Roberto II de Borgoña
Roberto II de Borgoña, nado en 1248 e finado en Vernon-sur-Seine en 1306, foi duque de Borgoña entre 1271 e 1306.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1248 |
Morte | 21 de marzo de 1306 (57/58 anos) Vernon, Francia |
Lugar de sepultura | Abadia de Cister (pt) |
Grand Chamberman of France (en) | |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Obra | |
Obras destacables
| |
Outro | |
Título | Duque de Borgoña (1272 (Gregoriano)–1306 (Gregoriano)) |
Familia | Casa de Borgoña |
Cónxuxe | Inés de Francia, duquesa de Borgoña (1279 (Gregoriano)–) |
Fillos | Marguerite de Bourgogne, Jean de Bourgogne, Branca de Borgoña e de Francia, Margarida de Borgoña, Xoana de Borgoña, Hugo V de Borgoña, Eudes IV de Borgoña, Lois de Borgoña, Marie de Borgoña, Robert of Burgundy |
Pais | Hugo IV de Borgoña e Iolanda de Dreux, Duquesa da Borgonha |
Irmáns | Adelaide de Borgonha Isabel de Borgonha Beatriz de Borgonha Margarida da Borgonha João de Borgonha, Conde de Charolais Eudo de Borgonha, Conde de Nevers |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Traxectoria
editarOrixes familiares
editarNaceu en 1248, sendo o terceiro fillo masculino do duque Hugo IV de Borgoña e da súa primeira muller Iolanda de Dreux. Era neto por liña paterna de Odón III de Borgoña e Alicia de Lorena.
Matrimonios e descendentes
editarCasou coa princesa Inés de Francia, filla de Lois IX de Francia e Margarida da Provenza en 1279. Desta unión naceron:
- O infante Xoán de Borgoña (1279 - 1283).
- A infanta Margarida de Borgoña (1285 - morta moi nova).
- A infanta Branca de Borgoña (1288 - 1348), que casou en 1307 co conde Eduardo I de Savoia.
- A infanta Margarida de Borgoña (1290 - 1315), que casou en 1305 co futuro rei de Francia e Navarra Lois X.
- A infanta Xoana de Borgoña (1293 - 1348), que casou en 1313 co futuro rei de Francia e Navarra Filipe VI.
- O infante Hugo V de Borgoña (1294 - 1315), duque de Borgoña.
- O infante Odón IV de Borgoña (1295 - 1349), duque de Borgoña .
- O infante Lois de Borgoña (1297 - 1316), rei titular de Tesalónica.
- A infanta María de Borgoña (1298 -?), que casou en 1310 con Eduardo I de Bar.
- O infante Roberto de Borgoña (1302 - 1334), conde de Tonnerre.
Morte
editarRoberto II morreu o 21 de marzo de 1306 en Vernon-sur-Seine e foi enterrado en Cîteaux.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Roberto II de Borgoña |