Robert Siodmak
Robert Siodmak, nado en Dresden (Alemaña) o 8 de agosto de 1900 e finado en Ascona (Suíza) o 10 de marzo de 1973 foi un director de cinema estadounidense de orixe alemá.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de agosto de 1900 Dresden, Alemaña |
Morte | 10 de marzo de 1973 (72 anos) Locarno (Suíza) |
Actividade | |
Lugar de traballo | Alemaña |
Ocupación | director de cinema, actor, produtor de cinema, guionista, realizador |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Irmáns | Curt Siodmak |
Premios | |
| |
|
Traxectoria
editarSiodmak traballou como director de escena e como banqueiro antes de converterse en montador e guionista para Curtis Bernhardt en 1925. En 1929 convenceu o seu primo Seymour Nebenzal para que financiase o seu primeiro filme, Menschen am Sonntag, escrito polo seu irmán Curt Siodmak. Co ascenso do Nazismo, Siodmak, de orixe xudía, abandonou Alemaña para ir a París e finalmente a Hollywood, onde chegou en 1939.
Desde 1941 comezou a dirixir filmes de serie B para varios estudios antes de conseguir un contrato de sete anos con Universal Studios en 1943, na que adoitaba ser empregado para salvar producións problemáticas. O seu primeiro filme de serie A foi Cobra Woman en 1944. Ese mesmo ano dirixiu o seu primeiro filme negro, xénero que lle daría recoñecemento. En 1946 conseguiu unha candidatura ao Oscar ao mellor director por Os asasinos.
En 1952, trala problemática produción de O temible burlón marchou a Europa, onde dirixiu Die Ratten, Oso de Ouro no festival de Berlín, ou Nachts, wenn der Teufel kam. Volveu a Hollywood en 1967 para dirixir A última aventura do xeneral Custer, que foi outra decepción.
Finou en 1973, sete semanas despois do pasamento da súa dona.
Filmografía
editar- Menschen am Sonntag (1930)
- Abschied (1930)
- Der Kampf mit dem Drachen oder: Die Tragödie des Untermieters (1930)
- The Man in Search of His Murderer (1931)
- Voruntersuchung (1931)
- Storms of Passion (1932)
- Quick (1932)
- The Burning Secret (1933)
- Le Sexe Faible (1933)
- La Crise est finie (1934)
- La Vie Parisienne (1935)
- Mister Flow (1936)
- Cargaisons Blanches (Le Chemin de Rio) (1937)
- Mollenard (1938)
- Ultimatum (1938, sen acreditar)
- Pieges (1939)
- West Point Widow (1941)
- Fly-by-Night (1942)
- My Heart Belongs to Daddy (1942)
- The Night Before the Divorce (1942)
- Someone to Remember (1943)
- Son of Dracula (1943)
- Phantom Lady (1944)
- Cobra Woman (1944)
- Christmas Holiday (1944)
- The Suspect (1945)
- The Strange Affair of Uncle Harry (1945)
- The Spiral Staircase (1945)
- Os asasinos (1946)
- A través do espello (1946)
- Time Out of Mind (1947)
- Cry of the City (1948)
- Criss Cross (1948)
- The Great Sinner (1949)
- The File on Thelma Jordon (1949)
- Deported (1950)
- The Whistle at Eaton Falls (1951)
- O temible burlón (1952)
- Le Grand Jeu (1954)
- Die Ratten (1955)
- Mein Vater, der Schauspieler (1956)
- Nachts, wenn der Teufel kam (1957)
- Katia (1959)
- Dorothea Angermann (1959)
- The Magnificent Sinner (1959)
- The Rough and the Smooth (1959)
- Der Schulfreund (1960)
- L'Affaire Nina B. (1961)
- Escape from East Berlin (1962)
- Der Schut (1964)
- Der Schatz der Azteken (1964)
- Die Pyramide des Sonnengottes (1965)
- A última aventura do xeneral Custer (1967)
- Kampf um Rom I (1968)
- Kampf um Rom II (1969)