Rodrigo Sorogoyen
Rodrigo Sorogoyen del Amo, nado en Madrid o 16 de setembro de 1981, é un director de cinema, realizador e guionista español, galardoado cos premios Goya 2019 ao mellor director e ao mellor guión orixinal -compartido con Isabel Peña- polo filme El reino (2018) que gañou sete Premios Goya e cinco premios Feroz e premios Goya 2023 ao mellor director e ao mellor guión orixinal -compartido con Isabel Pena- polo filme As bestas. Os seus filmes Stockholm (2013) e Que Dios nos perdone (2016) tiveron tamén un gran recoñecemento por parte da crítica e do público.[1]
(2019) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de setembro de 1981 (43 anos) Madrid, España |
Educación | Escola de Cinematografía e do Audiovisual da Comunidade de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | director de cinema, produtor de cinema, guionista |
Período de actividade | 2008 - |
Premios | |
| |
Traxectoria
editarNado en Madrid o 16 de setembro de 1981, Rodrigo Sorogoyen del Amo é neto e sobriño dos directores de cine Antonio del Amo e José Luis Madrid respectivamente.[2] Licenciouse en Historia pola Universidade Complutense de Madrid. En 2001, estudou Guión Cinematográfico na Escola de Cinema Septima Ars de Madrid. En 2004, matriculouse na Escola de Cinematografía da Comunidade de Madrid (ECAM) e comezou os seus primeiros traballos como guionista de ficción.[3]
Comezos
editarEn 2008 codirixiu o filme 8 citas, en colaboración con Peris Romano. A cinta, rodada en Madrid, é unha comedia romántica a través de oito historias. Salienta o traballo de actores como Fernando Tejero, Belén Rueda, Verónica Echegui, Jordi Vilches, Raúl Arévalo, Ana Wagener, Miguel Ángel Solá ou Arturo Valls. Foi presentada no Festival de Cine de Málaga, onde tivo unha boa acollida. En 2010, xunto a tres compañeiros da ECAM, fundou o produtora Caballo Films.[4]
Rodrigo Sorogoyen dirixiu unha vintena de telefilmes para series como Impares (2008), La pecera de Eva (2010), Vida loca (2011) e Frágiles (2013).
Dirección
editarEn 2013 estreouse Stockholm, con guión de Isabel Peña e Sorogoyen. Trátase dunha historia real con vontade hiperrealista. Financiada mediante micromecenado, a cinta tivo un orzamento de 60.000 euros.[5][6] A cinta, protagonizada por Aura Garrido e Javier Pereira, foi galardoada con tres Biznagas de Prata no Festival de Cine de Málaga. Ademais obtivo unha mención especial, o premio Signis ao mellor filme e o premio do Xurado Novo tamén ao mellor filme. Sorogoyen obtivo o galardón ao mellor director e o premio ao mellor guión novel, xunto á súa coguionista Isabel Peña. Un dos seus protagonistas, Javier Pereira, recibiu o Goya ao mellor actor revelación.[4]
O filme Que Dios nos perdone (2016), con guión de Isabel Peña e Sorogoyen, contou con actores como Antonio de la Torre, Roberto Álamo e Javier Pereira.[7]
En xaneiro de 2019 con El reino foi o gran vencedor dos premios Feroz 2019. O filme logrou cinco das 10 figuras ás que optaba: mellor filme dramático, mellor director, mellor actor protagonista (Antonio de la Torre), mellor actor secundario (Luis Zahera) e mellor guión con Isabel Peña.[8]
Nos premios Goya 2019 gañou o premio á mellor dirección e ao mellor guión orixinal -compartido con Isabel Peña- por El reino (2018).
Filmografía
editarCinema
editar- 2008: 8 citas
- 2013: Stockholm
- 2016: Que Dios nos perdone
- 2017: Madre (curtametraxe)
- 2018: El reino
- 2019: Madre
- 2022: As bestas
Series e telefilmes
editar- 2008-2010 Impares (Serie de 43 episodios)
- -Episodio 2.33 (2010)
- -Episodio 2.32 (2010)
- -Episodio 2.31 (2010)
- -Episodio 2.30 (2010)
- -Episodio 2.29 (2010)
- 2010-2011 La pecera de Eva (Serie de 221 episodios)
- -Episodio 4.39 (2011)
- -Episodio 4.37 (2011)
- -Episodio 4.52 (2011)
- -Episodio 4.51 (2011)
- -Episodio 4.50 (2011)
- 2010-2011 Impares Premium (Serie de 10 episodios)
- -Episodio 1.10 (2011)
- -Episodio 1.9 (2010)
- -Episodio 1.8 (2010)
- -Episodio 1.7 (2010)
- -Episodio 1.6 (2010)
- 2011 Vida loca (Serie de 6 episodios)
- -La madre que te parió (2011)
- -Goteras en el paraíso (2011)
- -Que si la abuela fuma (2011)
- -Haciendo el primo (2011)
- -Han bailado bingo (2011)
- 2013 Frágiles (Serie de 13 episodios)
- -Sin miedo a nada (2013)
- -El extraterrestre (2013)
- -La monja milagrosa (2013)
- -El deportista atropellado (2013)
- -Viejos amigos (2013)
- 2014 El iluso (curtametraxe)
- 2015 Rabia (Serie de 1 episodio)
- La caza (2015)
- 2020 En casa (Serie de 1 episodio)
- -Una situación extraordinaria (2020)
- 2020 Antidisturbios (Serie de Movistar+, de 6 episodios)
- 2021 Historias para no dormir (Tempada 1, Amazon Prime Video)
Notas
editar- ↑ "Por amor al arte: Javier Pereira y Rodrigo Sorogoyen". Luceral.es. Arquivado dende o orixinal o 21 de decembro de 2016. Consultado o 7 de decembro de 2016.
- ↑ Jose (19 de novembro de 2018). "Ha finalizado el rodaje de “Madre”, la nueva película de Rodrigo Sorogoyen". nosolocine (en castelán). Consultado o 24 de febreiro de 2019.
- ↑ Crítica película Stockholm de Rodrigo Sorogoyen Arquivado 24 de xaneiro de 2022 en Wayback Machine., na web El blog de Ivan Rumar.com, consultado o 7 de decembro de 2016.
- ↑ 4,0 4,1 "Ruy Sorogoyen: “Elegí el cine porque quería ser feliz trabajando en lo que me gustaba”". El Blog-The Blog-Le Blog. Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2016. Consultado o 7 de decembro de 2016.
- ↑ Así es ‘Stockholm’, la película de la que posiblemente seas productor, na web Cinemania.es, consultada o 7 de decembro de 2016.
- ↑ Ficha de la película Stockholm Arquivado 13 de abril de 2021 en Wayback Machine., na web Guiadelocio.com, consultada o 07/12/2016.
- ↑ Ficha de la película Que Dios nos perdone Arquivado 24 de maio de 2022 en Wayback Machine., na web Guiadelocio.com, consultada o 07/12/2016.
- ↑ "Los Premios Feroz 2018 coronan a 'El reino' de Rodrigo Sorogoyen". eldiario.es (en castelán). Consultado o 20 de xaneiro de 2019.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rodrigo Sorogoyen |