Robert Patterson

profesor estadounidense e director da Casa da Moeda
Para o artigo referido ao seu fillo, tamén director da Casa da Moeda dos EEUU, véxase Robert M. Patterson


Robert Patterson, nado en Hillsborough, condado de Down, illa de Irlanda, o 30 de maio de 1743 e finado en Filadelfia o 22 de xullo de 1824, foi un educador estadounidense e director da Casa de Moeda dos Estados Unidos dese 1806 ata o seu falecemento.

Modelo:BiografíaRobert Patterson

Robert Patterson
Director da Casa da Moeda dos Estados Unidos
(1806-1824)

Biografía
Nacemento30 de maio de 1743
Hillsborough, Condado de Down.
Illa de Irlanda.
Morte22 de xullo de 1824 (87 anos)
Filadelfia.
Pensilvania.
País de nacionalidade Estadounidense
Educación Universidade de Pensilvania.
Actividade
OcupaciónEducador, profesor universitario, director da US Mint.
EmpregadorUniversidade de Pensilvania Editar o valor en Wikidata
Membro de
Premios

WikiTree: Patterson-22768 Find a Grave: 38630103 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Primeiros anos e formación

editar

Robert Patterson naceu en maio de 1743 nunha granxa próxima a Hillsborough, no condado de Down, na actual Irlanda do Norte.[1] Era fillo de Jane Walkers e de Robert Patterson. Asistiu á escola local, onde destacou en Matemáticas, aínda que a súa familia non puido proporcionarlle formación universitaria.[2]

A partir da invasión francesa de Irlanda alistouse nas milicias, onde acadou o rango de sarxento, e rexeitou o ofrecemento de ingresar no exército británico para regresar á súa granxa familiar.[2]

Carreira docente en América

editar

En outubro de 1768 emigrou os Estados Unidos. Inicialmente traballou como mestre de escola no condado de Bucks, en Pensilvania, e tamén ensinou navegación baseada na matemática. En 1771 os seus pais e parte da súa familia trasladáronse tamén aos EEUU, atraídos polo seu éxito, e en 1772 Roberts abriu un establecemento comercial en Nova Jersey, con escaso éxito.[1][2]

Abandonado o proxecto comercial, en 1774 aceptou o posto de profesor na Academia Wilmington, en Delaware, aínda que o inicio da guerra de independencia suspendeu esta actividade. Daqeela, Roberts trasladou a súa familia a unha granxa en Nova Jersey e alistouse como instrutor da milicia de Delaware, ata o final da guerra.[2]

En decembro de 1779 logo de que se constituíra a en Filadelfia a Universidade de Pensilvania, solicitou o posto de profesor de Matemáticas e exerceu como tal de 1779 a 1810, e tamén como profesor de Filosofía Natural e vicerreitor desde 1810 ata 1813. En 1814 presentou a dimisión e os seus postos na universidade foron herdados polo seu fillo Robert Maskell Patterson.[1][2][3] En recoñecemento aos seus servizos na Universidade de Pensilvania concedéuselle o doutoramento honorífico en 1819.[2]

Entre outras sociedades e entidades asociativas, Robert Patterson foi membro do Select Council of Philadelfia, que presidiu a partir de 1799, e da American Philosophical Society,[4] da que foi elixido presidente en 1819.[1][2]

Director da casa da Moeda dos EEUU

editar

Patterson mantiña contacto epistolar co presidente Thomas Jefferson, quen o 17 de xaneiro de 1806 o nomeou director da Casa da Moeda dos Estados Unidos, cargo que exerceu ata a súa morte.[1][2][5]

Vida persoal e familiar

editar

Patterson casou o 9 de maio de 1779 con Amy Hunter Ewing, con quen tivo oito fillos, entre eles Robert Maskell Patterson; e unha das súas fillas casou con Samuel Moore. Tanto o primeiro como o segundo dirixiron tamén a Casa da Moeda dos Estados Unidos.[1][2]

Notas

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Evans, G. G. (1893). "Robert Patterso". En Illustrated history of the United States mint... G. G. Evans, Filadelfia. Páxina 102.
  • Smith, P. (2012). "Patterson, Robert". En American Numismatic Biographies. Páxina 282.

Outros artigos

editar

Predecesor:
Elias Boudinot
 
Director da Casa da Moeda dos Estados Unidos

1806-1824
Sucesor:
Samuel Moore

  NODES
todo 1