Ronin (filme)
Ronin é un filme estadounidense de acción dirixido por John Frankenheimer que se estreou en 1998. Estreouse en galego na TVG o 4 de marzo de 2010.[3]
Ronin | |
---|---|
Logotipo do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Ronin |
Director | John Frankenheimer |
Produtor | Frank Mancuso Jr. |
Guión | David Mamet |
Intérpretes | Robert De Niro Jean Reno Natascha McElhone Stellan Skarsgård Sean Bean Jonathan Pryce |
Música | Elia Cmiral |
Fotografía | Robert Fraisse |
Montaxe | Tony Gibbs |
Estudio | FGM Entertainment United Artists |
Distribuidora | Metro-Goldwyn-Mayer |
Estrea | 25 de setembro de 1998 4 de marzo de 2010 (TVG) |
Duración | 121 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Acción |
Orzamento | $55.000.000[1] |
Recadación | $70 692 101[2] |
Na rede | |
Sinopse
editarÓ igual que os samurai sen honra do Xapón, chamados Rōnin, en Europa abundan os expertos en perigosas operacións secretas que venden os seus servizos ó mellor poxador. Estes mercenarios limítanse a cumprir a misión que lles encomendaron, pero ignoran para quen traballan e cales son os verdadeiros obxectivos da súa actividade. Neste caso, só saben que deben facerse cunha misteriosa maleta.
Personaxes
editar- Robert De Niro como Sam
- Jean Reno como Vincent
- Jonathan Pryce como Seamus O'Rourke
- Natascha McElhone como Deirdre
- Stellan Skarsgård como Gregor
- Sean Bean como Spence
- Skipp Sudduth como Larry
- Michael Lonsdale como Jean-Pierre
- Jan Tříska como Dapper Gent
- Féodor Atkine como Mikhi
- Katarina Witt como Natacha Kirilova
- Bernard Bloch como Sergi
Produción
editarO escritor David Mamet é visto nos créditos finais da película como "Richard Weisz", segundo se informa por mor dunha desilusión que el tivo debido a compartir o crédito con J. D. Zeik (o escritor orixinal). Segundo a produción, as contribucións de Mamet foron "menores, limitadas ao personaxe de Deirdre e a algunhas das escenas de Sam (Robert De Niro)". Segundo Frankenheimer, "Os créditos deberían dicir: Argumento por J. D. Zeik, Guión por David Mamet. Nós non tomabamos unha liña do guión de J.D. Zeik".[4] Isto foi confirmado por unha copia do guión de Zeik amosando as súas contribucións menores.[5]
O título é derivado do nome xaponés rōnin, usado para o samurai que non ten señor ao que servir, e cuxas motivacións son, en grande medida, de diñeiro e supervivencia en lugar da honra e o deber. Moitos dos personaxes da película son axentes desempregados que están á deriva á fin da guerra fría. A película fai referencia co nome Ronin á lenda xaponesa dos 47 rōnin, aludindo ás identidades dos protagonistas da película.
Ronin é notábel polas súas persecucións en coches, especialmente unha bastante longa a través das rúas e túneles de París, tanto é así que algunhas escenas requiriron até 150 especialistas. O traballo realizado nas persecucións con coches ten sido unha especialidade de Frankenheimer, que era un antigo piloto de carreiras, dende entón até a súa película filmada en 1966, Grand Prix. Aínda que as secuencias de acción eran a miúdo tomadas por un segundo director, Frankenheimer fíxoo todo el mesmo. Aínda que era consciente das moitas innovacións en efectos especiais dese entón, elixiu filmar estas secuencias de forma real, sen efectos especiais, para obter un maior nivel de autenticidade. De feito, en moitas das escenas a alta velocidade estiveron os actores nos vehículos. Skipp Sudduth fíxoo case todo conducindo el mesmo,[6] namentres que outros coches eran conducidos por especialistas co volante no lado dereito do vehículo e os choques eran realizados tamén por un especialista.
Os contidos da maleta nunca foron revelados (véxase MacGuffin). Mamet escribiu que el cría que a revelación deses detalles podería ser algo demasiado obvio, polo que o director deixou que os espectadores imaxinaran que é o que había dentro da maleta e responderan a resposta por eles mesmos. Esta é unha técnica que Mamet realizou constantemente nos seus filmes.
Notas
editar- ↑ BoxOfficeMojo.com
- ↑ "Ronin (1998) - Financial Information". The Numbers. Consultado o 2024-07-24.
- ↑ "Ronin na TVG". Diario Siglo XXI. 3 de marzo de 2010. Arquivado dende o orixinal o 14 de outubro de 2013. Consultado o 12 de outubro de 2013.
- ↑ Harrison, Eric (5 de agosto de 1998). "Mamet Versus Writers Guild, the Action Thriller Sequel". Los Angeles Times.
- ↑ Zeik, J.D. (20 de maio de 1997). "RONIN: an original screenplay". The Internet Movie Script Database (IMSDb).
- ↑ Trivia for Ronin (1998). www.imdb.com.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)
- Ficha en AllMovie (en inglés)