Richard Linklater
Richard Stuart Linklater, nado en Houston (Texas) o 30 de xullo de 1960[1] é un director de cinema e guionista estadounidense.
(2007) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (en) Richard Stuart Linklater 30 de xullo de 1960 (64 anos) Houston, Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Residencia | Austin | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Sam Houston State University (en) Bellaire High School (en) Austin Community College District (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | guionista, produtor de cinema, realizador, actor, director de cinema, animador | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1985 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Membro de | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | béisbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Obra | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Obras destacables
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Fillos | Lorelei Linklater | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Premios | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Descrito pola fonte | Obálky knih, | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Sitio web | detourfilm.com | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Traxectoria
editarEstudou na Sam Houston State University, ata que a abandonou para traballar nunha perforadora de petróleo no golfo de México. Nese tempo lía novelas e comezou a interesarse polo cinema, empregando os seus aforros na compra dunha cámara de Super 8, un proxector e un equipo de edición. En 1984 entrou no Austin Community College para estudar cinema[2] e o ano seguinte fundou xunto con Lee Daniel a Austin Film Society.
Durante varios anos realizou curtametraxes que máis ben se poden considerar exercicios e experimentos sobre as técnicas cinematográficas. Pouco despois dirixiu Slacker, que cun orzamento de 23.000 dólares recadou máis dun millón. O seu seguinte filme, Dazed and Confused, foi un éxito de crítica, recadou oito millóns de dólares nos Estados Unidos e deu a coñecer o actor texano Matthew McConaughey.
En 1995 gañou o Oso de Ouro en Berlín por Before Sunrise, filme que continuaría cos mesmos actores en anos posteriores.
Xa no século XXI dirixiu filmes de animación como Waking Life e A Scanner Darkly, e comedias comerciais como School of Rock e Bad News Bears. En 2014 estreou o filme Boyhood, que rodou durante doce anos.
Filmografía
editarAno | Título |
---|---|
1988 | It's Impossible to Learn to Plow by Reading Books |
1991 | Slacker |
1993 | Dazed and Confused |
1995 | Before Sunrise |
1996 | SubUrbia |
1998 | The Newton Boys |
2001 | Waking Life |
2001 | Tape |
2003 | School of Rock |
2004 | Before Sunset |
2005 | Bad News Bears |
2006 | Fast Food Nation |
2006 | A Scanner Darkly |
2008 | Me and Orson Welles |
2011 | Bernie |
2013 | Before Midnight |
2014 | Boyhood |
Notas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Richard Linklater |
Ligazóns externas
editar- Richard Linklater na IMDb (en inglés).
- Detour Films (Produtora de Richard Linklater's)
- Entrevista a Richard Linklater
- Richard Linklater en Virtual History