Ricardo Costoya Núñez
comerciante e político galego
Ricardo Costoya Núñez, finado en Arzúa o 3 de maio de 1955, foi un comerciante e político galego.
Biografía | |
---|---|
Morte | 3 de maio de 1955 Arzúa, España |
Alcalde de Arzúa | |
1942 – 1943 ← César Rodríguez Carril | |
Alcalde de Arzúa | |
1927 – 1929 ← Emilio Pereiro Quiroga – Jaime García Eiras → | |
Actividade | |
Ocupación | comerciante, político |
Traxectoria
editarComerciante de tecidos en Arzúa. Na ditadura de Primo de Rivera foi concelleiro de Arzúa. Membro da Unión Patriótica,[1] foi nomeado alcalde de Arzúa en 1927. En 1930 instalou o primeiro cine de Arzúa, o Cine Costoya.[2] Na República foi membro da Junta de Partido da Unión Regional de Derechas polo concello de Arzúa,[3] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado alcalde de Arzúa en 1942, permanecendo no posto ata o ano seguinte. Finou en Arzúa o 3 de maio de 1955.[4]
Predecesor: Emilio Pereiro Quiroga |
Alcalde de Arzúa 1927 - 1929 |
Sucesor: Jaime García Eiras |
Predecesor: César Rodríguez Carril |
Alcalde de Arzúa 1942 - 1943 |
Sucesor: Francisco García |
Vida persoal
editarCasou con María García González en 1917,[5] e foi pai de Julio, Ricardo, José, Benjamín, Ana María, Enrique, Manuel, Cesáreo e Ernesto Costoya García.
Notas
editar- ↑ El Eco de Santiago, 25-8-1927, p. 1.
- ↑ Cascón Rodríguez, Armando F. (2005). Arzúa na memoria. Espello histórico dunha terra. Deputación da Coruña. pp. 118–119. ISBN 84-9812-018-7.
- ↑ El Eco de Santiago, 27-7-1932, p. 2.
- ↑ Necrolóxica en La Voz de Galicia, 5-5-1955, p. 6.
- ↑ El Progreso, 7-2-1917, p. 3.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Lanero Táboas, Daniel (2006). Os remendos da memoria. A represión franquista no Concello de Arzúa (1936-1950). Arzúa: Concello. ISBN 84-606-4054-X.
- Lanero Táboas, Daniel (2008). "Unha aproximación á conformación dos poderes locais en Galicia. Arzúa entre a II República e a protoinstitucionalización do réxime franquista (1931-1937)" (PDF). En Universidade de Santiago de Compostela. A patria enteira. Homenaxe a Xosé Ramón Barreiro Fernández. Santiago de Compostela. pp. 171–194. ISBN 978-84-9887-000-8. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de decembro de 2022. Consultado o 02 de xaneiro de 2023.