Roy Makaay

futbolista neerlandés

Rudolphus "Roy" Antonius Makaay, nado en Wijchen (Güeldres) o 9 de marzo de 1975, é un exfutbolista neerlandés, que xogaba de dianteiro. Considerado un dos mellores atacantes da súa xeración, marcou máis de 300 goles ao longo da súa carreira, destacando especialmente como xogador do Deportivo da Coruña e do Bayern de Múnic. Foi o máximo goleador do club galego na tempada que este gañou o seu único título da liga de Primeira División e tres anos despois proclamouse máximo anotador da propia liga española e de todas as ligas europeas, con 29 tantos, gañando así o Trofeo Pichichi e a Bota de Ouro.

Modelo:BiografíaRoy Makaay

(2007) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento9 de marzo de 1975 Editar o valor en Wikidata (49 anos)
Wijchen, Países Baixos (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Outros nomesRoy Makaay Editar o valor en Wikidata
Altura188 cm Editar o valor en Wikidata
Peso75 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1993 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaPaíses Baixos Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
LigaFußball-Bundesliga Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1993–1997 Vitesse Arnhem 109(42)
1997–1999   CD Tenerife 72(21)
1999–2003   Deportivo da Coruña 133(79)
2003–2007 FC Bayern München 129(78)
2007–2010 Feyenoord Rotterdam 83(36)
2008–2008 selección olímpica de fútbol dos Países Baixos 3(2)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1993–1996   Países Baixos sub-21 31(15)
1996–2005   Países Baixos 43(6)
Participou en
2008Xogos Olímpicos de 2008
2004Eurocopa de Fútbol Portugal 2004
2000Eurocopa de 2000 Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsErik Makaay Editar o valor en Wikidata
Premios

Sitio webroymakaay.com Editar o valor en Wikidata
Instagram: roymakaayofficial FIFA: 177717 UEFA: 23073 Editar o valor en Wikidata

En 2003 deixou o Deportivo, sendo un dos máximos goleadores da historia do club, e fichou polo Bayern, onde xogou durante os seguintes catro anos. No equipo bávaro marcou máis de 100 goles e sumou cinco novos títulos, entre eles dúas Bundesligas e dúas Copas de Alemaña. En 2007 regresou ao seu país para xogar ata a súa retirada no Feyenoord, co que gañou unha Copa dos Países Baixos.

Foi internacional coa selección neerlandesa entre 1996 e 2005 e disputou con esta as Eurocopas de 2000 e 2004. Participou tamén nos Xogos Olímpicos de 2008 na China, capitaneando á selección neerlandesa.

Traxectoria

editar

Comezos

editar

Comezou a xogar ao fútbol nas rúas da súa cidade natal, Wijchen, e nas filas do SC Woezik, un modesto equipo local.[1] Posteriormente pasou polo SC DIOSA de Balgoij e polo SV Blauw Wit de Nimega, e realizou unha proba co NEC Nijmegen, pero foi rexeitado.[1] Por recomendación do seu adestrador, probou entón no Vitesse Arnhem, onde asinou o seu primeiro contrato profesional con só 15 anos.[2][1]

Vitesse

editar

Debutou co primeiro equipo do Vitesse na Eredivisie en 1993, nun encontro ante o Maastricht,[3] e marcou un só gol durante a súa primeira campaña, na que xogou case sempre como suplente. Con todo, non tardou en destacar durante os seguintes anos, nos que o Vitesse acabou a liga sempre entre os seis primeiros clasificados.[1] Foi o máximo goleador do equipo tres tempadas consecutivas (entre 1994/95 e 1996/97) e acabou como o terceiro máximo anotador do campionato na última delas, con 19 dianas, só por detrás de Luc Nilis e John Bosman.[4] Durante esa última campaña chegou a anotar catro goles nun mesmo partido de liga ante o Fortuna Sittard.[5]

O seu rendemento chamou a atención do Tenerife, que o fichou no verán de 1997, xunto ao seu compañeiro Ferdi Vierklau, pagando arredor duns 1.500 millóns de pesetas por ambos.[6] Deixou o Vitesse como o máximo goleador da historia do club na Eredivisie, con 42 goles en 109 partidos, aínda que foi superado pouco despois polo grego Nikos Machlas.

