Rosh HaAyin
Rosh HaAyin (en hebreo רֹאשׁ הָעָיִן, en árabe روش هاعين, literalmente Fonte Superior) é unha cidade de Israel pertencente ao Distrito Centro de Israel. Ao oeste de Rosh HaAyin está a fortaleza de Antipatris e a fonte do río Yarkon. Ao sueste está a fortaleza de Migdal Afek (Migdal Tzedek).[1] No ano 2009 a poboación da cidade era de 38.500.[2] A cidade está situada a 25 km ao leste de Tel-Aviv.
רׂאש הַעָיִן (he) | ||||
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Israel | |||
Distrito | Distrito Central (pt) | |||
Subdistrito | Petah Tikva (sub-district) (en) | |||
Poboación | ||||
Poboación | 56.300 (2018) (2.308,32 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 24,39 km² | |||
Altitude | 30 m | |||
Datos históricos | ||||
Cronoloxía | ||||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 48100–48104 | |||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Sitio web | rosh-haayin.muni.il |
Historia
editarRosh HaAyin foi fundada na década de 1950 preto do lugar onde se atopaba a antiga Antipatris, nos terreos da vila palestina de Majdal Sadek, tamén coñecida como Majdal Yaba (que significa torre de Iafa). Os residentes palestinos foron forzados a marchar en xullo de 1948, logo de que se establecera o estado de Israel. Moitos dos xudeus residentes logo de 1950 eran xudeus iemenís chegados en avión a Israel en 1949 e 1950 na Operación Alfombra Máxica.
Durante décadas Rosh HaAyin foi coñecida como "a cidade iemení". Así a todo, na década dos '90 construíronse novos e grandes barrios, constituíndo de feito unha nova cidade que atraeu a un considerable número de xudeus doutras orixes. A cidade mantén aínda, con todo, unha gran poboación iemení, concentrada principalmente nos varrios máis vellos.
Demografía
editarSegundo o Israel Central Bureau of Statistics (CBS), en 2001 o principal grupo étnico na cidade eran os xudeus e os non-árabes, cun 99,8 % da poboación, non contando cunha poboación árabe significativa. Tiña 17.400 homes e 17.400 mulleres.
Hai unha gran cantidade de xente nova, sendo a porcentaxe por idades de:
- 40,7 % de 0-19 anos.
- 12,7 % de 20-29 anos.
- 25,8 % de 30-44 anos.
- 13,0 % de 45-59 anos.
- 2,6 % de 60-64.
- 5,3 % de 65 anos e máis.
A taxa de crecemento anual está en torno ao 2,5 %.
Cidades irmás
editarNotas
editar- ↑ "Rosh Ha'Ayin". Partnerships with Israel. Jewish Agency for Israel. Arquivado dende o orixinal o 24-09-2008. Consultado o 17-10-2012.
- ↑ "Table 3 - Population of Localities Numbering Above 2,000 Residents and Other Rural Population" (PDF). Israel Central Bureau of Statistics. 2009-12-31. Consultado o 17-10-2012.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Sitio web oficial (en hebreo) (en inglés)
- Imaxes en pbase.com