Robert Simson
Robert Simson, nado en West Kilbrade o 14 de outubro de 1687 e finado en Glasgow o 1 de outubro de 1768, foi un xeómetra escocés, profesor de matemáticas na Universidade de Glasgow. A recta pedal dun triángulo é ás veces denominada "recta de Simson" na súa honra.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de outubro de 1687 West Kilbride (Reino de Escocia) |
Morte | 1 de outubro de 1768 (80 anos) Glasgow (Reino de Gran Bretaña) |
Lugar de sepultura | Ramshorn Cemetery, Glasgow (en) 55°51′35″N 4°14′42″O / 55.8597, -4.245 |
Educación | Universidade de Glasgow (1702–1710) |
Actividade | |
Ocupación | matemático, historiador das matemáticas, profesor universitario |
Empregador | Universidade de Glasgow (1711–1761) |
Obra | |
Obras destacables | |
Doutorando | Colin Maclaurin (pt) e Matthew Stewart (pt) |
Descrito pola fonte | Dictionary of National Biography Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Biblioteca dixital BEIC |
Traxectoria
editarPrimoxénito de John Simson de Kirktonhall, West Kilbride en Ayrshire, Robert Simson estaba destinado a incorporarse á Igrexa, pero a súa mente estaba orientada cara ás matemáticas. Educouse na Universidade de Glasgow, onde obtivo a súa mestría.
Cando se lle abriu a posibilidade de optar á cátedra de matemáticas na Universidade de Glasgow, Simson trasladouse a Londres durante un ano para ampliar os seus estudos. Regresou a Glasgow, e en 1711 accedeu ao cargo de profesor de matemáticas da universidade, posto que mantivo até 1761.[2]
Traballos
editarAs contribucións de Simson ao coñecemento matemático tomaron a forma de comentarios e edicións críticas sobre os traballos dos xeómetras antigos. O primeiro dos seus escritos publicados foi un artigo sobre os "Porismos" de Euclides, incluído nas Transaccións Filosóficas.[3]
Ese traballo foi seguido pola obra titulada Sectionum conicarum libri V (Edimburgo, 1735), cuxa segunda edición con adicións apareceu en 1750. Os primeiros tres libros deste tratado traducíronse do latín ao inglés, reeditándose varias veces como Os Elementos das Seccións Cónicas. En 1749 publicouse Apollonii Pergaei locorum planorum libri II, unha recreación do tratado perdido de Apolonio, baseándose nos lemas contidos no sétimo libro da Colección Matemática de Pappus.
En 1756 publicou a primeira edición en latín e en inglés dos Elementos de Euclides. Este traballo (que só contiña os seis primeiros libros, o undécimo e o duodécimo), pasou a ser durante moito tempo a referencia do texto de Euclides en Inglaterra.
Tras a morte de Simson, os seus principais traballos foron publicados en 1776 por Earl Stanhope, incluídos nun volume recompilatorio titulado Roberti Simson opera quaedam reliqua. O volume contén tamén disertacións sobre Logaritmos e sobre os Límites de Cantidades e Proporcións, así como uns cantos problemas ilustrando a análise xeométrica antiga.
Notas
editar- ↑ Robert Simson Arquivado 01 de xullo de 2020 en Wayback Machine.. University of Glasgow (multi-tab page)
- ↑ "Simson, Robert". Dictionary of National Biography (en inglés). Londres: Smith, Elder & Co. 1885–1900. OCLC 2763972..
- ↑ (1723, vol. xl. p. 330)
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- William Trail (1812) Life and Writings of Robert Simson en Google Books.
- Charles Hutton (1815) Mathematical and Philosophical Dictionary, volume II, p. 395-398 (online copy en Google Books., p. 395, en )
Ligazóns externas
editar- Robert Simson, The Elements of Euclid... Errors Corrected... also The Book of Euclid's Data... Corrected 12th ed. (1804)
- Robert Simson's biography at MacTutor archive.
- Simson's line from Cut-the-Knot
- A Scottish sundial erected by Robert Simson at Kirktonhall, West Kilbride.
- The Memorial to Robert Simson in West Kilbride