Gray (Alta Saona) o 29 de maio de 1878 e finado en Alxer o 24 de novembro de 1949, foi un botánico francés.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de maio de 1878 Lons-le-Saunier, Francia |
Morte | 24 de novembro de 1949 (71 anos) Alxer |
Actividade | |
Campo de traballo | Botánica e Micoloxía |
Ocupación | botánico, profesor universitario, micólogo |
Empregador | Universidade de Argel Benyoucef Benkhedda (pt) |
Membro de | |
Obra | |
Abreviación dun autor en botánica | Maire |
Premios | |
Traxectoria
editarA súa carreira botánica comezou moi cedo. Aos 18 anos creou un herbario na Alta Saona, actualmente o museo de historia natural de Gray. En 1905, doutorouse en ciencias, e a partir de 1911 foi profesor de botánica na Facultade das Ciencias de Alxer. Ocupouse principalmente da pescuda da fitopatoloxía no laboratorio da facultade. Recolleu e estudou plantas en Alxeria e en Marrocos de 1902 á 1904. De 1921 ata 1930 o goberno marroquí comisionouno para o estudo da flora do Sáhara central, principalmente da cadea montañosa de Hoggar, en 1928.
Foi membro da "Sociedade Micolóxica da Francia" e da "Sociedade de Historia Natural de Mosela" en Metz a partir de 1897.
Terminou a súa carreira como reitor da Universidade de Alxeria.
Obras
editarPublicou numerosas obras, incluíndo contribucións para o estudo da flora da África do Norte (1918-1931).. A súa obra principal é a Flore de l'Afrique du Nord, en 16 volumes, publicada logo da súa morte en 1953.
Ligazóns externas
editar- (en inglés) Abreviatura oficial e lista de nomes de plantas e fungos atribuídos a R(en inglés)é Charles Joseph Maire no The International Plant Names Index (IPNI) (en inglés).