Tenerife

editar

Xogou o seu primeiro partido no Heliodoro Rodríguez López o 17 de agosto, no Trofeo 75º Aniversario do Club Deportivo Tenerife, un torneo amigable no que Makaay marabillou á afección canaria con catro goles en nove minutos ante o Werder Bremen alemán (4-0).[7][8] Debutou oficialmente co conxunto de Víctor Fernández na Primeira División na xornada inaugural da tempada 1997/98, xogando de titular fronte ao Deportivo da Coruña no Heliodoro Rodríguez López, nun partido que acabou sen goles. Marcou o seu primeiro gol co club canario na terceira xornada, ante o Compostela no estadio San Lázaro de Santiago, superando ao gardameta Rafa Gómez cun disparo pola escuadra.[9][10]

Completou o seu primeiro ano en España cun total de 37 partidos, 20 deles como titular, e só 7 goles, nunha convulsa campaña do Tenerife, que tivo tres adestradores diferentes (Víctor Fernández, García Cortés e Lillo) e salvou a categoría nas últimas xornadas. Con todo, Makaay xa deixou varias mostras da súa calidade ao longo da tempada, entre elas un destacado gol ante o Atlético de Madrid, caneando a Caminero e Santi Denia antes de bater case sen ángulo a portería de Molina.[11] Mais foi a súa actuación ante o Real Madrid no Heliodoro a que o fixo saltar aos titulares dos diarios nacionais. Entrou ao terreo de xogo nos instantes finais cun marcador desfavorable de 2-3, marcou un gol no primeiro balón que tocou e conseguiu forzar na seguinte xogada a expulsión de Redondo e un penalti que acabou transformando o seu compañeiro Kodro para remontar o encontro (4-3), antes de forzar tamén a expulsión de Sanchís.[12][13]

As súas cifras goleadoras dobráronse na tempada 1998/99, xa como referente indiscutible no ataque do club de Santa Cruz de Tenerife, anotando 14 goles, aínda que non puido evitar o descenso do equipo á Segunda División. Tralo descenso de categoría e co obxectivo de continuar xogando en Primeira, aceptou a oferta do Deportivo da Coruña, que pagou por el 1.300 millóns de pesetas.[14]

Deportivo da Coruña

editar

Debutou co Deportivo cun triplete na primeira xornada da tempada 1999/00 ante o Alavés en Riazor. Aínda que só anotou un gol nos seguintes oito partidos, volveu ao camiño do gol en outubro e foi unha das pezas máis destacadas do equipo adestrado por Javier Irureta, que fixo historia ao conquistar esa tempada o primeiro e único título de liga da súa historia. Makaay foi o artilleiro titular do conxunto galego de xeito indiscutible, por diante de Pauleta e do Turu Flores, e conseguiu un terzo dos goles do seu equipo na liga (22), incluído o segundo tanto no partido ante o Espanyol que certificou o título (2-0).[15][16] Cinco dos seus goles marcoullos ao Atlético de Madrid, ao que lle meteu dous na primeira volta e tres na segunda,[17] e acabou como o cuarto máximo anotador do campionato, só por detrás de Salva Ballesta, Hasselbaink e Catanha.[18] Sumou ademais un tanto na Copa do Rei e tres na Copa da UEFA, competición esta última na que o Deportivo caeu ante o Arsenal nos oitavos de final.

A súa participación reduciuse trala chegada ao equipo de Diego Tristán, co que competiu pola titularidade durante as seguintes dúas campañas.. Con todo, anotou 18 goles na tempada 2000/01 e 14 na 2001/02, nas que o Deportivo conquistou unha Supercopa de España e unha Copa do Rei.

