Robbie Williams
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2024.) |
Robert Peter Williams, nado en Stoke-on-Trent (Staffordshire) o 13 de febreiro de 1974, é un músico inglés.
(2024) | |||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (en) Robert Peter Williams 13 de febreiro de 1974 (50 anos) Stoke-on-Trent, Reino Unido | ||||||||||||||||
Embaixador de boa vontade de UNICEF | |||||||||||||||||
Datos persoais | |||||||||||||||||
Residencia | Mulholland Estates (en) | ||||||||||||||||
Educación | St Margaret Ward Catholic Academy (en) | ||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||
Ocupación | cantante, compositor de cancións, produtor musical, actor de televisión | ||||||||||||||||
Período de actividade | 1990 - | ||||||||||||||||
Membro de | |||||||||||||||||
Xénero artístico | Música pop, música para bailar, Britpop, rock alternativo, pop rock, Soft rock e música electrónica | ||||||||||||||||
Tesitura | Tenor | ||||||||||||||||
Instrumento | Voz | ||||||||||||||||
Selo discográfico | Chrysalis EMI Columbia Records Virgin Records Virgin Sony Music Island Records Capitol Records EMI | ||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||
Cónxuxe | Ayda Field (2010–) | ||||||||||||||||
Parentes | Gwen Field, sogra | ||||||||||||||||
Premios | |||||||||||||||||
Descrito pola fonte | Obálky knih, | ||||||||||||||||
Sitio web | robbiewilliams.com | ||||||||||||||||
|
Traxectoria
editarSeu pai, Pete Conway, é un actor de comedia, súa nai, Teresa Jeanette Williams, dona de varios pubs. Cando Robbie só tiña 3 anos, seus pais divorciáronse e el, xunto a súa nai e a súa irmá Sally, foi vivir a unha casa preto do estadio de fútbol do Port Vale FC, do cal é un fanático seguidor. Durante a súa infancia Robbie caracterizábase por ser, como el mesmo di, "o neno gordecho que ía por aí facendo caras e bromas, ata que estiven rodeado dun gran círculo de amigos". Robbie non era coñecido polas súas habilidades académicas, pero si pola súa aptitude para os deportes e a súa popularidade. No instituto estudou até os dezaseis anos, cando deixou os estudos porque quería ser actor.
O seu primeiro traballo foi de vendedor de xanelas na empresa dun familiar. A súa vida cambiou cando respondeu a un aviso nun diario que pedía un membro para a banda Take That. Mark Owen catalogouno como "moi gracioso e moi seguro de si mesmo". Catro semanas despois ofrecéronlle o posto na banda, que resultou ser un éxito en Europa e vendeu en Gran Bretaña máis discos ca The Beatles. O martes 18 de xullo de 1995 Robbie deixou o grupo. Pasados seis meses, Take That decidiu separarse.
Robbie tivo que afrontar seis meses de pelexas legais co seu anterior grupo e unha temporada nunha clínica desintoxicándose das drogas. Máis adiante Robbie sacou o seu primeiro álbum, Life Thru a Lens (1997), disco multiplatino igual có seguinte, I’ve Been Expecting You. O álbum foi moi ben en vendas e obtivo unha moi boa crítica. En 1998 gañou tres premios Brit Awards: Mellor Artista Masculino, Mellor Single (Angels) e Mellor Videoclip (Millenium).
No Glastonbury Festival de 1998, Robbie actuou ante a maior audiencia xamais convocada, nun escenario piramidal. Tamén foi cabeza do cartel en Slane Castle o 28 de agosto de 1999. Vendéronse 80.000 entradas do festival semanas antes da súa celebración.
No 2000 o lanzamento do seu terceiro disco solista, Sing when you are winning, significou o gran boom do seu primeiro sinxelo "Rock DJ", co extravagante videoclip. O seu segundo sinxelo foi "Kids", no cal Robbie foi acompañado por Kylie Minogue, e "Somethin’ Stupid", canción que interpreta con Nicole Kidman.
As súas letras teñen sentido e falan de moitas máis cousas que de amor, entrando no terreo da relixión, ou o da violencia, que a miúdo vai asociado á música actual, igual có consumo de drogas, que Williams nunca escondeu.
Escapology é un disco con estilos variados e grandes temas coma "Feel", que comprenden o son de Blur, Queen e ata os Beatles. Destacan cancións como '"Something Beautiful", "Monsoon", "Sexed up", "Song 3", "Me and my monkey" e seu primeiro single "Feel", unha balada catalogada coma un futuro clásico da súa discografía. Para a promoción de Escapology saíu espido en Internet, porque di que quere compartir os atributos cos que Deus o trouxo ó mundo. O disco deu lugar a unha das súas grandes xiras, durante a que tocou tres días consecutivos, dando lugar a un disco en directo con algunhas das súas mellores cancións, Robbie Williams Live Summer 2003. Ó longo de tres días de agosto, Robbie actuou ante 375.000 fans en Knebworth Park, superando o anterior récord, logrado por Oasis.
Tras un récord de oito anos seguidos encabezando as listas musicais, Robbie Williams lanzou a súa primeira colección de Grandes éxitos. O álbum ofreceu, ademais do primeiro material novo de Robbie en dous anos, unha selección dos mellores temas que marcaron unha das máis destacadas carreiras da historia musical británica. Greatest Hits presentou temas de catro dos álbums de máis éxito de Robbie: Life Thru a Lens, I’ve Been Expecting You, Sing When You’re Winning e Escapology.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Robbie Williams |