O estilo Rococó naceu en Francia a principios do século XVIII. Caracterízase pola opulencia e a elegancia, con cores vivas, en contraste co pesimismo e a escuridade do barroco, tendencia artística coa que é frecuentemente confundido, pero foi unha reacción contra o barroco serodio e, ao contrario que aquel, pretendía máis agradar ca impresionar. Desenvolveuse durante os reinados de Lois XV e Lois XVI. Foi substituído polo Neoclasicismo.

Definición

editar

O termo rococó provén da palabra francesa rocaille (pedra) e coquille (cuncha), dado a preferencia polas formas onduladas e irregulares. O rococó defínese polo gusto das cores pasteis, suaves e claras. Predominan as formas naturais, e ten en común co barroco o gusto polo recargado. É unha arte mundana, sen conexión coa relixión, que trata temas da vida, de galáns e aristócratas, así como gusto polo exótico e oriental. Reflíctense paisaxes luminosas e coloridas. Non simbolizan nada social nin espiritual, só superficialidade. Fundaméntase na liña curva, que chega ata as súas últimas consecuencias.

Historia do Rococó

editar

Inicialmente, o novo estilo aplicouse na decoración de interiores, de aí o seu sobrenome de arte de salón. Despois do reinado de Lois XIV, admirador do barroco, os deseños recargados deron paso a formas máis suaves e coloridas. Proliferou na corte francesa, e logo entre as altas clases sociais, dado o seu carácter aristócrata.

A súa maior expansión foi no período de 1730. Pasou da arquitectura e decoración, Juste-Aurèle Meissonnier foi fundamental para a súa expansión, á pintura e escultura, con autores como Antoine Watteau e François Boucher. Acolleuse con entusiasmo en Alemaña, Bohemia e Austria, onde se mesturou co barroco e foi aplicado en numerosos pazos e igrexas. En Italia, Francesco Borromini e Battista Guarini, autores enmarcados no barroco tardío, víronse influenciados polo rococó.

Rococó en España

editar
 
Formas onduladas da fachada da Catedral de Cádiz

A evolución do barroco para o recargamento ornamental xerou en España o estilo churrigueresco, de certo modo emparentado co Rococó, pero de raíz autóctona: José de Churriguera (1665-1725), arquitecto e escultor español, e os seus irmáns Joaquín e Alberto, tamén artistas que cultivaron o mesmo estilo, déronlle nome, aínda que este estilo, plasmado sobre todo na arquitectura e nos retablos, non foi exclusivamente seu: destacaron nel Pedro de Ribera, que traballou en Madrid construíndo o antigo hospicio de San Fernando (1722-1729, hoxe Museo Municipal), o cuartel do Conde Duque (1720) e a ponte de Toledo (1723-1724). En Toledo traballou Narciso Tomé e en Sevilla Leonardo de Figueroa, un arquitecto e decorador moi destro que fixo a portada do pazo de San Telmo (1724-1734). Francisco Hurtado Izquierdo realizou os sagrarios da catedral de Granada (1704) e da cartuxa do Paular (Madrid, 1718). En Levante destacan o pazo do marqués de Dos Aguas (1740-1744) de Valencia, remodelado por Hipólito Rovira, e a fachada da catedral de Murcia (1741-1792), do valenciano Jaime Bort. En Galicia é preciso citar a gran fachada do Obradoiro (1738-1749), de Fernando Casas e Novoa. Coexistindo con este postbarroco autóctono, o rococó francés chegou á corte de Filipe V a través das súas esposas. Non chegou a difundirse demasiado, por ser un estilo elitista e estar afastado dos temas relixiosos. O murciano Francisco Salzillo inspirouse nas formas delicadas do rococó; tamén pode incluírse a Francisco Hurtado Izquierdo, quen pode ser integrado como arquitecto do churrigueresco. Como pintores do rococó españois destacan Luis Meléndez e Luis Paret; Giabattista Tiépolo traballou tamén en España xunto a Mengs. En arquitectura, un claro exemplo de rococó en España é a catedral de Cádiz.

Rococó en Portugal e no Brasil

editar

En Portugal apareceu na numismática arredor de 1726 e prolongouse até 1790 nos principais dominios artísticos. Na corte e no Sul do país desapareceu máis cedo, dando lugar ao neoclasicismo. É nas provincias do norte, particularmente noroeste, que se encontra a versión máis orixinal da creación artística rococó, grazas á talla dourada de formas "gordas" de certas igrexas do Porto, Braga, Guimarães etc., executada por artistas da segunda metade do século XVIII (Fr. José António dos Santos Vilaça, Francisco Pereira Campanhã etc.) e na escultura ganítica, que decora numerosos edificios relixiosos e profanos na mesma área: igrexa da Orde Terceira do Carmo (1758-68) por José Figueiredo Seixas, Capela do Terço (1756-75); en Viana do Castelo, a capela dos Malheiros Reimões etc.

No Brasil este estilo revelouse na escultura de madeira e de «pedra-xabón», na pintura mural e na arquitectura, con José Pereira Arouca, Francisco Xavier de Brito, Manuel da Costa Ataíde e António Francisco Lisboa, o Aleijadinho.

Artistas do Rococó

editar

Españois:

Franceses:

Ingleses:

Italianos:

  NODES
dada 2
dada 2
Done 1
orte 4
see 1