Na tempada 2002/03 conseguiu os mellores números a nivel individual da súa carreira deportiva. Comezou coa conquista dunha nova Supercopa ante o Valencia e a continuación marcou cinco goles nas tres primeiras xornadas de liga. No primeiro partido da Liga de Campións marcou tres goles na histórica vitoria por 2-3 sobre o Bayern de Múnic no estadio Olímpico, con dúas asistencias de Valerón.[19] Marcou seis goles máis nesa edición da Champions, na que acadou os 9 tantos, sendo superado só por Van Nistelrooy (Manchester United) e Inzaghi (Milan).[20] Ademais pechou a liga con 29 goles, proclamándose máximo goleador do campionato, con seis tantos máis que Ronaldo (Real Madrid) e Nihad (Real Sociedad). A súa gran xeira goleadora valeulle o Trofeo Pichichi e tamén a Bota de Ouro ao mellor artilleiro das ligas europeas, por diante de Mateja Kezman e Shabani Nonda.[21] Marcou un total de 39 goles nos 56 encontros que xogou durante a campaña.

As súas actuacións ante o Bayern de Múnic, ao que lle marcou catro goles en dous partidos, espertaron o interese do club bávaro polo xogador, e tras varios meses de negociacións co presidente Augusto César Lendoiro ambas partes chegaron a un acordo, pechándose o traspaso nuns 18 millóns de euros.[22][23] A pesar de xogar só catro anos no Deportivo, os seus 97 goles en 181 partidos convérteno no sétimo máximo goleador da historia do club, só por detrás de Chacho, Tristán, Traba, Veloso, Guimeráns e Bebeto.

Bayern de Múnic

editar

Debutou co Bayern de Múnic na terceira xornada da Bundesliga, ante o VfL Bochum, e tardou case un mes en anotar o seu primeiro gol. Con todo, acabou a liga como o segundo máximo goleador con 23 tantos, só por detrás dos 28 do brasileiro Aílton.[24] Na campaña 2004/05 gañou o título de liga, repetiu como o segundo máximo goleador, desta vez por detrás de Marek Mintál,[25] e conquistou tamén a Copa de Alemaña, anotando na final ante o Schalke 04 no Estadio Olímpico de Berlín.[26] Marcou ademais o seu segundo triplete na Liga de Campións, na goleada por 4-0 sobre o Ajax.[27] Pechou a tempada cun total de 34 goles, o segundo rexistro máis alto da súa carreira.

Na campaña 2005/06 gañou de novo a liga e a Copa, acadando os 19 goles, un menos que na seguinte tempada, a última do xogador en Alemaña. O 7 de marzo de 2007, ante o Real Madrid, marcou o gol máis rápido da historia da Liga de Campións, metendo o balón na portería de Iker Casillas só 10 segundos e doce centésimas despois de que Ľuboš Micheľ pitase o iniciio do partido.[28] Deixou o Bayern tras 178 partidos e 102 goles. Sumou 13 tantos co Bayern na Liga de Campións, que sumados aos 12 que conseguiu co Deportivo, metérono entre os máximos goleadores da historia da competición por aquel entón.

Feyenoord

editar

No verán de 2007 regresou ao fútbol do seu país 10 anos despois, fichando polo Feyenoord Rotterdam. Na súa primeira tempada no equipo de Bert van Marwijk marcou 20 goles e tivo un papel clave para que o club conquistase o seu 11º título da Copa dos Países Baixos, proclamándose máximo goleador da competición, con sete goles en cinco partidos.[29] Volveu marcar 20 goles na tempada 2008/09, 16 deles na liga, na que acabou como o cuarto máximo anotador, só por detrás de Mounir El Hamdaoui, Luis Suárez e Marcus Berg.

