Rhus coriaria
Rhus coriaria | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
Vulnerable[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
''Rhus coriaria'' L., 1753 |
Rhus coriaria é unha especie de Rhus que se emprega principalmente no curtido de coiro; o seu nome científico en latín indícao: coriarii (curtir). É orixinaria do sur de Europa.
Características
editarÉ un arbusto que adoita medrar por riba de 1 m de altura (chegando en ocasións a tres), posúe follas moi verdes con tacto suave que producen un aceite chamado urushiol que non é velenoso pero que ao contacto coa pel xera unha reacción alérxica xerando erupción, o cal aparece de 24 a 48 horas despois do contacto. As flores crecen en forma de ramalletes e posúen unha cor amarela verdosa (despiden un lixeiro cheiro a madreselva), o froito é do tamaño dun chícharo de cor parda-avermellada.
Cultivo
editarHoxe en día cultívase no sur de Italia, así como Sicilia e todo o Oriente Medio.[2] Recóllese xeralmente a finais de verán (mesmo outono) cando a froita da planta empeza a arroibar. Os conxuntos de arbustos atopados espontaneamente polo campo (xeralmente en ribazos ou ladeiras) adoitan ser cultivos de outrora dedicados ao curtido do coiro que se asilvestraron.
Usos
editarCulinarios
editarAínda que o froito inmaturo da planta consumido en certas cantidades pode ser tóxico, pola contra, o froito maduro desta especie de Rhus é coñecido desde a época dos romanos como un acidulante sustitutivo do limón ou o vinagre.[3] É posible que se empregase en vinagretas.
Hoxe emprégase seco (moitas veces xunto con grans de sal ) nas cociñas libanesa e siria como condimento característico para o peixe; os iraquís e turcos (por exemplo en lahmacun), en ensaladas, e os iranianos en pinchos de carne. Se se bota sobre arroz dá unha cor avermellada. É un dos ingredientes da mestura de especias chamada zahtar; tamén se usa na mestura exipcia chamada dukkah .
Industriais
editarUn dos principais usos de Rhus coriaria é no emprego no curtido de coiro debido ao seu alto contido de tanino (13 % e 28 %), emprégase desde moi antigo nos países da zona mediterránea; é moi empregada en Marrocos.[4] Adoita empregarse moído e proporciona ao coiro un cheiro agradable a té, o seu emprego fai ao coiro resistente á luz, debido en parte ás propiedades antioxidantes do ácido gálico que posúe en froito. Hoxe en día é un produto que pode comprarse comercializado.
Nalgunhas ocasións adóitase empregar como mordente para fixar cores no coiro, mellora algunhas cores.
Taxonomía
editarRhus coriaria foi descrita por Carl von Linné e publicada en Species Plantarum 1: 265. 1753.[5]
Rhus: nome xenérico que deriva da palabra grega para "vermello", unha alusión ás rechamantes cores de outono dalgunhas especies.
coriaria: epíteto latino que significa "como coiro".[6]
- Rhus sumac O.Targ.Tozz.
- Toxicodendron coriaria (L.) Kuntze
- Rhus amoena Salisb[7].
Notas
editar- ↑ Participants of the FFI/IUCN SSC Central Asian regional tree Red Listing workshop, Bishkek, Kyrgyzstan (11-13 de xullo de 2006). "Rhus coriaria". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza.
- ↑ "Flowers of Greece and the Balkans". Polunin. O. Oxford University Press 1980 ISBN 0-19-217626-9.
- ↑ "Edible Plants of the World". Hedrick. U. P. Sturtevant's. Dover Publications 1972 ISBN 0-486-20459-6
- ↑ "Economic Botany". Hill. A. F. The Maple Press 1952
- ↑ "Rhus coriaria". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 15 de xullo de 2013.
- ↑ En Epítetos Botánicos
- ↑ Sinónimos en Tela Botánica