Reserva natural de Wolon

A reserva natural de Wolon (Wolong na transcrición internacional do alfabeto chinés), no suroeste da provincia chinesa de Sichuan, está dedicada á conservación dos pandas xigantes. Foi incluída na Patrimonio Mundial (lista de lugares) da UNESCO o 12 de xullo de 2006.

Modelo:Xeografía físicaReserva natural de Wolon
Imaxe
Tipoespazo natural protexido
Reserva natural
Reserva da biosfera
división política Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaWenchuan County, República Popular da China (en) Traducir, Ngawa Tibetan and Qiang Autonomous Prefecture, República Popular da China (en) Traducir e Sichuan, República Popular da China Editar o valor en Wikidata
Mapa
 30°51′N 102°53′L / 30.85, 102.89
Características
Superficie200.000 m² Editar o valor en Wikidata
Reserva da biosfera  
IdentificadorEntrada: unesco.org… Editar o valor en Wikidata
World Database on Protected Areas
IdentificadorEditar o valor en Wikidata 95695 Editar o valor en Wikidata
Historia
Data de creación ou fundación1979 Editar o valor en Wikidata

Sitio webchinawolong.gov.cn Editar o valor en Wikidata

A reserva atópase no distrito de Wenchuan, a uns 130 km de Chen-du, a capital da provincia. Ten 200.000 hectáreas consagradas a estes animais, cunha poboación de 154 pandas xigantes (en 2006), o que representa a décima parte de todos os pandas xigantes chineses. Tamén ten un centro de reserva para pandas ananos.

Cazar pandas xigantes, unha das especies zoolóxicas máis ameazadas do mundo, está oficialmente prohibido na China dende 1962. Wolon creouse pois en 1963 e é a máis importante de todo o territorio chinés, onde existen ata 31 destas reservas. En 1980 o goberno chinés creou un centro de investigación permanente na reserva, denominado agora Centro de Cría de Pandas Xigantes de Wolon, que se dedica a estudar o comportamento da cría e do mantemento dos ecosistemas de bambú. Os resultados das súas pescudas expórtanse e aplícanse noutras reservas. En 2004, a reserva e distintos centros de investigación foron ligados por unha rede de telecomunicación sen fíos, o que lles permitiu aos biólogos e ecólogos evitar os desprazamentos polo territorio e vixiar discretamente o comportamento dos pandas xigantes.

O centro ten dous tipos de acollida, as gaiolas de catividade e os espazos de semiliberdade. As gaiolas son de feito amplas parcelas cun cuarto cuberto onde durmir e un espazo aberto, mentres que os espazos de semiliberdade son cercados moi grandes onde os pandas poden adestrar as súas capacidades para viviren en liberdade. O centro ocúpase basicamente de coidar os pandas xigantes en tres situacións:

  • educar os pandas que proceden dunha cría en catividade
  • coidar dos pandas perdidos do seu grupo, ou feridos, ou que perderon a capacidade de sobrevivir no mundo salvaxe.
  • educar os pandas que xa están listos para recuperar a liberdade

Ligazóns externas

editar
  NODES
admin 1
INTERN 1
todo 3