Na tempada 2009/10 as súas cifras co Feyenoord reducíronse, pero marcou o gol que meteu ao equipo nunha nova final da Copa dos Países Baixos.[30] Uns días despois anunciou que se retiraría ao remate da tempada, aos seus 35 anos de idade.[31] O 2 de maio de 2010 disputou o seu último partido, marcando o 15º triplete da súa carreira diante do Heerenveen no derradeiro partido de liga, que acabou con vitoria por 6-2.[32]

Selección neerlandesa

editar

Entre 1994 e 1998 foi internacional coa selección neerlandesa sub-21, coa que marcou 15 goles, igualando ao máximo goleador histórico do equipo ata aquel entón, Arnold Bruggink (en 2006 ambos foron superados por Klaas-Jan Huntelaar).[33]

O 10 de maio de 1996 debutou coa selección absoluta dos Países Baixos dirixida por Guus Hiddink, nun partido ante Gales correspondente á fase de clasificación para o Mundial de 1998. Saltou ao terreo de xogo do Cardiff City Stadium tralo descanso, substituíndo a Jordi Cruyff, nun encontro que rematou con vitoria neerlandesa por 1-3. Empezou a ser un habitual da selección a comezos do ano 2000 e non conseguiu o seu primeiro gol ata maio de 2002, no seu 18º partido como internacional, nun amigable ante os Estados Unidos.[34]

Cunha participación na selección limitada pola presenza de xogadores como Patrick Kluivert, Dennis Bergkamp e Ruud van Nistelrooy, non logrou a nivel internacional o éxito que tiña a nivel de clubs, marcando só 6 goles en 42 partidos. Con todo, disputou as Eurocopas de 2000 e 2004, marcando un gol na segunda delas, na fase de grupos ante Letonia.[35]

En 2008 foi convado por Foppe de Haan para a disputa dos Xogos Olímpicos da China, onde capitaneou neerlandés, que acabou eliminado nos oitavos de final diante da Arxentina de Leo Messi.[36]

Palmarés =

editar
Deportivo
Bayern de Múnic
Feyenoord
Individual
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Weir, Christopher (20 de maio de 2018). "Roy Makaay: a journey beyond the doubters and into the history books" (en inglés). Consultado o 14 de xaneiro de 2024. 
  2. "The Bundesliga's Dutch masters: Arjen Robben, Roy Makaay, Mark van Bommel, Klaas-Jan Huntelaar and Rafael van der Vaart" (en inglés). 29 de marzo de 2022. Consultado o 14 de xaneiro de 2024. 
  3. "Makaay anuncia el fin de su carrera". UEFA (en castelán). 26 de abril de 2010. Consultado o 14 de xaneiro de 2024. 
  4. "Netherlands - Eredivisie Top Scorers". rsssf.org (en inglés). Consultado o 14 de xaneiro de 2024. 
  5. "Fortuna Sittard 1-5 Vitesse". Transfermarkt (en inglés). Consultado o 16 de xaneiro de 2024. 
  6. Fernández Trujillo, César (1 de xullo de 1997). "El Tenerife ficha a los holandeses Makaay y Vierkiau". El País (en castelán). Consultado o 14 de xaneiro de 2024. 
  7. "Tenerife, 4; Bremen, 0". El País (en castelán). 19 de agosto de 1997. Consultado o 14 de xaneiro de 2024. 
  8. "1997 IX Trofeo Isla de Tenerife - 75 Aninnersary CD Tenerife". rsssf.org (en inglés). Consultado o 14 de xaneiro de 2024. 
  9. Estévez, José Luis (14 de setembro de 1997). "Un error de Villena da el triunfo al Tenerife". El País (en castelán). Consultado o 14 de xaneiro de 2024. 
  10. "Este Tenerife pisa fuerte". Mundo Deportivo (en castelán). 15 de setembro de 1997. p. 24. Consultado o 14 de xaneiro de 2024. 
  11. Castañeda, Álvaro (15 de decembro de 1997). "Gana el buen espectáculo". Mundo Deportivo (en castelán). p. 25. Consultado o 14 de xaneiro de 2024. 
  12. Poquí, Joan (22 de febreiro de 1998). "¡Ok Makaay!". Mundo Deportivo (en castelán). p. 2. Consultado o 14 de xaneiro de 2024. 
  13. Poquí, Joan (22 de febreiro de 1998). "¡Ok Makaay!". Mundo Deportivo (en castelán). p. 3. Consultado o 14 de xaneiro de 2024. 
  14. Felipe, José Antonio (29 de agosto de 2018). "Cuando CD Tenerife y Deportivo quisieron asaltar los cielos" (en castelán). Consultado o 14 de xaneiro de 2024. 
  15. De la Cruz, Luis (19 de maio de 2020). "20 años del milagro Depor: campeón de Liga 1999-2000". As (en castelán). Consultado o 14 de xaneiro de 2024. 
  16. "El Dépor se estrena como campeón" (en castelán). 20 de maio de 2000. Consultado o 15 de xaneiro de 2024. 
  17. Miranda, Carlos (10 de xaneiro de 2003). "Makaay es la bestia negra del Atlético". As (en castelán). Consultado o 14 de xaneiro de 2024. 
  18. "Primera División 1999-00". BDFutbol (en castelán). Consultado o 14 de xaneiro de 2024. 
  19. Antelo, Pablo. "El mejor aliado de Makaay y Diego Tristán" (en castelán). Consultado o 14 de xaneiro de 2024. 
  20. "Liga de Campeones 2002-03". BDFutbol (en castelán). Consultado o 15 de xaneiro de 2024. 
  21. "Golden Boot ("Soulier d'Or") Awards". rsssf.org (en inglés). Consultado o 15 de xaneiro de 2024. 
  22. Lema, Jorge (1 de abril de 2021). "Makaay y su salida del Deportivo: "Pasé 4 o 5 días solo en un hotel"". As (en castelán). Consultado o 15 de xaneiro de 2024. 
  23. "El Deportivo vende a Makaay al Bayern por 17,75 millones". La Voz de Galicia (en castelán). 8 de agosto de 2003. Consultado o 15 de xaneiro de 2024. 
  24. "Bundesliga 2003-04". BDFutbol (en castelán). Consultado o 15 de xaneiro de 2024. 
  25. "Bundesliga 2004-05". BDFutbol (en castelán). Consultado o 15 de xaneiro de 2024. 
  26. "Schalke 04 1-2 Bayern de Múnic". dfb.de (en alemán). Consultado o 16 de xaneiro de 2024. 
  27. Dunn, Alex. "Hat-trick Makaay Munich hero". Consultado o 16 de xaneiro de 2024. 
  28. "Fastest Champions League goal: Roy Makaay still holds record at 10.12 seconds". UEFA (en inglés). 1 de decembro de 2022. Consultado o 16 de xaneiro de 2024. 
  29. "Feyenoord wint KNVB-Beker" (en neerlandés). 27 de abril de 2008. Arquivado dende o orixinal o 1 de maio de 2008. Consultado o 16 de xaneiro de 2024. 
  30. "Makaay schiet Feyenoord naar bekerfinale" (en neerlandés). 24 de marzo de 2010. Consultado o 16 de xaneiro de 2024. 
  31. "Makaay anunció su retiro". ESPN (en castelán). 26 de abril de 2010. Consultado o 16 de xaneiro de 2024. 
  32. "Makaay bags hat-trick in final league game" (en inglés). 2 de maio de 2010. Consultado o 16 de xaneiro de 2024. 
  33. Scholten, Berend (14 de maio de 2006). "Added strength for Dutch U21 fold". UEFA (en inglés). Consultado o 16 de xaneiro de 2024. 
  34. "Estados Unidos 0-2 Países Baixos". Transfermarkt (en inglés). Consultado o 16 de xaneiro de 2024. 
  35. "FUTBOL (Eurocopa de Portugal 2004): Holanda aprovecha el favor checo y entra en cuartos con una goleada" (en castelán). 24 de xuño de 2004. Consultado o 16 de xaneiro de 2024. 
  36. "“Prefería no jugar contra Argentina“" (en castelán). 14 de agosto de 2008. Consultado o 16 de xaneiro de 2024. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
Done 1
eth 1
orte 3
Story 1